Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT818B - Declaración de espazo privado de interese natural.
Os artigos 40 e 64 da Lei 5/2019 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade de Galicia teñen por obxecto o desenvolvemento e execución da lexislación autonómica aplicable ás categorías de espazo natural protexido previstas nas alíneas h) do artigo 22 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que se denominan: espazos naturais de interese local así como a aprobación das súas Normas de Conservación e da Xestión.
1. Por petición das persoas propietarias ou dos titulares dun dereito de uso dos terreos, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá declarar como espazos privados de interese natural aqueles espazos de titularidade privada nos que existan formacións naturais, especies o hábitats de flora ou fauna silvestres cuxa protección se considere de interese.
2. A responsabilidade e a competencia na xestión destes espazos corresponderalles ás persoas promotoras da súa declaración, que deberán ser as propietarias ou titulares dun dereito de uso dos terreos.
3. Poderán subscribirse a su vez acordos de cesión total o parcial da súa xestión con entidades de custodia del territorio, sen que os ditos acordos alteren o réxime de responsabilidade previsto na alínea anterior.
4. Estes espazos non se considerarán incluídos na Rede galega de espazos protexidos, e a súa declaración como espazos naturais protexidos non implicará a asignación de recursos da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que poderán ter preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión.
5. Nestes espazos promoverase o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental e uso social do ambiente.
6. A declaración dun espazo natural privado de interese natural en terreos de propiedade privada requirirá a conformidade expresa das persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso.
Ás persoas propietarias ou titulares de dereitos de uso, sexan físicas ou xurídicas, ou incluso entidades sen personalidade xurídica propia.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Espazos Naturais
Servizo de Conservación de Espazos Naturais
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547207/ 981547208
Fax: 981547240
Email: dxcn@xunta.es
Servizo de Conservación de Espazos Naturais
Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).
Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2019).
Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade (BOE nº 299 do 14 de decembro de 2007).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, agás que nelas se dispoña outra cousa.
-
Solicitude segundo o Anexo I.
O procedemento iniciarase mediante a presentación da documentación prevista nos artigos 40 e 64 (Artº 39 da lei 5/2019) :
□ Acreditación da representación que figure na solicitude.
□ Memoria descritiva segundo o artigo 40 da Lei 5/2019
□ O acordo do Pleno do Concello ou concellos correspondentes onde conste o compromiso formal de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan a declaración.
□ A acreditación da conformidade das persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso no caso de espazos naturais de interese local e espazos que inclúan terreos de propiedade privada.
□ Delimitación cartográfica en arquivo en formato SIX coa superficie prevista da actuación (O cartografiado en formato shapefile de ARCGIS para ESRI ou, alternativamente, ficheiros CAD referenciados. O sistema de referencia para toda a cartografía, así como calquera lista de coordenadas ou base de datos xeográfica, deberá estar referida ó sistema de coordenadas ETRS89 FUSO 29)
-
□ Normas de Xestión e de Conservación co contido mínimo segundo o artigo 64 da lei 5/2019 e aqueles outros determinados como mínimos polo artigo 20 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, para todos os instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos, con independencia da súa denominación.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Dous anos
Sentido do silencio:
Desestimatorio
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Excepción do réxime xurídico das zonas húmidas protexidas.
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia, destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.