Guía de procedementos e servizos

MT818A

Declaración de espazo natural de interese local

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Os artigos 40 e 64 da Lei 5/2019 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade de Galicia teñen por obxecto o desenvolvemento e execución da lexislación autonómica aplicable ás categorías de espazo natural protexido previstas nas alíneas h) do artigo 22 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, que se denominan: espazos naturais de interese local así como a aprobación das súas Normas de Conservación e da Xestión.

1. Por petición dos concellos a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá declarar como espazos naturais de interese local aqueles espazos integrados en un ou varios térmos municipais que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.

2. A responsabilidade e a competencia na xestión destes espazos corresponderalles ás entidades locais, no seu ámbito territorial respectivo.

3. As entidades locais poderán constituír consorcios, mancomunidades ou outras modalidades asociativas para a xestión destes espazos e poderán subscribir acordos de cesión total ou parcial da súa xestión con entidades de custodia do territorio, sen que os ditos acordos alteren o réxime de responsabilidade previsto na alínea anterior.

4. Estes espazos non se considerarán incluídos na Rede galega de espazos protexidos, e a súa declaración como espazos naturais protexidos non implicará a asignación de recursos da Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que poderán ter preferencia na obtención de axudas para a súa conservación e xestión.

5. Nestes espazos promoverase o desenvolvemento de actuacións de educación ambiental e uso social do ambiente.

6. A declaración dun espazo natural de interese local en terreos de propiedade privada requirirá a conformidade expresa das persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso.

Concellos.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547207/ 981547208

Fax: 981547240

Email: dxcn@xunta.es

http://mediorural.xunta.es/espazosNaturais/conservacion.jsp

Servizo de Conservación de Espazos Naturais

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, agás que nelas se dispoña outra cousa.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

O procedemento iniciarase mediante a presentación da documentación prevista nos artigos 40 e 64 (Artº 39 da lei 5/2019) :

  • Acreditación da representación que figure na solicitude.

  • Memoria descritiva segundo o artigo 40 da Lei 5/2019

  • O acordo do Pleno do Concello ou concellos correspondentes onde conste o compromiso formal de poñer en práctica as medidas precisas para a conservación dos valores naturais que motivan a declaración.

  • A acreditación da conformidade das persoas propietarias ou titulares dun dereito de uso no caso de espazos naturais de interese local e espazos que inclúan terreos de propiedade privada.

  • Delimitación cartográfica en arquivo en formato SIX coa superficie prevista da actuación (O cartografiado en formato shapefile de ARCGIS para ESRI ou, alternativamente, ficheiros CAD referenciados. O sistema de referencia para toda a cartografía, así como calquera lista de coordenadas ou base de datos xeográfica, deberá estar referida ó sistema de coordenadas ETRS89 FUSO 29)

  • Normas de Xestión e de Conservación co contido mínimo segundo o artigo 64 da lei 5/2019 e aqueles outros determinados como mínimos polo artigo 20 da Lei 42/2007, do 13 de decembro, para todos os instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos, con independencia da súa denominación.

Prazo de resolución:

Dous anos

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 9 de xuño de 2016 pola que se adaptan e se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2016).

    • Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2019).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 42/2007, do 13 de decembro, de patrimonio natural e da biodiversidade (BOE nº 299 do 14 de decembro de 2007).

Outros procedementos relacionados

AU113A

Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU114A

Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU208A

Concesión de augas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano