Guía de procedementos e servizos

IN613M

Renovación do carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE
O carné está regulado no anexo VII do Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido da Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-4» do Regulamento de aparatos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsados (BOE núm. 170, do 17/07/2003).

No punto 3 do anexo VII disponse o seguinte:

3. Requisitos para a obtención do carné.

A obtención do carné pódese realizar por dúas vías. Por un lado requirirá a concorrencia dos seguintes requisitos:

a.Estar en posesión do título de graduado en educación secundaria obrigatoria (*)

b.Ter cumpridos 18 anos no momento de realizar a solicitude do curso que se cita no parágrafo c.

c.A superación dun curso teórico-práctico impartido por unha entidade acreditada polo órgano competente da comunidade autónoma.

d.A superación dun exame teórico-práctico realizado polo órgano competente da comunidade autónoma na que radique a entidade que impartiu o curso.

Por outro lado, obterase directamente o carné de operador de guindastre móbil autopropulsado cando se dispoña dun título de formación profesional ou dun certificado de profesionalidade incluído no Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, cuxo ámbito competencial coincida coas materias obxecto do Regulamento de aparatos de elevación e manutención destes, aprobado polo Real Decreto 2291/1985, do 8 de novembro, e desta Instrución Técnica Complementaria.

En ambos os dous casos, superar un exame médico, psicotécnico e físico, específico para este tipo de actividades, que inclúe exame sobre agudeza visual, sentido da orientación, equilibrio e agudeza auditiva.

(*) As titulacións declaradas equivalentes están reguladas nas disposicións seguintes:

•Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (disposición adicional trixésimo primeira) (BOE núm. 106, do 04/05/2006)

•Orde EDU/1603/2009, do 10 de xuño, modificada pola Orde EDU/520/2011, do 7 de marzo, pola que se establecen equivalencias cos títulos de Graduado en Educación Secundaria e de Bacharelato regulados na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. (BOE núm. 146, do 17/06/2009 e BOE núm. 62, do 14/03/2011)

En abril do ano 2010 a Consellería de Economía, Emprego e Industria asinou un acordo de coodinación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para establecer un marco de actuación no proceso de obtención de carnés profesionais. Como consecuencia dese acordo, Educación está a asumir de forma progresiva a xestión dos distintos carnés e habilitacións profesionais.

Debido o cal as solicitudes para obter o carne profesional debe obterse do procedemento ED527A.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981184904

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294659/ 982294814

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Pontevedra (Vigo)

Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social de Vigo

EDIFICIO ADMTVO. PRAZA DA ESTRELA, 9, 6º

36203  Vigo  (Pontevedra)

Servizo de Administración Industrial - Segapi

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Copia do carne profesional a renovar.

  • Psicotecnico ou certificado medico.

  • Xustificante do pagamento das taxas administrativas (Código: 32.07.02).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido da Instrucción técnica complementaria «MIE-AEM-4» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsados.(BOE nº 170, do 17 de xullo de 2003).

Outros procedementos relacionados

FA005A

Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano