Guía de procedementos e servizos

IN630A

Acreditación como laboratorio para vehículos históricos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
Sobre o procedemento

Si vostede quere acreditar un laboratorio da súa propiedade, como laboratorio de vehículos históricos deberá presentar unha solicitude con documentación que se sinala, ante a Dirección Xeral de Industria da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

A actuación dos laboratorios acreditativos para vehículos históricos terá por obxeto inspecciona-los vehículos que se pretendan catalogar como históricos e emitir dictame acerca da autenticidade do vehículo, características técnicas, exencións e condicións técnicas que o vehículo debe cumprir nas inspeccións periódicas, frecuencia das mesmas e posibles limitacións á circulación.

A acreditación como laboratorio para vehículos históricos terá unha validez de dous anos, podéndose prorrogar por iguais prazos sempre que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Rúa Avelino Pousa Antelo 5, San Lázaro (Edificio INEGA)

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572

Fax: 981 957 192

Servizo de Administración Industrial - Segapi
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Solicitude

  • Estar vinculados a Centros Oficiais de Ensinanza da Comunidade Autónoma de Galicia, nos que se impartan materias relacionadas coa tecnica do automóbil

  • Non ter ningún tipo de participación, nin estar participado por entidades que están relacionados coa industria do automóbil

  • A entidade ou organismo, os seus directivos e o persoal, encargado das operacións de verificación e control non poderán intervir directamente, nin como representante, intermediario ou axente, no proxecto, construcción, comercialización, suministro, instalación ou mantemento dos automóbiles que está autorizado a verificar como Laboratorio Oficial Acreditado

  • Ter cuberta a responsabilidade civil que poidera derivarse da súa actuación mediante a oportuna póliza de seguros, por unha contía mínima de 10.000.000 de ptas., con cláusula de actualización anual segundo o índice de prezos ó consumo do Instituto Nacional de Estatística

  • Como responsable tecnico do Laboratorio deberá existir un tecnico titulado de grao superior ou medio e persoal auxiliar suficiente para o normal desenvolvemento da actividade

    • do 90% de vehículos censados polos clubes de vehículos históricos de Galicia

    • dos vehículos fabricados no ámbito da CE dende 1970

  • No prazo de dous anos obterá información tecnica acerca dos vehículos fabricados en España dende o inicio do automóvil, e no prazo de 4 anos da producción mundial dende o inicio do automóvil

    • Dispor dun productor de actuación que defina con precisión a metodoloxía a seguir para a inspección dos vehículos e a tabla de tarifas a aplicar, aprobado pola Dirección Xeral de Industria

    • Contar coas instalacións, equipos e elementos suficientes para efectuar as inspeccións dos vehículos

    • Dispor dos medios informáticos que permitan unha xestión eficaz da base de datos propia e conexión vía modem e fax a outras bases de datos

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 17 de xuño de 1996 pola que se establecen requisitos para a acreditación de laboratorios oficiais de vehículos históricos e a catalogación dos ditos vehículos (DOG nº 131 do 4 de xullo de 1996)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano