Guía de procedementos e servizos

MR651A

Subvencións para o control selectivo de combustible en montes veciñais en man común e SOFOR.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 21/10/2023 00:00 - 20/11/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Control da biomasa en áreas devasa, devasas e faixas auxiliares de pista, coa finalidade de reducir a carga de combustible existente no monte e crear zonas con descontinuidade horizontal e vertical, contribuíndo así a diminuír o risco de propagación de incendios forestais e a minimizar os danos causados por estes sinistros.

1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As Sofor e as CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro correspondente.

3. As cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados, segundo o disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

4. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada persoa membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. No caso da liña II, o cálculo da subvención deberá ser proporcional á superficie de cada CMVMC con respecto á superficie total da agrupación.

5. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación de montes veciñais en man común, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como persoa beneficiaria, lle corresponden á agrupación. En caso de disolverse a agrupación antes de que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cada persoa xurídica membro da agrupación asumirá a obriga de reintegro que corresponda, de ser o caso.

6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea. Unha empresa está en crise cando concorre polo menos unha das seguintes circunstancias:

a) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.

b) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algunhas persoas socias teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando teña desaparecido polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.

c) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por pedimento dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o empréstito ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Tratándose dunha empresa que non sexa unha pequena e mediana empresa (peme), cando durante os dous anos anteriores:

– A cociente débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

– A cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.

As pemes con menos de tres (3) anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise agás que cumpran as condicións establecidas nas anteriores letras c) e d).

Para efectos de cumprimento deste requisito, tanto no anexo I para o procedemento MR651A, como no anexo II para o procedemento MR651B, consta unha declaración de que as empresas solicitantes non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

7. Non poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Coruña

Rúa de Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184535

Fax: 981184652

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294540

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Ourense

Rúa Villaamil e Castro, s/n

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386089

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Pontevedra

Avda. María Victoria Moreno, nº 43 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805327

Dirección Xeral de Defensa do Monte

Prazo de presentación: PECHADO

21/10/2023 00:00 - 20/11/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Superficies forestais mínimas para solicitar subvencións.

1. As superficies forestais mínimas para poder solicitar estas subvencións serán:

2. A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) será de cen hectáreas (100 ha).

3. Para acadar a superficie as CMVMC poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se localicen nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:

a) Localización nun mesmo concello.

b) Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.

4. Nas Sofor e, excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estivese localizada nalgún concello incluído en espazos protexidos da rede Natura 2000, a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 50 ha.

Condicións xerais.

Con carácter xeral, deberase ter en conta o seguinte:

1. Non se concederán subvencións para o control selectivo de combustible nas mesmas superficies en que se subvencionou nos tres anos anteriores, agás para a acción de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais.

2. Cada persoa beneficiaria só poderá obter unha subvención para cada unha das liñas, independentemente de que o solicite individualmente ou agrupadamente. Se unha persoa solicitante presenta solicitude individual e agrupadamente, comportará o arquivamento da solicitude presentada individualmente. Se presenta máis dunha solicitude para a mesma liña, entenderase como válida a presentada en primeiro lugar segundo o asento de rexistro correspondente.

3. Cando as subvencións consistan nunha porcentaxe do orzamento das actuacións preventivas, o total da subvención calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural, segundo o disposto para cada liña de subvencións nos capítulos II e III desta orde. O imposto sobre o valor engadido (IVE) só será subvencionable cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación conforme a lexislación nacional sobre o IVE.

4. Os montes obxecto destas axudas, no momento da solicitude de axuda deben dispoñer dun instrumento de ordenación ou xestión forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados e as accións solicitadas deben estar previstas nel, ou ben tratarse de mantementos de infraestruturas de prevención que consten nese instrumento.

No caso dos montes que, de conformidade coa correspondente normativa, estean adheridos a un modelo silvícola conforme o establecido no Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia, as actuacións solicitadas deberán ser coherentes co dito modelo.

Solicitudes electrónicas.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. Deberán presentar obrigatoriamente solicitude electrónica correctamente completada, conforme o anexo I (código de procedemento MR651A) ou anexo II (código de procedemento MR651B), segundo a liña de subvención. Os datos incluídos nestes anexos terán a consideración de declaración responsable e son esenciais para a súa aprobación polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude. A solicitude non implica ningún dereito para a persoa peticionaria mentres non exista resolución de concesión.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas, tanto no caso de solicitar subvencións da liña I como da liña II, deberán achegar xunto ao anexo I (código de procedemento MR651A) ou anexo II (código de procedemento MR651B), a seguinte documentación:

a) Xustificación por parte da persoa beneficiaria de non suxeición ou exención do IVE emitida pola Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT). En caso de non presentarse esta xustificación ou non ser válida, considerarase que o IVE non é subvencionable para a persoa beneficiaria.

b) Xustificación de que os montes contan cun instrumento de ordenación ou xestión forestal ou, de ser o caso, copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, segundo o previsto no artigo 5.4 desta orde, indicando se as infraestruturas que se van crear ou mellorar están recollidas nel ou son compatibles co modelo silvícola.

c) No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, a solicitude irá asinada pola persoa representante da agrupación de conformidade co artigo 4.5 desta orde. Na solicitude recollerase o nome de todas as CMVMC que compoñen a agrupación co seu NIF, a porcentaxe de execución que asume cada CMVMC, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada unha delas. Neste suposto, e con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da subvención, deberá constar no expediente a documentación que acredite a representación para os efectos de tramitación da subvención e, de ser o caso, do cobramento desta, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo III desta orde.

d) En todos os casos a persoa solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente a elección nunha memoria cando non recaia na proposta máis favorable economicamente. Non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos no artigo 42 do Código de comercio, que regula os grupos de sociedades. Así mesmo, as empresas e as persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura.

e) Documento descritivo das actuacións que se axuste aos contidos mínimos que se indican no artigo 10 desta orde.

f) No caso de sociedades, para dar cumprimento ao establecido no artigo 4.6 desta orde, copia dos balances e das contas de explotación dos tres últimos anos.

Sen prexuízo do disposto nos parágrafos anteriores, poderase requirir a persoa solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para continuar coa tramitación do procedemento.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente, para as liñas I (MR651A) e II (MR651B), os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados pola Administración pública actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa representante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa cesionaria, de ser o caso.

d) NIF da entidade cedente e cesionaria, de ser o caso.

e) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria, de ser o caso.

f) Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da entidade solicitante, e de ser o caso, da persoa ou entidade cesionaria e a entidade cedente.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa ou entidade cesionaria e a entidade cedente.

h) Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da comunidade autónoma da entidade solicitante e, de ser o caso, da persoa ou entidade cesionaria e a entidade cedente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos datos indicados, a Consellería do Medio Rural deberá solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada finalizará o 29 de febreiro de 2024

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2023).

    • Extracto da Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 200 do 20 de outubro de 2023).

    • Corrección de erros. Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 206 do 30 de outubro de 2023).

    • Orde do 28 de decembro de 2023 pola que modifica a Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).

    • Extracto da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que modifica a Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).

    • Resolución do 22 de abril de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións da Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 88 do 6 de mayo de 2024).

    • Orde do 12 de xuño de 2024 pola que se modifica a Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 118 do 19 de xuño de 2024).

    • Corrección de erros. Resolución do 22 de abril de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións da Orde do 10 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 194 do 8 de outubro de 2024).

Outros procedementos relacionados

MR608B

Recoñecemento de agrupación forestal de xestión conxunta.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR608F

Axudas para a creación e apoio das Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 09/04/2025 00:00 - 13/06/2025 23:59

MR652A

Comunicación de ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común.

MR673A

Rexistro de sociedades de fomento forestal.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano