Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN851B
Bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axudas para impulsar a participación de entidades galegas no Programa Marco de Investigación e Innovación Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través da concesión de bonos.
Estes bonos constitúen a liña 1 das bases reguladoras plurianuais das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co Programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).
Estas axudas convocaranse anualmente ata o 2027.
a) As pequenas e medianas empresas (pemes), conforme as definicións do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.
b) Os organismos de investigación galegos sempre que na proposta para a que soliciten o bono participe tamén unha peme. Esta peme deberá ter a súa sede social ou un centro de traballo en Galicia, onde desenvolvería a súa participación na proposta europea de obter esta financiamento.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Airas Nunes, s/n (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541094
Fax: 981541039
Email: programas.gain@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
14/02/2024 00:00 - 15/11/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 15 de novembro do ano da convocatoria ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza antes desta data.
1. Requisitos dos bonos para a preparación de propostas europeas de I+D+i (IN851B):
a) As propostas deberán presentarse a convocatorias do programa Horizonte Europa ou de outras iniciativas europeas de I+D+i. Non será subvencionable á preparación de propostas que, aínda poidan considerarse innovadoras polo seu contido, non se presenten a unha convocatoria ou iniciativa dirixida especificamente ao financiamento de actuacións de I+D+i.
b) Deberán ser propostas que se presenten a convocatorias dunha única fase ou, no caso de convocatorias con procedementos de avaliación de dúas fases, ser propostas completas que se presenten á segunda delas. Aínda que en xeral as convocatorias internacionais de I+D+i son para propostas en cooperación, non se exclúe a preparación de propostas individuais previstas dentro dos programas europeos.
c) En cada convocatoria anual, ao abeiro das bases reguladoras, soamente será subvencionable a preparación de propostas que se presenten a convocatorias europeas de I+D+i no ano en cuestión e sempre antes do 30 de novembro do mesmo. Segundo este requisito, na convocatoria de 2024 é preciso que as propostas se presenten antes do 30 de novembro de 2024.
d) Non será subvencionable a preparación dunha proposta xa finalizada antes da solicitude de axuda del bono. Deste modo, non poderá solicitarse un bono para unha proposta xa presentada ao programa Horizonte Europa ou outra iniciativa europea de I+D+i.
No caso de procedementos europeos de solicitude de dous fases, entenderase que a presentación da proposta á primeira delas non supón o incumprimento deste requisito. O bono solicitaríase para a preparación da proposta a presentar á segunda fase.
e) Todas as propostas apoiadas deberán achegar o informe de avaliación (ESR-Evaluation Summary Report) en canto este se reciba e sempre antes do peche da convocatoria anual á que se solicitou o bono. No caso da convocatoria de 2024 a data de peche é o 15 de novembro de 2024 ou ata o agotamento dos fondos asignados no caso en se produza antes desta data.
A través deste informe comprobarase se a proposta presentada cumpre os requisitos para optar ao premio ou incentivo a súa calidade. No caso en que este informe non poida entregarse antes do peche da convocatoria porque aínda no se recibise, esta axuda considerarase plurianual. A imposibilidade do cumprimento deste prazo deberá xustificarse de forma motivada por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria, en caso contrario, xa non poderá accederse ao premio ou incentivo aínda que se cumpran os requisitos para obtelo. En todos os casos, se no prazo máximo de 9 meses tras a presentación da proposta á convocatoria europea de I+D+i á que se concorreu non se remitise á Axencia este informe de avaliación (ESR), xa non poderá accederse ao premio ou incentivo aínda que se cumpran os requisitos para obtelo.
f) So poderán optar ao premio aquelas propostas que xustificaran de forma idónea a primeira parte del bono vinculada á preparación da proposta e non obtiveran financiamento na convocatoria europea á que se presentaron.
g) So se financiará a preparación de propostas que, de obter financiamento ao abeiro da convocatoria europea á que se presenten, se desenvolverían na Comunidade Autónoma galega. Por este motivo, as entidades beneficiarias e as pemes que participan nas propostas solicitadas por organismos de investigación, deberán ter na Comunidade o seu enderezo social ou algún centro de traballo onde se desenvolvería a proposta.
h) Será requisito imprescindible que a proposta para a cal se solicita a axuda estea aliñada cos retos e prioridades da RIS3 Galicia 21-27. A descrición destes retos e prioridades recóllense no anexo I das bases reguladoras.
i) En cumprimento do artigo 9.4 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, as actuacións que se leven a cabo con estas axudas deben respectar o principio DNSH, polas súas siglas en inglés, Do not significant harm.
Ademais deste principio as actuacións subvencionadas deberán respectar o resto dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC (Regulamento (UE) nº 2021/1060 de disposicións comúns), en particular:
– Garantir o respecto dos dereitos fundamentais e a conformidade coa Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea.
– Velar porque se promova a igualdade entre homes e mulleres e a integración da perspectiva de xénero.
– Respectar a normativa en materia de accesibilidade para persoas con discapacidade.
– Ter en conta medidas favorecedoras da accesibilidade, debendo cumprir toda a normativa sobre accesibilidade para persoas con discapacidade que sexa de aplicación segundo o tipo de investimento solicitado.
j) A entidade solicitante deberá estar legalmente constituída no momento da presentación da solicitude.
k) Non concorrer na entidade solicitante algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
2. Requisitos das entidades especializadas (entidades consultoras) dos bonos:
1. As entidades a contratar polas pemes e organismos de investigación deben ser entidades consultoras que cumpran os seguintes requisitos:
a) Non ser unha entidade asociada ou vinculada coa entidade solicitante.
b) Non participar como coordinador ou como socio na proposta para a que se solicita a axuda.
2. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a verificación destes requisitos e requirirá a través do solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos. Ademais, a Axencia poderá publicar na súa páxina web (http://gain.xunta.gal) un listado das entidades especializadas que teñan participado na preparación de propostas que reciban apoio a través destas axudas.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Os datos de contacto das solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten.
Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración.
Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse a súa achega novamente á persoa interesada.
6. Nos formularios de solicitude incluiranse unha serie de declaracións responsables relativas á entidade solicitante:
1º. De todas as axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
2º. De que os datos contidos na solicitude e na documentación complementaria son certos, e que acepta as condicións e as obrigas recollidas nas bases e na convocatoria
3º. De que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións
4º. De que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
5º. De que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
6º. De non estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
7º. De que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.
8º. De que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento da axuda (artigo 82 RDC).
9º. De que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
10º. De que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións.
11º. Declaración responsable do cumprimento do principio DNSH e compromiso do/da beneficiario/a de prever e realizar as accións oportunas para asegurar que os/as subcontratistas cumpran con este principio.
12º. Do cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do RDC: en materia de igualdade, accesibilidade e dereitos fundamentais.
13º. De que se compromete a conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que a Comisión, a OLAF, o Tribunal de Contas Europeo, a Fiscalía Europea e as autoridades nacionais e autonómicas exerzan as súas competencias.
14º. De que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.
15º Das axudas solicitadas ou concedidas baixo o réxime de minimis nos tres últimos anos.
16º. De que a proposta que se presentará ao programa Horizonte Europa ou a outro programa ou iniciativa europea de I+D+i, de obter financiamento, vaise desenvolver no seu domicilio social ou nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma galega.
17º. De que a entidade especializada (entidade consultora) contratada non está asociada nin vinculada coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.
18º. De que presentará a proposta para a que solicita o bono a unha convocatoria do programa Horizonte Europa ou doutro programa ou iniciativa europea de I+D+i antes do 30 de novembro do ano da convocatoria.
19º. De que os gastos de consultoría relacionados coa preparación da proposta á convocatoria europea de I+D+I non se inclúen entre os gastos financiables solicitados á Comisión Europea ou organismo internacional ao cal esta se presenta.
7. Deberase comunicar á Axencia Galega de Innovación calquera variación nas circunstancias recollidas nestas declaracións responsables no momento en que se produzan.
8 .A lingua do procedemento será o galego ou o castelán, polo que toda documentación que se achegue na tramitación destas axudas deberá presentarse nalgunha destas linguas, con excepción da documentación achegada ante a Comisión Europea ou outro organismo internacional, ou procedente destes.
Documentación complementaria.
1. Para solicitar estas axudas deberá presentarse o formulario normalizado que acompaña a cada convocatoria anual xunto co resto dos anexos da mesma, dispoñibles tamén na sede electrónica da Xunta de Galicia. Achegarase ademais o resto de documentación complementaria recollida nas bases reguladoras e na correspondente convocatoria.
No caso da convocatoria de 2024 xunto coa solicitude normalizada deberá achegarse:
1º. Poder da persoa representante que presenta a solicitude verificado por letrado/a da Xunta de Galicia no caso de non estar inscrito no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
2º. Anexo II, específico de declaración de información relativa á condición de peme, cando proceda. A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para verificar a condición de pequena ou mediana empresa (peme) e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.
3º. Anexo III, específico de declaración responsable do cumprimento do principio DNSH.
4º. Copia das tres ofertas, de ser necesarias de acordo co establecido no artigo 11 destas bases reguladoras, no caso en que a entidade que se vaia subcontratar estea xa especificada no orzamento da solicitude.
5º. Certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE, só para os casos en que o seu importe non sexa recuperable total ou parcialmente, polo que poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado de exención ou rateo relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.
6º. Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, en que se especifiquen a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.
7º. Deberá achegarse, en canto se reciba, o informe de avaliación Europea ou doutro organismo internacional ao cal se presentou a proposta. (ESR Evaluation Summary Report). No caso de optar ao premio será preciso ademais que se achegue xunto o ESR o anexo IV, declaración responsable de que a proposta non obtivo financiamento por parte da Comisión.
De non terse presentado antes, o informe de avaliación (ESR) deberá achegarse sempre antes do peche da convocatoria anual á cal se solicitou o bono, salvo xustificación motivada por causas non atribuíbles á entidade beneficiaria. En todos os casos, se no prazo máximo de 9 meses tras a presentación da proposta á convocatoria europea de I+D+i á que concorreu, non se remitise á Axencia este informe de avaliación, xa non poderá accederse ao premio ou incentivo aínda que superasen todos os limiares da convocatoria europea.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante que asine a solicitude. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.
d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
e) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
f) Concesións pola regra de minimis.
Para novas convocatorias posteriores á de 2024 poderá ampliarse esta relación de considerarse necesario.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Este será o caso do informe de avaliación (ESR Evaluation Summary Report) que deberá achegarse en canto se reciba. No caso de que a proposta cumpra os requisitos para poder acceder ao premio ou incentivo, deberá entregarse ademais a declaración responsable conforme a proposta non obtivo finalmente financiamento por parte da Comisión Europea ou do organismo internacional ao cal presentou a proposta (Anexo IV) .
- Fase de solicitude
- Declaración de información relativa á condición de PEME (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
- Retos, prioridades e ámbitos de priorización da RIS3 de Galicia 2021-2027 (Anexo V)
- Declaración responsable do cumprimento do principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (Anexo III)
- Para optar ao premio ou incentivo posterior:
- Declaración responsable de que a proposta para a que se concedeu o bono non obtivo financiamento da comisión europea nin de outro organismo internacional para a súa execución (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Cinco meses (contados a partir da data de entrada en rexistro da solicitude)
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Modelo de renuncia (Anexo VI)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 30 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de apoios para a preparación de propostas (bonos) e o financiamento de propostas excelentes que contan co Selo de excelencia da Comisión Europea (rescate de selos de excelencia) (códigos de procedemento IN851B e IN607H) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).
-
Resolución do 30 de xaneiro de 2024 pola que se procede á convocatoria para o ano 2024 das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i (código de procedimiento IN851B) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).
-
Extracto da Resolución do 30 de xaneiro de 2024 pola que se procede á convocatoria para o ano 2024 das axudas para fomentar sinerxías e complementariedades co programa Horizonte Europa e outros programas ou iniciativas europeas de I+D+i a través de bonos para a preparación de propostas a convocatorias europeas de I+D+i (código de procedimiento IN851B) (DOG nº 31 do 13 de febreiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00
Rexistro de posta en servizo de guindastre torre para obras ou outras aplicacións.
Aberto todo o ano
Programa Ignicia proba de concepto.
Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59
Inscrición no rexistro dos centros de cría, subministradores e usuarios de animais de experimentación.
Aberto todo o ano