Guía de procedementos e servizos

IN614C

Rexistro de instalacións eléctricas de baixa tensión.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

As instalacións eléctricas ás que lle sexa de aplicación o dito Regulamento, antes da súa posta en servicio, deberán rexistrarse na correspondente xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria facendo uso do presente procedemento.

Para iso, deberán depositarse o certificado da instalación, emitido polo instalador autorizado, xunto co resto da documentación técnica e no seu caso o certificado de dirección de obra e o certificado de inspección inicial na xefatura territorial correspondente, recibindo o interesado as copias dilixencias necesarias para a constancia de cada interesado e para a solicitude de subministro de enerxía.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545572/ 981957185

Fax: 981957192

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981182294

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294651/ 982294815

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

EDIFICIO ADMTVO. PRAZA DA ESTRELA, 9, 6º

36203  Vigo  (Pontevedra)

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. ( 30.02.00)
  • Inscrición no rexistro de instalacións eléctricas receptoras ( 32.19.04)
  • Modificación no rexistro de instalacións eléctricas receptoras ( 32.19.32)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Co fin de efectua-la súa inscrición no rexistro, ó instalador autorizado deberá cumprimentar e presentar na antedita delegación o impreso de solicitude correspondente ó procedemento 614C xunto con:

  • Documento que recolla os principais datos e características da instalación que pode ser un dos dous seguintes:

    • a) Proxecto e o certificado de dirección de obra asinado polo correspondente técnico titulado, no caso de que as carácterísticas das intalacións se encontren comprendidas nas indicadas no punto terceiro da Instrucción Técnica Complementaria 04, Regulamento Electrotécnico de baixa tensión. (ITC-BT-04)

    • b) Memoria Técnica de Deseño (MTD), redactada sobre os impresos publicados na Orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de 23 de xullo de 2003 (DOG 152) e a súa corrección de erros, asinada polo instalador autorizado para a categoría da instalación correspondente ou técnico titulado, para as instalacións non incluídas no punto terceiro da ITC-BT-04, sexan as instalacións novas, ampliación ou modificación

  • Certificado de Instalación emitido por instalador autorizado

  • Anexo de información ó usuario e croque de trazado da instalación

  • Certificado de inspección inicial con cualificación de resultado favorable, de Organismo de Control nos caos indicados no apartado 4 da ITC-BT-05

  • Copia de documento que identifique ó titular da instalación

  • A presentación das solicitudes dos procedementos que se indican no anexo I da Resolución do 22 de xullo de 2014, realizarase unicamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, e na oficina virtual de Industria, http://oficinavirtualindustria.xunta.es, de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade (DNI) electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

    A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 23 de xullo de 2003 pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto (DOG nº 152 do 7 de agosto de 2003)

    • Corrección de erros.-Orde do 23 de xullo de 2003 pola que se regula a aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia do Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado polo Real decreto 842/2002, do 2 de agosto (DOG nº 178 do 15 de setembro de 2003)

    • Orde do 2 de febreiro de 2005 pola que se modifican os modelos de impresos relativos ao rexistro e posta en servizo das instalacións eléctricas de baixa tensión, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 43 do 3 de marzo de 2005)

    • Resolución do 22 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación electrónica de diversos procedementos (DOG nº 160 do 25 de agosto de 2014).

    • Resolución do 6 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se amplía o prazo para a presentación en soporte papel de diversas solicitudes (DOG nº 224 do 21 de novembro de 2014).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE nº 224 do 18 de setembro de 2002).

Outros procedementos relacionados

FA005A

Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano