Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MT724A
Axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
Procedemento dirixido a: Entidades locais
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
O obxecto deste procedemento é o da tramitación das axudas dirixidas a promover a conservación e valorización do patrimonio natural e cultural de zonas rurais cun elevado e contrastado valor natural como son as reservas da biosfera.
Así mesmo, a través desta orde convócanse as axudas correspondentes aos exercicios orzamentarios dos anos 2024 e 2025 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva que serán cofinanciadas polo Feader.
1. Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo XII, que acompaña esta orde).
2. Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde outras entidades locais e agrupacións de concellos.
3. Son requisitos para obter a condición de entidade beneficiaria os enumerados nos puntos 1, 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
4. As axudas desta convocatoria aplicaranse a actuacións que se desenvolvan en zonas rurais situadas en calquera das reservas da biosfera de Galicia, dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma galega.
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Dirección Xeral de Patrimonio Natural
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981547240
Email: dxpn.cmatv@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de A Coruña
Servizo de Patrimonio Natural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184838
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Lugo
Rolda da Muralla, s/n
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294393/ 982294989
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense
Rúa Paseo, nº 18 - 5º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386569
Xunta de Galicia
Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Pontevedra
Rúa Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805097/ 986805469
Prazo de presentación: PECHADO
04/04/2024 00:00 - 03/05/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas ao Servizo de Patrimonio Natural da xefatura territorial correspondente da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Solicitudes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I), a seguinte documentación:
a) Acreditación da persoa representante que figure na solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
b) Memoria técnica das actuacións (anexo II) asinada por persoal técnico competente xustificativa das actuacións, que pola súa vez, conterá a seguinte documentación mínima:
1º. A descrición de traballos ou actividades en que se indique o espazo en que se vai traballar.
2º. Indicación da superficie de actuación e dos obxectivos ambientais aos que contribuirá.
3º. Relación valorada por capítulos.
4º. Planos de localización e de detalle, así como un arquivo compatible SIX coa delimitación da superficie prevista de actuación.
5º. Orzamento detallado e co IVE desagregado.
6º. Calendario e prazo aproximado de execución.
c) Certificación expedida pola persoa titular da secretaría do concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal se dispón solicitar a subvención regulada nesta orde.
2. As solicitudes (anexo I) que no momento da súa presentación non veñan acompañadas do anexo II coa memoria sinalada no artigo 9.1.b) (memoria técnica coa totalidade dos seus contidos mínimos desenvolvidos) serán automaticamente inadmitidas.
3. Deberán presentar, ademais, a seguinte documentación:
a) No caso de prever actuacións sobre bens inmobles ou terreos de titularidade da entidade solicitante, certificación expedida pola persoa titular da secretaría do concello relativa á titularidade municipal do ben.
b) No caso de que a persoa solicitante non sexa titular da propiedade onde se teñan previsto executar as actuacións, certificación da persoa titular ou titulares da súa dispoñibilidade ou, no seu defecto, declaración responsable de conformidade e dispoñibilidade dos terreos (anexo VI).
c) No caso de entidades arrendadoras, documento que acredite esa condición.
d) No caso de prever recorrer a medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai usar xunto cos seus previsibles custos materiais. Achegaranse, como mínimo, ademais dos datos indicados no anexo II, a seguinte documentación:
1º. Orzamento completo do proxecto de obra que debe detallar a cantidade total de horas das diferentes categorías profesionais que interveñen na execución de cada unha das distintas unidades de obra do proxecto. O custo horario da man de obra calcularase con base no custo que supoñen as nóminas das persoas traballadoras coas que se vai executar a obra.
Así mesmo, o orzamento fará unha previsión da necesidade de compra de materiais ou emprego dos propios coa correspondente imputación dos custos da súa amortización.
2º. Informe elaborado polo persoal técnico redactor do proxecto en que se describa en que vai consistir tal achega (materias primas, man de obra, bens de equipo...), diferenciando se se trata dunha achega para todo o proxecto ou ben para unidades de obra concretas:
i. Cando a man de obra participe en todo o proxecto, deberase achegar un documento do proxecto denominado «Xustificación de prezos» en que se totalice o número de horas necesarias por categorías para a súa realización e as unidades de material empregadas.
ii. Cando a achega en especie se produza en unidades de obra concretas, o persoal técnico redactor terá que especificar, en cada unha das unidades, o número de horas da achega e as unidades de material empregadas.
e) No caso de actuacións que non teñan natureza de investimento como as campañas de concienciación ambiental, as actividades de información e/ou sensibilización para a conservación do patrimonio natural, a declaración responsable de non inicio de actuacións (anexo VII) recollida no artigo 6.3 desta orde en que se acredite que as actuacións non foron iniciadas antes da presentación da solicitude de axuda.
f) Para todos os gastos incluídos na solicitude de axuda, deberase acreditar a moderación de custos de acordo co establecido no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro.
Para iso, deberán presentar tres ofertas de provedores diferentes que orcen a execución daquelas unidades de obra que se prevexa executar mediante contratación. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:
1º. Os prezos das unidades deben axustarse ao valor de mercado.
