Guía de procedementos e servizos

MR701E

Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 26/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

Establecer as normas de xestión do  procedemento para a concesión das axudas que se concedan para a mellora de camiños rurais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025.

O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

Todos os Concellos de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural

Lugar da Barcia, nº 56 - Laraño

15897  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981547369

Email: agader.xunta.gal, infoagader@xunta.gal

https://agader.xunta.gal/

Presencial, cita previa no teléfono 981547369

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)

Prazo de presentación: PECHADO

26/01/2024 00:00 - 26/02/2024 23:59

O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Todos os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter remitidas ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente estean obrigados antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

b) Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública de Galicia. Este requisito comprobarase con anterioridade a ditar a correspondente proposta de resolución de concesión, tendo en conta o límite máximo para resolver este procedemento, segundo o que se determina no artigo 12 deste plan.

c) Non poderán ter a condición de beneficiarios os concellos que estean incursos nalgunha das prohibicións establecidas no artigo 10.2 e 3 da LSG.

Solicitudes.

1. Cada concello presentará unha única solicitude de axuda.

2. A presentación da solicitude de axuda realizarase unicamente por medios electrónicos.

Dentro do prazo establecido, os concellos interesados deberán cubrir previamente o formulario descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o que se solicita a subvención, a través da aplicación informática accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e no enderezo da internet

https://appsagader.xunta.gal/caminos

Para poder presentar a solicitude, é imprescindible que a entidade solicitante ou o seu representante legal dispoña de DNI electrónico ou calquera outro certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

3. Para poder presentar a solicitude, será necesario seguir os seguintes pasos:

a) No caso de que xa estivese dado de alta na aplicación informática habilitada para a xestión das axudas concedidas ao abeiro dos plans de mellora de camiños municipais xestionadas pola Agader en anos anteriores, deberá acceder co nome de usuario e contrasinal xa rexistrados para estas convocatorias.

Noutro caso, deberá darse de alta na citada aplicación informática. O nome de usuario será sempre o NIF da entidade solicitante; o contrasinal será o determinado por esta.

Na aplicación está dispoñible un servizo de recuperación de contrasinais.

b) Necesariamente deberán cubrirse todos os campos establecidos como obrigatorios; así mesmo, débese anexar a documentación referida no artigo 9 deste plan.

c) Unha vez cuberto o formulario, a entidade solicitante poderá presentar a súa solicitude de axuda.

No momento da presentación, a aplicación informática expedirá un recibo acreditativo do feito da presentación, e xerará de forma automática o anexo IV (solicitude de axuda). A publicación deste anexo no DOG ten carácter puramente informativo.

4. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

5. A aplicación informática disporá de instrucións de axuda para consulta dos solicitantes. No caso de dificultades técnicas ou no caso de requirir máis información, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural pon á disposición dos interesados o seu servizo de asistencia técnica, a través do número de teléfono 981 54 73 69, e o enderezo de correo electrónico subdireccion-planificacion.agader@xunta.gal

Documentación complementaria.

1. Xunto co formulario normalizado de solicitude de axuda (anexo IV), que a aplicación informática xerará de forma automática, os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:

a) Proxecto/s de obra, nos termos previstos no artigo 4.4 destas normas.

b) Certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:

1º. Da designación legal do representante da entidade solicitante.

2º. Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.

3º. Da titularidade municipal dos camiños.

c) Certificación da persoa titular da Secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda.

d) Informe do/da técnico/a municipal competente, en que se indique:

1º. Intervencións realizadas en cada unha das actuacións propostas no/nos proxecto/s nos últimos 5 anos, sinalando, de ser o caso, a natureza das obras, ano e orixe dos fondos financeiros das citadas intervencións.

2º. Se para a execución das obras resulta necesaria a dispoñibilidade de terreos privados lindeiros coas actuacións propostas. En caso afirmativo, xunto con este informe deberán remitirse os documentos acreditativos das cesións ou autorizacións das persoas propietarias dos terreos afectados.

3º. Se o/os proxecto/s cumpre/n coa lexislación urbanística e sectorial, así como co planeamento en vigor.

4º. Se para a execución do/dos proxecto/s resultan necesarios permisos e/ou autorizacións sectoriais, con indicación daqueles que se deben incorporar ao expediente.

e) Acta asinada por un/una técnico/a municipal, que teña a condición de empregado público, ou pola persoa titular da secretaría municipal, que reflicta fidedignamente o non inicio do proxecto para o que se pide a axuda. Para estes efectos, estará dispoñible na aplicación que xestiona as axudas (https://appsagader.xunta.gal/caminos) un modelo normalizado de acta.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirírselle ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que o/os proxecto/s de obra supere/n o tamaño máximo establecido ou teña/n un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que os concellos interesados se opoñan á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

    Prazo de resolución:

    Cinco meses

    Sentido do silencio:

    Negativo

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    • Ámbito Autonómico
      • Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).

      • Extracto da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (DOG nº 18 do 25 de xaneiro de 2024).

      • Resolución do 5 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se aproba o Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, mediante tramitación anticipada de gasto (DOG nº 138 do 17 de xullo de 2024).

    Outros procedementos relacionados

    MR701D

    Axudas LEADER. PDR de Galicia 2014-2020.

    Aberto todo o ano

    MR701H

    Actuacións dos GDR Programa LEADER PEPAC 2023-2027.

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

    MR701I

    Actuacións de animación, formación e cooperación (ICE).

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 31/10/2024 00:00 - 05/11/2027 23:59

    MR701L

    Axudas Leader PEPAC 2023-2027.

    Tramitar en liña

    Prazo aberto: 01/05/2025 00:00 - 30/05/2025 23:59