Guía de procedementos e servizos

MT724B

Axudas para as actuacións de concellos e entidades nas reservas da biosfera de Galicia con cargo ao PRTR - financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Entidades locais

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 12/02/2022 00:00 - 14/03/2022 23:59

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

O obxecto desta orde é o de establecer as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B) para a concesión de axudas de acordo co anexo IV, Criterios obxectivos de distribución territorial e bases reguladoras para o financiamento de actuacións en reservas da biosfera con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, do Acordo do 9 de xullo de 2021, da Conferencia Sectorial de Medio Ambiente, polo que se aproban os criterios de repartición e a distribución territorial de créditos relativos ao compoñente 4, Conservación e restauración de ecosistemas e a súa biodiversidade.

A finalidade desta orde é promover a conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas reservas da biosfera de Galicia.

Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do PRTR no marco do compoñente 4, investimento 2 e obxectivo 69.

Actividades subvencionables.

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais:

1º. Conservación de hábitats terrestres e especies, incluídos inventarios de fauna e flora.

2º. Restauración de ecosistemas degradados e investimentos na creación e mellora de pequenas infraestruturas encamiñadas a unha mellora ambiental para favorecer a conservación da biodiversidade.

3º. Campañas anuais de avaliación e seguimento do estado de conservación dos hábitats.

4º. Eliminación e control de especies exóticas invasoras.

5º. Adecuación de tendidos eléctricos para evitar impactos paisaxísticos e sobre a biodiversidade.

6º. Mellora da conectividade, fomento de infraestruturas verdes.

7º. Xestión sustentable de ecosistemas forestais, entendéndose como tales, aqueles integrados por bosques de especies autóctonas tanto naturais como seminaturais.

8º. Estudos de valoración e pagamento por servizos ecosistémicos.

9º. Fomento de iniciativas de conservación de polinizadores.

10º. Actuacións que desenvolvan de maneira práctica os obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) relacionados coa conservación da biodiversidade da Axenda 2030.

b) Fomento do desenvolvemento sustentable:

1º. Apoio ao asociacionismo local orientado a potenciar actividades que coincidan co obxectivo de conservación da biodiversidade das reservas da biosfera.

c) Apoio á sustentabilidade do turismo, mellora do patrimonio cultural e da paisaxe:

1º. Mellora da infraestrutura de uso público existente para o uso turístico.

2º. Sinalización de infraestruturas e puntos de interese ambiental conforme o manual de imaxe aprobado polo Comité Español do Programa MaB.

3º. Conservación e posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial, incluídos inventarios, relacionado coa conservación e mellora da paisaxe e os recursos naturais.

2. Só se admitirá unha solicitude e proxecto por solicitante. Atenderase, para efectos de solicitante, a un NIF único por entidade ou persoa.

3. Todas as solicitudes deberán incluír, polo menos, unha actuación das recollidas no número 1.a) deste artigo.

4. En ningún caso serán subvencionables actuacións ou actividades en zona núcleo que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos dos espazos naturais protexidos que formen parte da devandita zona da reserva ou que poidan pór en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos respectando, en todo caso, as prescricións contidas na normativa de aplicación.

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as seguintes entidades ou persoas:

a) Os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo VI).

b) As seguintes persoas titulares propietarias de terreos: comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC).

c) Asociacións e ONG inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, creado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro.

d) Entidades de custodia do territorio.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades validamente constituídas, debidamente inscritas no rexistro correspondente e con domicilio social en Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña

Servizo de Patrimonio Natural da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2, 5ª

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184838/ 981184521

Email: axudasrb.medio-ambiente@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo

Servizo de Patrimonio Natural de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294393/ 982294994/ 982294637

Email: axudasrb.medio-ambiente@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense

Servizo de Patrimonio Natural de Ourense

R/ Paseo, 18 - 5º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386499/ 988386032/ 988788759

Email: axudasrb.medio-ambiente@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Subdirección Xeral de Espazos Naturais

San Lázaro, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981547210/ 981547207

Email: axudasrb.medio-ambiente@xunta.gal

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Prazo de presentación: PECHADO

12/02/2022 00:00 - 14/03/2022 23:59

O prazo de presentación de solicitudes (anexo I) será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (DOG), e irán dirixidas aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. É condición necesaria para a admisibilidade das actuacións que estas estean incluídas especificamente ou ben sexan coherentes co plan de acción da reserva da biosfera en que se vaian executar. Ademais, as actuacións realizaranse en coherencia cos plans de desenvolvemento dos concellos, cando existan os devanditos plans ou, se é o caso, coas estratexias de desenvolvemento local correspondentes.

