Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN532A
Axudas para a renovación total ou parcial de ascensores.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e pola finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.
3. A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e o seu esgotamento comportará a non admisión das solicitudes posteriores.
Por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2017.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.
1. Terán a consideración de actuacións subvencionables a renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual, cando menos, do 35 % no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable na seguridade.
Estas actuacións levaranse a cabo en ascensores xa instalados que conten co Rexistro de Aparello Elevador (RAE).
2. De acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, considéranse gastos subvencionables aqueles que de xeito indubidable respondan á naturaleza da actividade subvencionada.
Os gastos subvencionables deberán ser ofertados, orzados, realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite establecida para a presentación da documentación xustificativa da subvención (15 de novembro de 2017). Todos os investimentos obxecto de axuda deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables a partir da data de xustificación do investimento.
Consideraranse subvencionables os custos en equipamentos, materiais, obra civil, man de obra e os impostos indirectos asociados para a reforma e posta en servizo do ascensor, de xeito que este quede operativo. Estes gastos deberán corresponder de maneira indubidable coas actuacións subvencionables.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar coa solicitude de subvención, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía. Deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Non se considerarán subvencionables:
- Os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento.
- Os gastos realizados en bens usados.
3. Os traballos deberán realizalos empresas mantedoras/conservadoras habilitadas de acordo coa lexislación vixente en materia de ascensores e, de ser o caso, deberán contar co correspondente proxecto técnico de modificacións esenciais.
4. Non se considerarán subvencionables as actuacións cun investimento inferior a 5.000 euros por ascensor.
5. Non se considerarán subvencionables aqueles conceptos das facturas que non se poidan facer corresponder, dun xeito inequívoco, cos considerados como subvencionables.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial
Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957187/ 981545572
Fax: 981957192
Email: cei.sxai@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
07/03/2017 00:00 - 06/06/2017 23:59
Tres meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, agás que se produza o suposto de esgotamento de crédito.
Ademais, os beneficiarios deben estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Xunto coas solicitudes deberá achegarse a seguinte documentación:
A) Documentación administrativa:
A.1. Formulario normalizado de solicitude composto polo anexo II asinado polo/a presidente/a da comunidade ou representante designado por este/a. A representación deberá acreditarse a traves do modelo normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia ou por calquera outro medio válido en dereito. O modelo normalizado pódese descargar na seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/modelos-normalizados.
A.1.1. Anexo II: modelo normalizado de solicitude que inclúe:
Datos identificativos do solicitante e do investimento.
Declaración de que os datos que figuran na solicitude, nos seus anexos e demais documentación son certos.
Declaración expresa de que coñece e admite as condicións da convocatoria e cumpre cos requisitos establecidos nesta.
Declaración expresa de que os provedores non están vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións previstas no número 7 do artigo 27 da Lei 9/2007, nin no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da antedita lei.
Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no número 2 do artigo 10 da Lei 9/2007.
Declaración responsable de que o número da conta bancaria onde se debe realizar o pagamento e certo e ten como titular a comunidade beneficiaria da subvención.
Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para o mesmo proxecto e conceptos, procedentes doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
A.2. Documentación xurídico-administrativa da comunidade solicitante:
A.2.1. NIF da entidade solicitante, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
A.2.2. Acta onde conste o nomeamento do presidente ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a esta cuestión.
A.2.3. Acta onde conste o acordo da xunta de propietarios, coa maioría legalmente establecida, para solicitar a subvención ou certificado expedido polo secretario da comunidade referente a esta cuestión.
A.2.4. No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha debeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
B) Documentación xustificativa dos investimentos:
B.1. Memoria descritiva das actuacións subvencionables realizada pola empresa mantedora/conservadora, en que se xustifiquen os aforros enerxeticos ou o incremento da seguridade. A devandita memoria deberá incluír, como mínimo:
Inmoble: número de vivendas, número de andares servidos polo ascensor (paradas) e número de ascensores que traballan en paralelo, incluído o propio ascensor renovado.
Descrición detallada das actuacións que se pretende realizar.
Características do ascensor existente e do posterior, logo da súa renovación.
Cálculos que xustifiquen a redución do consumo enerxetico ou xustificación do incremento na seguridade.
B.2. Orzamento desagregado e detallado dos investimentos por ascensor.
B.3. Cando resulte de aplicación, segundo o indicado no número 2 do artigo 2, copia das tres ofertas solicitadas e, en caso de non se optar pola máis vantaxosa, memoria xustificativa da elección. No caso de non presentar as ofertas por concorrer algunha das circunstancias indicadas na citada base, deberá indicar o motivo.
As solicitudes deberán presentarse unicamente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 28 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante, supere os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
A documentación complementaria presentada de forma presencial incluirá orixinais ou copias cotexadas.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo e inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Xustificación
- Anexo III
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 27 de xaneiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións destinadas á renovación total ou parcial de ascensores existentes pertencentes a comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal, radicadas na Comunidade Autónoma de Galicia (Plan Renove de ascensores), e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 45 do 6 de marzo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano