Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT811A
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia, destinadas ás entidades locais
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parte de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A).
2. Para os efectos do disposto na epígrafe anterior, entenderase por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción o animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía (Regiac) segundo o recollido no artigo 4.7 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
3. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Actuacións subvencionables
1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas aquelas destinadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativos:
a) Aos gastos derivados do acto clínico para a esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.
b) Aos gastos derivados do acto clínico para a identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
c) Aos gastos derivados da manutención dos animais derivados da compra de alimento comercial seco e/ou húmido específico, coa finalidade de acadar un estado nutricional óptimo.
d) Aos gastos derivados da aplicación das medidas profilácticas necesarias para garantir o bo estado físico e sanitario do animal e a prevención de enfermidades infecto-contaxiosas, relativos á vacinación preventiva e á desparasitación externa e interna dos animais.
2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).
3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades locais que no seu ámbito territorial correspondente presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta mediante a súa contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin.
En todo caso, o acollemento dos animais abandonados deberase ter realizado en centros debidamente autorizados para tal fin ou nos fogares de acollida dependentes deles e/ou en colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Tamén poderán ser beneficiarias as agrupacións de entidades locais (agrupación, asociación, mancomunidade, consorcio, fusión ou calquera outra similar).
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Conservación da Biodiversidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541715/ 981547213/ 981546096/ 981957893
Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
20/12/2022 00:00 - 15/09/2023 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de setembro de 2023.
1. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10. Igualmente, deben cumprir co deber previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas, de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos ou na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
3. A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (código de procedemento MT811A), inclúe as seguintes declaracións da entidade solicitante:
a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, e Lei 4/2017, do 3 de outubro.
f) Declaración responsable de que a recollida de animais abandonados no ámbito territorial da entidade local se realiza de maneira directa ou mediante a contratación con empresas privadas autorizadas para ese fin (xestión indirecta).
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.
b) Documentación que acredite a remisión das contas ao Consello de Contas pola entidade.
c) Acreditación fidedigna da relación entre a entidade local e a entidade que presta o servizo de recollida e tenza de animais abandonados e a súa duración, no suposto daquelas entidades locais que desenvolvan o servizo de recollida mediante xestión indirecta.
En caso de que a entidade local teña delegadas a súas competencias en materia de recollida, deberase achegar a documentación que acredite tal delegación.
d) Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado, segundo o modelo do anexo II-A desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
1º. Número de animais da especie canina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.
2º. Número de animais da especie felina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023.
3º. Relación de fogares de acollida actualizada polos concellos e centros de recollida, segundo o artigo 25 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, se dispoñen de fogares de acollemento temporal de animais domésticos.
e) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-A, que preste os seus servizos para o centro de recollida, que deberá incluír a relación de animais con indicación da especie e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, por concello, aos cales:
1º. Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
2º. Se lles implantou o microchip para a identificación, se realizou a inscrición no Regiac e se expediu o correspondente pasaporte sanitario.
f) Certificado da entidade xestora da colonia felina, segundo o modelo do anexo II-B desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
1º. Relación de colonias felinas, legalmente establecidas de acordo co artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, por concello, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, en que se indiquen a localización de cada unha delas e a identificación da colonia.
2º. Número de animais da especie felina que forman parte de cada unha das colonias felinas, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, por concello.
g) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III-B, que preste os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina, que deberá incluír os seguintes aspectos:
1º. Relación de animais da especie felina con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcación e/ou identificación realizada, no período comprendido entre o 1 de setembro de 2022 e o 31 de agosto de 2023, por concello, aos cales:
i. Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
ii. Se lles implantou o microchip para a identificación.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) A inscrición no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) da Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda.
g) Non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, e na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
h) Concesións de subvencións e axudas.
i) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Certificado do persoal facultativo veterinario dos servizos prestados para a entidade xestora da colonia felina (Anexo III- B)
- Solicitude (Anexo I)
- Certificado do persoal facultativo veterinario sobre os servizos prestados para o centro de recollida (Anexo III-A)
- Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado (Anexo II-A)
- Certificado da entidade xestora da colonia felina (Anexo II-B)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Xustificación e solicitude de pagamento (Anexo IV)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (DOG nº 239 do 19 de decembro de 2022).
-
Extracto da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (DOG nº 239 do 19 de decembro de 2022).
-
Resolución do 5 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A) (Diario Oficial de Galicia número 239, do 19 de decembro) (DOG nº 32 do 14 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Colaboración entre a Xunta de Galicia e as corporacións locais para a realización de obras con cargo ao financiamento extraordinario para o plan HURBE.
Aberto todo o ano
Excepción do réxime xurídico das zonas húmidas protexidas.
Aberto todo o ano
Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia destinadas ás asociacións inscritas no rexistro galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
Prazo aberto: 22/01/2025 00:00 - 12/09/2025 23:59