Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MT724C - Axudas para as actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao PRTR – financiado pola Unión Europea -NextGenerationEU.
Obxecto
O obxecto desta orde é o de establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento administrativo MT724C) da concesión de axudas de acordo co anexo IV de criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en reservas da biosfera con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4 de conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.
A finalidade desta orde é promover a conservación e a xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas reservas da biosfera de Galicia.
Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do PRTR no marco do compoñente 4, investimento 2 e obxectivo 69.
Actividades subvencionables .
1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:
a) Conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais:
1º. Conservación de hábitats terrestres e especies, incluídos inventarios de fauna e flora.
2º. Restauración de ecosistemas degradados e investimentos na creación e mellora de pequenas infraestruturas encamiñadas a unha mellora ambiental para favorecer a conservación da biodiversidade.
3º. Campañas anuais de avaliación e seguimento do estado de conservación dos hábitats.
4º. Eliminación e control de especies exóticas invasoras.
5º. Adecuación de tendidos eléctricos para evitar impactos paisaxísticos e sobre a biodiversidade.
6º. Mellora da conectividade, fomento de infraestruturas verdes.
7º. Xestión sustentable de ecosistemas forestais, entendéndose como tales, aqueles integrados por bosques de especies autóctonas tanto naturais como seminaturais.
8º. Estudos de valoración e pagamento por servizos ecosistémicos.
9º. Fomento de iniciativas de conservación de polinizadores.
10º. Actuacións que desenvolvan de maneira práctica os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) relacionados coa conservación da biodiversidade da axenda 2030.
b) Actuacións de mellora da gobernanza en reservas da biosfera:
1º. Formación e capacitación dos habitantes e do persoal da reserva da biosfera en materia de conservación da biodiversidade.
2º. Impulsar acordos de custodia do territorio.
3º. Elaboración dos plans estratéxicos, estudos das deficiencias nas reservas da biosfera, revisión e zonificación, etc.
c) Fomento do desenvolvemento sustentable:
1º. Apoio ao asociacionismo local orientado a potenciar actividades que coincidan co obxectivo de conservación da biodiversidade das reservas da biosfera.
d) Apoio á sustentabilidade do turismo, mellora do patrimonio cultural e da paisaxe:
1º. Mellora da infraestrutura de uso público existente para o uso turístico.
2º. Sinalización de infraestrutura e puntos de interese ambiental conforme ao manual de imaxe aprobado polo Comité Español do Programa MaB.
3º. Conservación e posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial, incluídos inventarios, relacionado coa conservación e mellora da paisaxe e os recursos naturais.
4º. Proxectos de recuperación paisaxística.
2. Só se admitirá unha solicitude e proxecto por reserva.
3. Todas as solicitudes deberán incluír unha actuación das contempladas na epígrafe 1.a) deste artigo cun peso orzamentario que deberá ser de, polo menos, o 40 %.
4. En ningún caso serán subvencionables actuacións ou actividades en zona núcleo que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos dos espazos naturais protexidos que formen parte da devandita zona da reserva ou que poidan pór en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos respectando, en todo caso, as prescricións contidas na normativa de aplicación.
A quen vai dirixido?
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os órganos xestores de reservas de biosfera de Galicia, independentemente da súa forma xurídica.
Requisitos
1. Non están incluídas no ámbito de aplicación destas axudas aquelas reservas da biosfera que son xestionadas directamente pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. É condición necesaria para a admisibilidade das actuacións que estas estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes co Plan de acción da reserva da biosfera. Ademais, as actuacións realizaranse en coherencia cos plans de desenvolvemento dos municipios, cando existan os devanditos plans ou, de ser o caso, coas estratexias de desenvolvemento local correspondentes.
3. Se a actuación se desenvolve no ámbito territorial dun espazo natural protexido, esta deberá ser acorde coa normativa establecida nos instrumentos de planificación aprobados pola Administración autonómica.
4. As entidades beneficiarias poderán realizar actuacións en propiedades de terceiros, para iso será obrigatorio achegar o anexo X de conformidade e dispoñibilidade dos terreos por parte da persoa titular ou titulares para realizaren as actuacións obxecto da solicitude.
5. As axudas estarán vencelladas aos obxectivos que se perseguen. Precisarase acreditar a consecución dos obxectivos asociados ás actuacións mediante a cuantificación de indicadores e medicións.
6. En ningún caso poderán ter a condición de entidades beneficiarias aquelas que incorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
A onde acudir
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981543981/ 981547207/ 981547202
Email: dxpn.cmatv@xunta.gal
Órgano responsable
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
Normativa
Ámbito Autonómico
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
Corrección de de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (DOG nº 62 do 31 de marzo de 2014).
Decreto 95/2017, do 21 de setembro, polo que se crea a Rede de reservas da biosfera de Galicia (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2017).
Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2019).
