Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR536A
Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Establecer as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural, destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.
Poderán acollerse ás axudas descritas nesta orde as organizacións ou asociacións de criadores das razas autóctonas galegas, recoñecidas pola Comunidade Autónoma.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Gandaría
Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546180
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
Rúa de Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Email: servizo.gandaria.a.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Email: ganderia.mediorural.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
Rúa de Florentino López Cuevillas, nº 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Email: ganderia.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43-2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Email: ganderia.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
05/01/2024 00:00 - 05/02/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
a) Estar oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos no marco do Programa de cría da raza ou razas autóctonas españolas, pola Comunidade Autónoma Galega.
b) Cumprir os requisitos exixidos polos artigos 13.2,13.3 e 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e, de ser o caso, o recollido nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Cumprir co establecido no Regulamento (UE) nº 2016/1012 do Parlamento Europeo e do Consello, do 8 de xuño de 2016, relativo ás condicións zootécnicas e xenealóxicas para a cría, o comercio e a entrada na Unión de animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, e polo que se modifican o Regulamento (UE) nº 652/2014 e as directivas 89/608/CEE e 90/425/CEE do Consello e se derrogan determinados actos no ámbito da cría animal («Regulamento sobre cría animal») e no Real decreto 45/2019, do 8 de febreiro, polo que se establecen as normas zootécnicas aplicables aos animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, se actualiza o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras e se modifica o Real decreto 558/2001, do 25 de maio; o Real decreto 1316/1992, do 30 de outubro; o Real decreto 1438/1992, do 27 de novembro; e o Real decreto 1625/2011, do 14 de novembro.
d) Ter a condición de peme de acordo co establecido no artigo 2.52 e no anexo I do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022. Esta definición inclúese no anexo II desta orde.
e) Non ter a consideración de empresa en crise, de acordo co artigo 2.59 do Regulamento (UE) número 2022/2472, da Comisión, do 24 de decembro de 2022.
f) Non estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
Segundo establece o artigo 10 do Real decreto 45/2019, do 8 de febreiro, as asociacións de criadores de animais de razas gandeiras poderán constituír federacións, confederacións ou agrupacións que integren varias asociacións que existan recoñecidas oficialmente para diferentes ou as mesmas razas, designándose xenericamente como asociacións de segundo grao, para os efectos de interlocución e representatividade ante as administracións públicas e para establecer os mecanismos que faciliten a homoxénea xestión de tales razas para o seu fomento, conservación e mellora.
Así mesmo, os requisitos previstos nas letras b), d), e) e f), tamén deberán ser cumpridos polas explotacións gandeiras en que se realicen as actividades subvencionables.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que figura como anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.
b) Acreditación da condición de peme segundo o establecido no anexo II desta orde.
c) Copia dos estatutos da entidade solicitante.
d) Acreditación da representatividade do solicitante.
e) Verificación do cumprimento do requisito previsto no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, das subvencións cuxa normativa nacional recolla que deben cumprilo, reguladas, xestionadas ou financiadas total ou parcialmente polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e os seus organismos públicos vinculados ou dependentes:
– Declaración responsable nos termos previstos no artigo 26 do Regulamento xeral de subvencións.
– Se é o caso, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais se deduce un cumprimento do 100 % dos prazos de pagamento a provedores por parte do solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de cumprimento do requisito do artigo 13.3 bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existir contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun «informe de procedementos acordados», que acredite que o solicitante no momento de presentación de solicitude de axuda non ten ningunha factura pendente de pagamento na que se superaron os prazos legais de pagamento. A dita certificación non poderá ter en ningún caso unha antigüidade superior a un mes anterior á data de presentación da solicitude.
f) Memoria pormenorizada do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, prazo de execución e un plan cronolóxico dos traballos a realizar.
g) Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.
h) Acreditación dos medios técnicos e de persoal dos que dispoñen para a realización das actividades subvencionadas e descrición deles.
i) Acreditación do acordo da xunta directiva de aprobación da realización das actuacións obxecto de subvención.
j) Acreditación ou certificación da acta de reunión da xunta directiva, pola que se acorda a exixencia, a todos os socios ou integrantes, do cumprimento das normas mínimas en materia sanitaria, identificación, alimentación, medio natural, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional e autonómica.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
g) Concesión de subvencións e axudas.
h) Inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
i) Consulta de concesión pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2024).
-
Extracto da Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2024).
-
Resolución do 2 de maio de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 24 de novembro de 2023 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 92 do 13 de maio de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Establecemento de persoas agricultoras mozas
Prazo aberto: 26/06/2025 00:00 - 28/07/2025 23:59
Axudas a investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións. Explotacións agrarias.
Prazo aberto: 26/06/2025 00:00 - 28/07/2025 23:59
Axudas a investimentos en modernización e/o mellora de explotacións agrarias das persoas agricultoras mozas
Prazo aberto: 26/06/2025 00:00 - 28/07/2025 23:59
Comunicación do emprego dun CUE comercial por parte dunha persoa titular de explotación agraria.
Aberto todo o ano