2º. Deberán incluír, como mínimo, o NIF, nome e dirección da empresa oferente, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación detallada, cuantificada e desagregada das unidades de obra que inclúe; no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, modelo, así como características técnicas; e no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
3º. Deberán incluír os mesmos conceptos para ser comparables entre elas desde un punto de vista técnico-económico.
4º. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta.
5º. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa persoa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
6º. Deberán presentarse debidamente seladas e/ou asinadas pola empresa ou representante da empresa ofertante.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dunha persoa taxadora ou perita, ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.
g) No caso de actuacións dirixidas á recuperación de elementos tradicionais da paisaxe rural ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional como hórreos, milladoiros, cabanas, fontes, alvarizas, muíños, etc. deberá achegarse informe favorable/autorización da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en que se acredite que non se trata dun ben de interese cultural ou catalogado ou, polo menos, a súa solicitude.
h) Se é o caso, calquera outra autorización ou permiso necesario para levar a cabo a intervención ou, cando menos, a súa solicitude.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola entidade interesada ante calquera Administración. Neste caso, a entidade interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán demandados de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da entidade interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á entidade interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria presentarase electronicamente.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola entidade interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificación da titularidade do inmoble ou parcela.
d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública.
f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
g) Consulta de concesión de subvencións e axudas.
h) Consulta de inhabilitacións para a concesión de subvencións ou axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
3. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuadas electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
- Fase de Solicitude
- Declaración responsable de conformidade e dispoñibilidade dos terreos (Anexo VI)
- Solicitude (Anexo I)
- Términos municipais que conforman as reservas da biosfera dentro da Comunidade Autónoma de Galicia (Anexo XII)
- Porcentaxe de superficie incluída na rede natura 2000 (Anexo XI)
- Condicionado das actuacións (Anexo IX)
- Declaración responsable de non inicio de actuacións sen natureza de inversión (Anexo VII)
- Memoria técnica das actuacións (Anexo II)
Prazo de resolución:
Catro meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30 do 15 de febreiro de 2016)
-
Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2021).
-
Corrección de erros. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 51 do 16 de marzo de 2021).
-
Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 65 do 3 de abril de 2024).
-
Extracto da Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para os anos 2024 e 2025 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 65 do 3 de abril de 2024).
-
Resolución do 29.12.2021 de aprobación dos plans de riscos de xestión e medidas antifraude dos centros directivos e entidades adscritas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
-
Plan Xeral de Prevención de Riscos de Xestión e Medidas Antifraude aprobado por acordo do Consello da Xunta do 10 de decembro de 2021.
-
Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das Intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023/2027 incluídas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común.
-
Orde do 21 de agosto de 2024 pola que se modifica a Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 169 do 3 de setembro de 2024).
-
Resolución do 22 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG nº 169 do 3 de setembro de 2024).
-
Corrección de erros. Resolución do 22 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se publican os concellos beneficiarios das subvencións concedidas en virtude da Orde do 19 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria, para os anos 2024 e 2025, das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG nº 171 do 5 de setembro de 2024).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 276 do 18 de novembro de 2003).
-
Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións (BOE nº 176 do 25 de xullo de 2006).
-
Corrección de erros do Real Decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE nº 270 do 11 de novembro de 2006).
-
Lei 39/2015, da 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE nº 236 do 2 de outubro de 2015).
-
Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022
-
Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regulan o sistema de xestión da Política Agrícola Común e outras materias conexas (BOE nº 308 do 24 de decembro de 2022)
-
Real Decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan Estratéxico 2023-2027 e outras axudas da Política Agrícola Común (BOE nº 312 do 29 de decembro de 2022)
-
Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións contempladas no Plan Estratéxico da Política Agrícola Común, e se modifican varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da Política Agrícola Común para o período 2023-2027 (BOE nº 51 do 1 de marzo de 2023)
-
Instrución ARX PEPAC 01/2023 Información, Publicidade e Visibilidade.
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021 polo que se establecen as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os devanditos Fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e a Política de Visados.
-
Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, polo que se derroga o regulamento (UE) nº 1306/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, de 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (FEAGA) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os Regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013 (DOUE nº 435, de 6 de decembro de 2021)
-
Regulamento de execución (UE) 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen normas para os tipos de intervención relativos ás sementes oleaxinosas, ao algodón e aos subprodutos da vinificación en virtude do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, así como para os requisitos en materia de información, publicidade e visibilidade relacionados coa axuda da Unión e os plans estratéxicos da PAC.
-
Outros procedementos relacionados
Declaración de datos para cuantificación de perdas en redes de abastecemento.
Aberto todo o ano
Colaboración técnica e financeira en materia de infraestruturas hidráulicas.
Aberto todo o ano
Asunción de explotación de instalación de depuración de augas residuais urbanas.
Aberto todo o ano
Subvencións para a execución de actuacións para reducir as infiltracións nas redes de saneamento municipais en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 23/04/2025 09:00 - 23/05/2025 14:00