Plan Xeral de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude aprobado por acordo do Consello da Xunta do 10 de decembro de 2021.
Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 32 do 16 de febreiro de 2022)
Extracto da Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 32 do 16 de febreiro de 2022)
Resolución do 8 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os órganos xestores das reservas da biosfera de Galicia beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para actuacións por parte dos órganos de xestión das reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2022).
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (BOE nº 79 do 2 de abril de 2021).
Ámbito Estatal
Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).
Lei Orgánica 1/2019, de 20 de febreiro, polo que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do código Penal para traspoñer Directivas da UE nos eidos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional (BOE nº 45 do 21 de febreiro de 2019).
Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE nº 341 do 31 de decembro de 2020)
Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, polo que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 234 do 30 de setembro de 2021).
Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, polo que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 234 do 30 de setembro de 2021).
Ámbito Europeo
Directiva (UE) 2017/1371, sobre a loita contra a fraude que afecta aos intereses financeiros da Unión a través do Dereito penal. (DOUE nº L 198/29 do 28 de xullo de 2017)
Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento Financeiro). (DOUE nº L 193/1 do 30 de xullo de 2018)
Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello de 14 do decembro de 2020 polo que se establece un Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19 (DOUE nº L 433 I/23 do 22 de decembro de 2020)
Regulamento 2020/2221 do Parlamento Europeo e o Consello, do 23 de decembro de 2020 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.º 1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e as disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT UE).
Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
17/02/2022 00:00 - 17/03/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes (anexo I) será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Documentación para a presentación
Solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle a súa emenda a través da súa presentación electrónica. Para tales efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fora realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria .
As solicitudes de subvención realizaranse cumprimentando correctamente o modelo que figura no anexo I. Xunto coa solicitude, deberá presentarse copia da seguinte documentación:
1. Para toda entidade interesada:
a) Acreditación da representación que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
b) Anteproxecto ou memoria técnica xustificativa do proxecto de actuacións asinada, de ser o caso, por persoal técnico competente que deberá conter, como mínimo, a descrición dos traballos ou actividades, indicación do espazo no que se vai traballar xustificando aquelas que, no seu caso, se vaian desenvolver en zonas núcleo, a superficie en hectáreas efectivas de conservación e os obxectivos ambientais aos que contribuirá a actuación, a relación valorada, o orzamento detallado conforme á tipoloxía de custos subvencionables co IVE desagregado, o calendario e o prazo aproximado de execución. Incorporarase aquela información necesaria que permita aplicar os criterios de valoración recollidos no artigo 12. Proporcionaranse, como mínimo, os datos indicados no anexo II.
c) Tres orzamentos de diferentes provedores, con carácter previo á contratación de cada compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou fornezan. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:
1º. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor do mercado.
2º. Os orzamentos deberán incluír os mesmos elementos para ser comparables.
3º. En ningún caso poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos de contratación e subcontratación establecidos nestas bases.
4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos no orzamento.
5º. Non poderán proceder de empresas vencelladas entre elas nin coa solicitante, nos termos establecidos pola lexislación de contratos do sector público.
6º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.
7º. Non se considerarán admisibles os orzamentos presentados que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con ese orzamento.
8º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas características especiais non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador/a, perito/a ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
9º. Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados neste punto c).
d) Autorizacións ou licenzas correspondentes para levar a cabo a intervención ou documentación probatoria de ter realizado a súa solicitude.
e) Planos de localización e de detalle coa delimitación da superficie prevista de actuación.
f) Arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.
g) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (anexo XII), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.
h) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluído o cumprimento do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (DNSH) (anexo XI), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño ou execución das actuacións.
2. Débese presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria:
a) O acordo do correspondente órgano de xestión no cal se dispón solicitar a subvención regulada nesta orde.
b) De ser o caso, a declaración responsable (anexo IX) recollida no artigo 9.3 desta orde na cal se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.
c) No caso de que a entidade solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, certificación da persoa titular ou titulares da súa dispoñibilidade (anexo X).
d) No caso de que as entidades beneficiarias desenvolvan actividades económicas, acreditarán a súa inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolvida na data de solicitude da axuda, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das entidades interesadas presentase a documentación complementaria de xeito presencial, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
4. As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola entidade interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos para presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, os cales serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.
8. De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderán solicitarse novamente á entidade solicitante.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade representante.
c) Certificado catastral de titularidade do inmoble ou parcela.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta de:
a) NIF da entidade solicitante.
b) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Anexos asociados
- Fase de solicitude
- Memoria técnica das actuacións (Anexo II)
- Declaración responsable de conformidade e disponibilidade dos terreos (Anexo X)
- Declaración responsable do cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e o cumprimento do principio “DNSH” (Anexo XI)
- Solicitude (Anexo I)
- Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa lei orgánica 3/2018 (Anexo XII)
- Declaración responsable de non inicio de actuacións sen natureza de inversión (Anexo IX)
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"