2. Se a actuación se desenvolve no ámbito territorial dun espazo natural protexido, esta deberá ser acorde coa normativa establecida nos instrumentos de planificación aprobados pola Administración autonómica.

3. No caso de beneficiarias do número 1.b) deste artigo, os investimentos realizaranse sobre propiedades da beneficiaria da axuda e sempre que estes investimentos desenvolvan actuacións recollidas nun instrumento cuxa execución non corresponda a outras persoas xurídicas de dereito privado. Tampouco se considerarán subvencionables os investimentos para os que exista unha reserva de dominio ou cesión a favor de terceiros.

4. As beneficiarias do número 1.a), 1.c) e 1.d) deste artigo poderán realizar actuacións en propiedades de terceiros, e será obrigatorio achegar o anexo XI de conformidade e dispoñibilidade dos terreos por parte da persoa titular ou titulares para realizar as actuacións obxecto de solicitude.

5. As axudas estarán vencelladas aos obxectivos que se perseguen. Será necesario acreditar a consecución dos obxectivos asociados ás actuacións mediante a cuantificación de indicadores e medicións.

6. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarias aquelas entidades ou persoas que incorran nalgunha das circunstancias previstas nos artigos 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

7. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as deputacións ou calquera outro tipo de persoas físicas ou xurídicas distintas das indicadas no punto 1 do articulo 2 desta orde.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase a súa emenda a través da súa presentación electrónica. Para tales efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

As solicitudes de subvención realizaranse cubrindo correctamente o modelo que figura no anexo I. Xunto coa solicitude, deberá presentarse copia da seguinte documentación:

1. Para toda interesada:

a) Acreditación da representación que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

b) Anteproxecto ou memoria técnica xustificativa do proxecto de actuacións asinada, de ser o caso, por persoal técnico competente que deberá conter, como mínimo, a descrición dos traballos ou actividades, indicación do espazo en que se vai traballar xustificando aquelas que, se é o caso, vaian desenvolverse en zonas núcleo, a superficie en hectáreas efectivas de conservación e os obxectivos ambientais a que contribuirá a actuación, a relación valorada, o orzamento detallado conforme a tipoloxía de custos subvencionables co IVE desagregado, o calendario e o prazo aproximado de execución. Incorporarase aquela información necesaria que permita aplicar os criterios de valoración recollidos no artigo 12. Proporcionaranse, como mínimo, os datos indicados no anexo II.

c) Tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación de cada compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir cos seguintes requisitos:

1º. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor do mercado.

2º. As ofertas presentadas deberán incluír os mesmos elementos para seren comparables.

3º. En ningún caso poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos de contratación e subcontratación establecidos nestas bases.

4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.

5º. Non poderán proceder de empresas vencelladas entre elas nin coa solicitante, nos termos establecidos pola lexislación de contratos do sector público.

6º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados.

7º. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.

8º. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas características especiais non exista no mercado suficiente número de entidades que o ofrezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun taxador, perito ou dun organismo público autorizado no cal se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

9º. Non se considerarán subvencionables os gastos en que non se xustifique a moderación de custos conforme os criterios e requisitos sinalados nesta letra c).

d) Autorizacións ou licenzas correspondentes para levar a cabo a intervención ou documentación probatoria de ter realizado a súa solicitude.

e) Planos de localización e de detalle, así como un arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.

f) Aval do proxecto por parte do órgano xestor da reserva en que vaian ser executadas as actuacións, onde se acredite que estas son subvencionable conforme o artigo 7 desta orde, se indique a zona da reserva en que se sitúan (núcleo, tampón ou transición) e, se confirme que son coherentes co plan de acción da reserva.

g) Aceptación da cesión de datos entre as administracións públicas implicadas para dar cumprimento ao previsto na normativa europea de aplicación e de conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR (anexo XIII).

h) Declaración responsable relativa ao compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR e que puidesen afectar o ámbito obxecto de xestión, incluíndo o cumprimento do principio de «non causar un prexuízo significativo ao ambiente» (DNSH) (anexo XII), de acordo co recollido no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, en todas as fases de deseño e execución das actuacións.

2. Débese presentar, ademais, a seguinte documentación complementaria:

a) No caso de que o solicitante sexa un concello, será necesaria a certificación expedida pola secretaría do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal se dispón a solicitar a subvención regulada nesta orde. Os restantes solicitantes deberán presentar acordo do órgano competente correspondente relativo á solicitude da subvención regulada nesta orde.

b) Se é o caso, a declaración responsable (anexo X) recollida no artigo 9.3 desta orde en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.

c) No caso de que a solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, certificación da persoa titular ou titulares da súa dispoñibilidade (anexo XI).

d) No caso de persoas ou entidades arrendadoras, documento que acredite esa condición.

e) No caso de CMVMC, certificación do acordo da asemblea xeral conforme se autoriza a xunta reitora para solicitar as axudas. Comprobarase de forma interna, na Sección Provincial do Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común, a posesión dos estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada conforme os parámetros da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais mancomunados, e do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da devandita lei.

f) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e documento que acredite a condición da entidade como xestora dos terreos para os que se solicita a axuda (acordo de custodia, contrato de aluguer...). Comprobarase de forma interna a inscrición no Rexistro de Asociacións.

g) No caso de que as beneficiarias desenvolvan actividades económicas, acreditarán a súa inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolvida na data de solicitude da axuda, de acordo co recolleito no artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro.

h) No caso de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varias persoas copropietarias, deberá acreditarse o consentimento de todas elas e a representación da solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das interesadas presentase a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que se realice a emenda.

4. As solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias presentadas pola solicitante, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola solicitante ante calquera Administración. Neste caso, a solicitante deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da solicitante.

8. De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderán solicitarse novamente á solicitante.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade representante.

c) Certificado catastral de titularidade do inmoble ou parcela.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

f) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.

2. Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a solicitante faga constar na solicitude que lle son de aplicación as circunstancias que acreditan o correspondente documento:

a) No caso das comunidades de montes, certificado que acredite a posesión dos estatutos en regra, en que figure a composición da xunta reitora actualizada.

b) No caso de asociacións ambientais e de custodia do territorio, inscrición no Rexistro de Asociacións.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

4. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta de:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas ou entidades beneficiarias deban realizar tras a presentación da solicitude deberán realizarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Decreto 95/2017, do 21 de setembro, polo que se crea a Rede de reservas da biosfera de Galicia (DOG nº 195 do 13 de outubro de 2017).

    • Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia (DOG nº 62 do 31 de marzo de 2014).

    • Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia (DOG nº 149 do 7 de agosto de 2019).

    • Plan Xeral de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude aprobado por acordo do Consello da Xunta do 10 de decembro de 2021.

    • Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).

    • Extracto da Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).

    • Orde do 10 de agosto de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 158 do 22 de agosto de 2022).

    • Orde do 13 de setembro de 2022 pola que se modifica a Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 179 do 20 de setembro de 2022).

    • Resolución do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos e as entidades (asociacións e comunidades de montes veciñais en man común) beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 193 do 10 de outubro de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos e as entidades (asociacións e CMVMC) beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 20 de xaneiro de 2022, pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU para os anos 2022 e 2023 (DOG nº 66 do 4 de abril de 2023).

    • Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (BOE nº 79 do 2 de abril de 2021).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).

    • Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (BOE nº 341 do 31 de decembro de 2020)

    • Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, polo que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 234 do 30 de setembro de 2021).

    • Lei Orgánica 1/2019, de 20 de febreiro, polo que se modifica a Lei Orgánica 10/1995, de 23 de novembro, do código Penal para traspoñer Directivas da UE nos eidos financeiro e de terrorismo, e abordar cuestións de índole internacional (BOE nº 45 do 21 de febreiro de 2019).

    • Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, polo que se establece o procedemento e formato da información a proporcionar polas Entidades do Sector Público Estatal, Autonómico e Local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 234 do 30 de setembro de 2021).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento 2020/2221 do Parlamento Europeo e o Consello, do 23 de decembro de 2020 polo que se modifica o Regulamento (UE) n.º1303/2013 no que respecta aos recursos adicionais e as disposicións de execución co fin de prestar asistencia para favorecer a reparación da crise no contexto da pandemia de COVID-19 e as súas consecuencias sociais e para preparar unha recuperación verde, dixital e resiliente da economía (REACT UE) (DOUE nº L 437/30 de 28 de decembro de 2020)

    • Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.

    • Regulamento (UE) 2020/2094 do Consello de 14 do decembro de 2020 polo que se establece un Instrumento de Recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19 (DOUE nº L 433 I/23 do 22 de decembro de 2020)

    • Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento Financeiro). (DOUE nº L 193/1 do 30 de xullo de 2018)

    • Directiva (UE) 2017/1371, sobre a loita contra a fraude que afecta aos intereses financeiros da Unión a través do Dereito penal. (DOUE nº L 198/29 do 28 de xullo de 2017)

Outros procedementos relacionados

AU113C

Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU230W

Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231A

Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

AU231B

Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano