Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR652A
Comunicación de ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería do Medio Rural
No primeiro semestre de cada ano natural, a comunidade de montes comunicará ante a consellaría competente en materia de montes os ingresos xerados e a realización dos investimentos para a mellora e protección forestal do monte executados no exercicio anterior.
Para presentar as comunicacións empregaranse os formularios normalizados contidos nos anexos V e V-IR. O anexo V (código de procedemento MR652A) comprende os datos globais da comunidade e o anexo V-IR os datos de ingresos e reinvestimentos desagregados segundo indícase no seguinte apartado.
Aquelas comunidades que teñan montes veciñais total ou parcialmente xestionados pola Administración forestal e que dispoñan estos dun certificado de xestión forestal sostible, desagregarán as relacións de ingresos e reinvestimentos, comunicando individualmente os correspondentes a cada un dos montes veciñais de xestión pública e comunicando conxuntamente os ingresos e reinvestimentos do resto de montes veciñais. Para iso, utilizarán un formulario V-IR por cada monte veciñal de xestión pública e outro para o resto de montes veciñais.
Para os efectos da devandito desagregación, enténdese por monte veciñal os terreos clasificados nun determinado acto polos xurados provinciais de clasificación de montes veciñais.
Comunidades de montes veciñais en man común.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Avda. da Habana, 79-3º
32004 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
R/ Fernández Ladreda, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O presente Decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Comunicación segundo o Anexo V, acompañado da seguinte documentación:
Acreditación da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome da comunidade (de ser distinto do presidente).
No caso dos montes veciñais de xestión pública, coa comunicación achegarase a información necesaria que permita identificar o tipo de traballo realizado, as unidades de obra executadas e a súa localización no monte.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas opóñanse a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos:
NIF da entidade que comunica.
DNI/NIE da persoa representante.
- Inicio
- Comunicación (Anexo V)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común (DOG nº 186 do 23 de setembro de 1992).
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal (DOG nº 47 do 9 de marzo de 2016).
-
Decreto ___________ polo que se modifica o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula a reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 13/1989, de 10 de outubro, de montes vecinales en man común (BOE nº 35 de 9 de febreiro de 1990).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano