Guía de procedementos e servizos

MR536A

Axudas para o fomento das razas autóctonas galegas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 23/12/2017 00:00 - 22/01/2018 23:59
Sobre o procedemento

1. A presente orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión de axudas da Consellería do Medio Rural destinadas ás organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, para o fomento das razas autóctonas galegas.

2. As bases reguladoras publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería do Medio Rural, co código de procedemento administrativo MR536A.

3. Así mesmo, por medio desta orde convócase a devandita axuda para o ano 2018.

As presentes axudas, tramitadas en réxime de concorrencia competitiva, teñen como finalidade:

1. O aumento da rendibilidade das explotacións gandeiras galegas, da súa viabilidade e do nivel de vida dos gandeiros.

2. A modernización do sector gandeiro galego en materia de xenética, sanidade e produción animal.

3. A mellora da eficiencia dos sistemas produtivos agrarios e das calidades nas súas producións.

4. A optimización na utilización das oportunidades e recursos dispoñibles.

Actuacións obxecto de subvención.

1. As axudas unicamente poderán ser concedidas ás actividades emprendidas ou realizadas con posterioridade á presentación da solicitude, que deberá axustarse ao prazo establecido nesta convocatoria.

2. As actividades subvencionables, que poderán realizar as entidades beneficiarias, desde a presentación da solicitude serán:

a) Creación ou mantemento de libros xenealóxicos. Os conceptos subvencionables serán os gastos derivados da dita actividade, incluídos os do local ou oficinas, ordenadores e material informático e o seu mantemento ou actualización, adquisición de material de oficina non inventariable e contratación e gastos de persoal técnico e administrativo.

b) As que deriven do desenvolvemento do programa de mellora oficialmente recoñecido para a raza, no cal se recollerán as actividades destinadas á conservación in situ desta, así como a creación e mantemento de bancos de xermoplasma en centros autorizados oficialmente e as probas destinadas a determinar a calidade xenética ou o rendemento do gando. As axudas irán dirixidas a sufragar os gastos relativos á implantación e desenvolvemento dos programas de mellora oficialmente aprobados e os controis de rendementos para a realización das avaliacións xenéticas dos animais e os programas de difusión da mellora.

3. O imposto sobre o valor engadido (IVE) non será subvencionable, salvo cando non sexa recuperable para o beneficiario.

Organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal

EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546180

Fax: 981545735

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

R/ VICENTE FERRER, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

RONDA DA MURALLA,70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

23/12/2017 00:00 - 22/01/2018 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación; se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

a) Carecer de ánimo de lucro.

b) Estar oficialmente recoñecidas para a xestión do libro ou libros xenealóxicos da raza ou razas autóctonas españolas, pola comunidade autónoma galega.

c) No caso de que existan varias asociacións recoñecidas para unha mesma raza, xa sexa na mesma comunidade autónoma ou en distintas comunidades autónomas, deberán estar integradas nunha única asociación de segundo grao, segundo establece o artigo 13.1 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras para poder acceder a estas axudas, debendo ser a dita asociación de segundo grao a solicitante das axudas.

d) Cumprir os requisitos exixidos polos artigos 13.2 e 13.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións e, se é o caso, o recollido nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

e) Cumprir coas obrigas previstas no artigo 11 do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro.

f) Ter a condición de peme de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, definición que se inclúe no anexo II desta orde.

g) Non ter a consideración de empresa en crise, segundo se define nas directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise, de acordo coas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01, da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

h) Non estar suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

Así mesmo, os requisitos previstos nas letras d), f), g) e h), tamén deberán ser cumpridos polas explotacións gandeiras en que se realicen as actividades subvencionables.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Acreditación da personalidade xurídica da entidade solicitante.

    • b) Acreditación da condición de peme segundo o establecido no anexo II desta orde.

    • c) Copia dos estatutos da entidade solicitante.

    • d) Acreditación da representatividade do solicitante.

    • e) Memoria pormenorizada do programa de actuación que se pretende desenvolver, obxectivos, prazo de execución e un plan cronolóxico dos traballos que se van realizar.

    • f) Avaliación económica dos investimentos que se van realizar.

    • g) Acreditación de que dispoñen dos medios técnicos e de persoal axeitados para a realización das actividades subvencionadas e descrición deles.

    • h) Acreditación do acordo da xunta directiva de aprobación da realización das actuacións obxecto de subvención.

    • i) Acreditación ou certificación da acta de reunión da xunta directiva, pola que se acorda a exixencia, a todos os socios ou integrantes, do cumprimento das normas mínimas en materia sanitaria, identificación, alimentación, medio natural, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria, nacional e autonómica.

De acordo co artigo 4, punto 2 da Orde do 12 de xaneiro de 2012 (DOG do 16 de xaneiro), pola que se regula a habilitación de procedementos administrativos e servizos na Administración xeral e no sector público autonómico de Galicia, os solicitantes non terán a obriga de presentar os documentos das letras a), c) e d) que xa fosen presentados; poderá acollerse ao establecido na letra d) do artigo 53 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Para facer efectivo este dereito deberán especificar a data en que presentaron os documentos e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, sempre que non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que corresponda.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF da entidade solicitante.

  • b) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.

  • c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

  • d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto nos artigos 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

  • No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica, por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

  • Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se dispón del.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan a concesión das axudas para o fomento das razas autóctonas galegas e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 242 do 22 de decembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano