Guía de procedementos e servizos

IN630B

Catalogación dun vehículo como histórico.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Pechado
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Péchase o prazo de presentación de solicitudes en virtude da entrada en vigor do Real Decreto 892/2024, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, en vigor desde o 1 de outubro de 2024.

Desde esta data, as solicitudes deberán presentarse ante a Xefatura de Tráfico.

Si vostede é propietario dun vehículo histórico, e está interesado en obter a súa catalogación en tal sentido, deberá solicita-la inspección do vehículo no laboratorio oficial correspondente, e elevar instancia a D. Xeral de Industria e Comercio.

O vehículo que se pretanda catalogar como histórico deberá ser presentado no Laboratorio Oficial de Vehículos Históricos o día que éste sinale para a súa inspección previa.

O Laboratorio, unha vez examinado o vehículo e a documentación presentada, emitirá un informe sobre a autenticidade do vehículo, as súas características técnicas, exencións e condicións técnicas que o vehículo debe de cumprir nas inspeccións periódicas, frecuencia das mesmas e posibles limitacións que deberían imporse a súa circulación.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Rúa Avelino Pousa Antelo 5, San Lázaro (Edificio INEGA)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572

Fax: 981 957 192

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Péchase o prazo de presentación de solicitudes en virtude da entrada en vigor do Real Decreto 892/2024, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, en vigor desde o 1 de outubro de 2024.

Desde esta data, as solicitudes deberán presentarse ante a Xefatura de Tráfico.

Prazo de presentación: PECHADO

Péchase o prazo de presentación de solicitudes en virtude da entrada en vigor do Real decreto 892/2024, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos, en vigor desde o 1 de outubro de 2024. Desde esta data, as solicitudes deberán presentarse ante a Xefatura de Tráfico.

  • Solicitude

  • Toda a documentación no seu poder que acredite e defina as características tecnicas do vehículo. A falla de dita documentación, certificado do fabricante, ou no seu defecto, dun clube ou entidade, relacionado con vehículos históricos e legalmente establecido, o cal acreditará as características e autenticidade do vehículo

  • As certificacións emitidas por asociacións estranxeiras, deberán ser confirmadas por clubes ou entidades españolas

  • No seu caso, acreditación documental da declaración de bens de interese cultural ou de estar incluído no Inventario Xeral de Bens Mobles do Patrimonio Histórico Español, no seu caso, informe do órgano competente

  • Se o vehículo fose matriculado anteriormente en España, deberán acomapañarse, asimesmo, fotocopia cotexada do certificado de características tecnicas do vehículo, do permiso de circulación ou, no seu defecto, certificación de tal circunstancia, expedida pola Xefatura Provincial de tráfico correspondente

  • Informe do fabricante, entidades ou clubes que expresará a razón pola que podería procederse á cederse á catalogación do vehículo como histórico, precisando os motivos que deben considerarse como determinantes para dita catalogación

  • Ficha reducida de características tecnicas, emitida polo fabricante, entidade ou clube, confeccionada segundo o establecido na lexislación vixente sobre a homologación de tipo de vehículos

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de xuño de 1996 pola que se establecen requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación dos ditos vehículos (DOG nº 131 do 4 de xullo de 1996)

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 892/2024, do 10 de setembro, polo que se aproba o Regulamento de vehículos históricos (BOE nº 226, de 18 de setembro de 2024)

Outros procedementos relacionados

ED527A

Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 16/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano