Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
MR701E - Plan de mellora de camiños municipais.
Estas normas teñen por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas que se concedan ao abeiro do Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018.
As axudas consistirán en subvencións directas de capital. O procedemento tramitarase en réxime de concesión directa, ao abeiro do artigo 19.4.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en relación cos artigos 36.1.c) e 40 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.
Gastos subvencionables.
1. Con carácter xeral, son subvencionables os investimentos necesarios para as obras de mellora, mantemento e ampliación da rede viaria existente. En particular:
a) Obra civil vinculada á execución do proxecto.
b) Servizo de control da calidade da obra.
2. Non serán subvencionables en ningún caso:
a) As partidas a tanto global.
b) O imposto do valor engadido (IVE).
c) Os gastos correspondentes a actuacións que inclúan obras de iluminación, abastecemento e saneamento de augas fecais.
d) Os gastos de redacción de proxecto nin os de estudos necesarios para a súa redacción.
e) Os gastos de dirección de obra, de coordinación de seguridade e saúde, seguimento arqueolóxico ou outros servizos complementarios.
f) Gastos por taxas ou licenzas necesarias.
g) O panel de obra.
3. Contía de axuda: a axuda cubrirá o 100 % dos gastos subvencionables.
Todos os concellos de Galicia.
Con carácter xeral, son obrigas dos beneficiarios as establecidas no artigo 11 da LSG e, en particular:
a) As obras incluídas neste plan deberán ter unha garantía de mantemento de, cando menos, 5 anos contados desde a data de pagamento final da axuda, e serán por conta do concello os custos necesarios para a súa conservación. O concello debe asumir todas e cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor da execución das obras, nos termos previstos no Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (en diante, LCSP).
b) Publicitar a concesión da axuda mediante a colocación dun panel, con información acerca da operación, que deberá estar visible durante a execución das obras e durante o período de garantía previsto na LCSP. Agader facilitará a través da páxina web o modelo correspondente.
c) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, polo menos, durante o período de permanencia dos investimentos.
d) Comunicar a Agader a solicitude, concesión ou pagamento de calquera outra axuda que, independentemente da orixe dos fondos financiadores, estea destinada a financiar o mesmo proxecto de investimento.
e) O expediente de contratación deberá estar dispoñible no concello para a súa comprobación e deberá remitirse copia a Agader no caso de que así se requira.
f) Así mesmo, deberá estar suxeito ás actuacións de control que poida realizar Agader, na súa condición de entidade xestora das axudas, ás funcións de intervención e de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establecen a Lei 9/2007 e o Decreto 11/2009, e ás actuacións de comprobación que corresponden ao Tribunal de Contas e ao Consello de Contas.
g) As entidades beneficiarias destas subvencións deberán cumprir coas obrigas de información referidas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga son as referidas no artigo 4.4 do citado texto legal.
h) O concello debe asumir todas cantas responsabilidades dimanen das posibles irregularidades ou ilegalidades causadas por mor da execución das obras, nos termos previstos na LCSP.
i) No suposto de que un concello renuncie á subvención concedida, deberá comunicalo a Agader, utilizando o modelo normalizado que se xunta á Resolución do 18 de maio de 2017 como anexo VI.
a) Non estar iniciados na data de presentación da solicitude da axuda.
Verificarase o cumprimento deste requisito mediante a realización dunha acta de non inicio durante a fase de revisión da solicitude de axuda. Se o solicitante desexa iniciar a execución do proxecto antes da realización da citada comprobación, deberá achegar unha acta notarial que reflicta fidedignamente o non inicio da obra.
b) Que se desenvolvan no territorio de Galicia, exceptuando as parroquias clasificadas como zonas densamente poboadas (ZDP), atendendo á clasificación para as parroquias galegas segundo o grao de urbanización denominada GU 2016 (IGE, 2016). Na páxina web de Agader pode consultarse a relación de parroquias clasificadas como ZDP.
c) Que as actuacións propostas incidan sobre camiños de titularidade municipal.
d) Que se axusten á normativa sectorial (estatal, autonómica e local) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.
e) Que sexan viables tecnicamente.
f) Que sexan finalistas, é dicir, que no momento do pagamento final cumpran os obxectivos e funcións para os cales se concedeu a axuda.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER)
Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural
Lugar da Barcia, nº 56 Laraño
15897 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981547382 / 981542690
Email: infoagader@xunta.gal
Presencial, cita previa no teléfono 981 54 73 82
Subdirección de Planificación e Dinamización do Medio Rural
Resolución do 18 de maio de 2017 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas correspondentes ao Plan de mellora de camiños municipais 2017-2018 (DOG nº 102 do 31 de maio de 2017).
Prazo de presentación: PECHADO
01/06/2017 00:00 - 30/06/2017 23:59
O prazo para presentar as solicitudes de axuda será dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.
De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
- Xunto co formulario normalizado de solicitude (anexo IV), os concellos interesados deberán achegar a seguinte documentación:
- a) Proxecto de obra, nos termos previstos no artigo 4.3.a) destas normas.
- b) Certificación expedida pola persoa titular da secretaría da entidade local, acreditativa dos seguintes aspectos:
- Da designación legal do representante da entidade solicitante.
- Do acordo da entidade municipal relativo á participación neste plan de mellora de camiños.
- Da titularidade municipal dos camiños e da dispoñibilidade dos terreos necesarios para a normal execución das obras.
- c) Certificación da persoa titular da secretaría ou da Intervención municipal acreditativa de que a entidade solicitante remitiu ao Consello de Contas as contas do último exercicio orzamentario a que legalmente está obrigada. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación da solicitude da axuda, polo que a data de sinatura do certificado implicará que a remisión das respectivas contas ao Consello de Contas se efectuou, en todo caso, nunha data anterior á data de emisión do certificado.
Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderá requirirse ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.
- Comprobación de datos.
- 1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos, elaborados polas administracións públicas:
- NIF da persoa xurídica solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
- Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.
- 2. No caso de que os concellos interesados se opoñan a estas consultas, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de axuda e achegar os correspondentes documentos.
- 3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar aos interesados que presenten os documentos correspondentes.
-
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo IV) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para estes efectos, a publicación no DOG do anexo IV ten carácter puramente informativo.
Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 39/2015. As entidades solicitantes responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, Agader poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica.
No caso de que o proxecto de obra supere o tamaño límite establecido pola sede electrónica, os promotores poderán dividir o arquivo electrónico correspondente, xerando varios arquivos de menor tamaño, ou ben optar pola súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos, en formato CD. Neste último caso, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
- Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
- Non será necesario que as persoas solicitantes presenten a documentación que xa conste en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, poderán acollerse ao establecido nos artigos 28.3 da Lei 39/2015 e 20.3 da LSG, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á entidade solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de axuda. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Renuncia (Anexo VI)
- Solicitude de anticipo (Anexo V)
- Solicitude de pagamento (Anexo VII)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"