Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT811A - Axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais de compañía abandonados en Galicia.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2018 (procedemento MT811A).
2. Para os efectos do disposto na epígrafe anterior, entenderanse por animais domésticos de compañía os pertencentes ás especies canina e felina, e por animal entregado en adopción, o animal doméstico abandonado que foi cedido en adopción nun centro de recollida autorizado e que consta correctamente inscrito a nome da persoa adoptante no Registro Galego de Animais de Compañía (Regiac) segundo o recollido no artigo 4.7 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Actuacións subvencionables.
1. Serán actuacións subvencionables ao abeiro desta orde de axudas as destinadas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que estean nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, e relativas aos gastos derivados do acto clínico para:
a) A esterilización cirúrxica dos animais coa dobre finalidade de evitar a súa reprodución incontrolada e a promoción da súa adopción.
b) A identificación animal mediante a implantación de microchip, correspondente inscrición no Regiac e expedición de pasaporte sanitario, de acordo co recollido no artigo 12 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
2. Non será obxecto de subvención o imposto do valor engadido (IVE).
3. En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.
1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as corporacións locais que no seu ámbito territorial:
a) Presten o servizo de recollida e xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta.
Ou ben,
b) Presten o servizo de recollida e xestión de colonias felinas mediante convenio e/ou acordos de colaboración nesta materia con outras administracións públicas e entidades, como as asociacións de protección e defensa dos animais inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía.
2. En todo caso, o acollemento dos animais abandonados deberase realizar en centros debidamente autorizados para tal fin ou nos fogares de acollida dependentes deles e/ou en colonias felinas, reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, antes do 1 de setembro de 2018.
1. As entidades beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as entidades que teñan sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, na Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos, ou na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas
Servizo de Conservación da Biodiversidade
Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957893 / 981547213
Email: animaisdomesticos.conservacion@xunta.gal
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018 (DOG nº 75 do 18 de abril de 2018)
Extracto da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018 (DOG nº 75 do 18 de abril de 2018).
Orde do 6 de novembro de 2018 pola que se amplía o prazo para xustificar as axudas da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 214 do 9 de novembro de 20018).
Resolución do 15 de xaneiro de 2019, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2018 (Diario Oficial de Galicia número 75, do 18 de abril) (DOG nº 23 do 1 de febreiro de 2019).
Prazo de presentación: PECHADO
19/04/2018 00:00 - 14/09/2018 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será desde o día seguinte ao de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de setembro de 2018.
- As entidades deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria:
- a) Acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.
- b) As corporacións locais que desenvolvan o servizo de recollida mediante xestión indirecta ou mediante convenios e/ou acordos de colaboración deberán acreditar de forma fidedigna a relación existente entre entidades e a súa duración, así como que non existe ningún incumprimento das condicións establecidas entre ambas as partes para a prestación do servizo.
En caso de que a corporación local teña delegadas a súas competencias en materia de recollida, deberase achegar a documentación que acredite tal delegación.
- c) Certificado da entidade xestora do centro de recollida autorizado, segundo o modelo do anexo II desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
- 1º. Número de animais da especie canina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018.
- 2º. Número de animais da especie felina que foron recollidos, por concello, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018.
- 3º Relación de animais que tiveron entrada no centro de recollida e foron entregados en adopción, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, por concello. A relación deberá incluír a seguinte información:
- i) Data de entrada no centro de recollida e data en que foi entregado en adopción.
- ii) Número de rexistro de entrada no centro de recollida.
- iii) Raza e sexo do animal.
- iv) Número de microchip para a súa identificación.
- v) DNI da persoa adoptante.
- d) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III, que preste os seus servizos para o centro de recollida, que deberá incluír:
- Relación de animais con indicación da especie, raza, sexo e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, por concello, aos cales:
- i) Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
- ii) Se lles implantou o microchip para a súa identificación, se realizou a inscrición no Regiac e se expediu o correspondente pasaporte sanitario.
- Relación de animais con indicación da especie, raza, sexo e número de microchip, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, por concello, aos cales:
- e) Certificado da entidade xestora da colonia felina, segundo o modelo do anexo II desta orde, que inclúa os seguintes aspectos:
- 1º. Relación de colonias felinas, legalmente establecidas de acordo co artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, por concello, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, en que se indiquen a localización de cada unha delas e o número de animais por raza e sexo que forman parte destas.
- 2º. Relación de animais da especie felina que forman parte de cada unha das colonias felinas, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, por concello.
- f) Certificado do persoal facultativo veterinario, segundo o modelo do anexo III, que preste os seus servizos para a entidade xestora da colonia felina, que deberá incluír os seguintes aspectos:
- Relación de animais da especie felina, con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcación e/ou identificación realizada, raza e sexo, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, por concello, aos cales:
- i) Se lles practicou unha esterilización cirúrxica.
- ii) Se lles implantou o microchip para a súa identificación.
- Relación de animais da especie felina, con indicación da colonia felina a que pertencen, tipo de marcación e/ou identificación realizada, raza e sexo, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2018 e o 31 de agosto de 2018, por concello, aos cales:
- g) Documentación que acredite a remisión das contas ao Consello de Contas por parte da entidade.
- Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- a) NIF da entidade solicitante.
- b) DNI ou NIE da persoa representante.
- c) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.
- d) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
- e) Estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.
- f) A inscrición no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos (Reganuz) da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
- g) A inscrición no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
- h) Non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril; na Lei 50/1999, do 23 de decembro, e na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. Segundo o establecido no artigo 49 da Lei 8/2017, do 16 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, no referente á simplificación do cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnización.
- As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As solicitudes dirixiranse á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
- A solicitude da axuda, segundo o anexo I desta orde (procedemento MT811A), inclúe as seguintes declaracións da entidade solicitante:
- a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
- b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.
- c) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
- d) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
- e) Declaración responsable de non ter sancións firmes en vía administrativa por infraccións tipificadas na Lei 1/1993, do 13 de abril; na Lei 50/1999, do 23 de decembro, ou na Lei 4/2017, do 3 de outubro.
- f) Declaración responsable do modelo adoptado para o sistema de recollida e acollemento dos animais abandonados nun centro de recollida autorizado, en que se deberán indicar o nome do antedito centro e/ou a identificación da colonia felina.
- A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberan indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
- Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no seu procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos cales se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"