Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN612A - Rexistro de entidades recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial.
Aberto todo o ano
Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular os procedementos que afecten as entidades recoñecidas que imparten cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial, establecendo as condicións e requisitos que se deben observar para a súa actuación na Comunidade Autónoma de Galicia.
Antes de comezar a súa actividade como entidade de formación, o titular desta ou o seu representante legal deberá presentar telematicamente ante a dirección xeral competente en materia de industria unha comunicación de acordo co modelo do anexo I.
Conforme o establecido no artigo 7º da Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio, a realización dunha comunicación permitirá acceder á actividade de servizos e exercela por tempo indefinido desde o momento da súa presentación ante a administración competente, sen que poidan impoñerse requisitos ou condicións adicionais, suxeita soamente ao cumprimento continuo dos requisitos regulamentarios e a que se facilite a información necesaria á autoridade competente para o control da actividade.
Calquera feito que supoña modificación dalgún dos datos incluídos na comunicación de inicio de actividade orixinaria, así como o cesamento da actividade formativa, deberá ser comunicado telematicamente polo titular á dirección xeral competente en materia de industria no prazo dun mes.
As comunicacións sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.
Para mais información e consultas públicas acudir a:
http://oficinavirtualindustria.xunta.es/
A onde acudir
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
DIRECCIÓN XERAL DE ENERXÍA E MINAS
SUBDIRECCIÓN XERAL DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL
SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957188 / 981545572
Fax: 981957192
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE OURENSE
SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE OURENSE
Curros Enríquez, 1º-4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386748
Fax: 988386727
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE PONTEVEDRA
SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE PONTEVEDRA
R/ Fernández Ladreda, 43-5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805240
Fax: 986817580
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DE LUGO
SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DE LUGO
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294669 / 982294659
Fax: 982294681
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
XEFATURA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA DA CORUÑA
SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL DA CORUÑA
Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184978 / 981184906
Fax: 981184790
Órgano responsable
SERVIZO DE ADMINISTRACIÓN INDUSTRIAL
Normativa
Ámbito Autonómico
Resolución do 15 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación telemática de diversos procedementos (DOG nº 225 do 26 de novembro de 2012).
Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 61 do 28 de marzo de 2011).
Corrección de erros.-Orde do 16 de marzo de 2011 pola que se establecen os requisitos mínimos exixibles ás entidades de formación recoñecidas para impartir cursos teórico-prácticos no ámbito da seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 65 do 1 de abril de 2011).
Ámbito Estatal
Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova instrución técnica complementaria MIE-AEM2 do Regulamento de aparellos de elevación e manunteción, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 170 do 17 de xullo de 2003).
Corrección de erros do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrución técnica complementaria "MIE-AEM 2" do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, referente a grúas torre para obras ou outras aplicacións (BOE nº 20 do 23 de xaneiro de 2004).
Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido de Instrucción técnica complementaria MIE-AEM-4 do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente o guindastres móbiles autopropulsados (BOE nº 170 do 17 de xullo de 2003).
Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o regulamento de instalacións térmicas nos edificios (BOE nº 207 29 de agosto de 2007).
Corrección de erros do Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (BOE nº 51 do 28 de febreiro de 2008).
Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo (BOE nº 298 do 11 de decembro de 2009).
Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo (BOE nº 127 do 25 de maio de 2010).
Corrección de erros do Real Decreto 1826/2009, do 27 de novembro, polo que se modifica o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios, aprobado por Real Decreto 1027/2007, do 20 de xullo (BOE nº 38 do 12 de decembro de 2010).
Ámbito Europeo
Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior.
Prazo
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Entre para cubrir e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Documentación para a presentación
- Antes de comezar a súa actividade como entidade de formación, o titular desta ou o seu representante legal deberá presentar ante a dirección xeral competente en materia de industria unha comunicación telemática mediante o modelo normalizado que figura no anexo I da presente orde.
- A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
A oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es permite a consulta en liña da información relacionada cos procedementos vinculados ao órgano competente en materia de industria, ademais do acceso a unha serie de servizos electrónicos para realizar xestións e consultas.
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, planta 4ª, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es
Co obxectivo de manter adaptados á normativa vixente os formularios vinculados a normas reguladoras de procedementos administrativos de prazo aberto, estes poderán ser actualizados na sede electrónica da Xunta de Galicia, sen necesidade de publicalos novamente no Diario Oficial de Galicia (DOG), sempre que a modificación ou actualización non supoña unha modificación substancial deste. Por conseguinte, para a presentación das solicitudes será necesario utilizar os formularios normalizados, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, onde estarán permanentemente actualizados e accesibles para as persoas interesadas.
Como podo?
Como podo?
Presentar unha solicitude
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico e identifíquese
Cubra o formulario
Anexe os documentos
Asine a solicitude
Descargue o xustificante
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Como podo?
Presentar documentación de gran tamaño
Prepare a documentación a achegar
Comprobe o tamaño dos arquivos electrónicos
Presente electronicamente os documentos de tamaño inferior a 50 MB
Presente presencialmente os arquivos que superen os 50 MB
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx e .xml.
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 50 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 50 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 50 MB separe os arquivos de máis de 50 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 50 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 50 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 50 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 50 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Como podo?
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Como podo?
Responder a un requirimento de emenda
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario de emenda
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Como podo?
Achegar documentación xustificativa
Prepare a información e os documentos a achegar
Inicie o trámite electrónico
Cubra o formulario
Anexe os documentos requiridos
Asine o formulario
Descargue o xustificante
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Como podo?
Consultar e xestionar os meus expedientes
Acceda ao seu espazo persoal
Os seus procedementos e borradores
Que podo facer?
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"