Guía de procedementos e servizos

IN519D

Subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 01/02/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

Consellería de Economía e Industria

O reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento da Comunidade Autónoma de Galicia, co fin de fomentar a implantación e fixación de empresas.

Os beneficiarios das axudas serán os concellos que realicen investimentos para o reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais existentes ou en desenvolvemento no seu termo municipal.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Subdirección Xeral de Administración e Seguridade Industrial

R/ Avelino Pousa Antelo, nº 5 (San Lázaro)

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957186/981545572

Email: cei.sxai@xunta.gal

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Prazo de presentación: PECHADO

01/02/2024 00:00 - 30/04/2024 23:59

 O prazo de presentación de solicitudes será de tres meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

1. Só poderán ser beneficiarios da liña A os concellos que obtiveron unha axuda na convocatoria 2022-2023 para o mesmo proxecto que se presenta e presentaron unha renuncia á axuda por falta de tempo para obter as autorizacións e executar os proxectos.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Ademais, só poderán ser beneficiarios os concellos que cumprisen co deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, de acordo co disposto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algún dos concellos interesados presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Solicitude e documentación complementaria.

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indique na convocatoria.

2. Só se poderá presentar unha solicitude por parque empresarial.

3. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documento actualizado acreditativo da capacidade con que actúa o representante do concello solicitante.

b) Acordo do Pleno do concello, ou do órgano municipal que exerza a atribución competencial, expedido con anterioridade ao prazo de presentación de solicitudes, onde se exprese a intención de acometer a actuación obxecto da solicitude de axuda.

c) Prego de condicións técnicas dos traballos de reforzo e extensión que se vaian realizar, elaborado pola distribuidora, segundo se establece no artigo 25.3 do Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica.

d) Orzamento dos traballos de reforzo e extensión que se realizarán, elaborado a partir do prego de condicións técnicas indicado no punto anterior, realizado pola distribuidora ou por unha empresa instaladora habilitada.

e) Cronoloxía prevista para as actuacións propostas, indicando os aspectos críticos que poden condicionar a execución do proxecto por causas alleas ao concello solicitante. Na dita cronoloxía a Secretaría Xeral de Industria será informada de todas as autorizacións necesarias para levar a cabo as actuacións propostas e o momento temporal en que se atopa o solicitante en relación con cada unha das ditas autorizacións.

f) Documento acreditativo da remisión das contas ao Consello de Contas.

g) De ser o caso, certificado conxunto da Fegamp e da Xunta de Galicia en que se acredite a proposta de habilitación do concello como Concello emprendedor-Concello Doing Business ou diploma en que se acredita como Concello emprendedor-Concello Doing Business, expedidos con anterioridade ao remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algún dos concellos presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirido para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Os concellos responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo concello, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

7. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que os concellos deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que o concello se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade local solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

d) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

e) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. No caso de que os concellos se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso do concello para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar aos concellos a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 22 do 31 de xaneiro de 2024).

    • Resolución do 1 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 158 do 19 de agosto de 2024).

    • Orde do 22 de outubro de 2024 pola que se amplía o prazo de xustificación da subvención correspondente á anualidade 2024 establecido na Orde do 4 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas ao reforzo e extensión das redes de distribución eléctrica que dan servizo aos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG nº 207 do 25 de outubro de 2024).

Outros procedementos relacionados

IN223B

Obtención/renovación do selo de mercado excelente.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN418E

Subvencións para planificación enerxética de entidades locais e comunidades enerxéticas

Prazo aberto: 20/01/2025 09:00 - 15/05/2025 23:59

IN308C

Subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 15/02/2023 00:00 - 03/07/2023 23:59

IN421G

Proxectos de enerxías renovables térmicas.

Prazo pechado: 26/05/2021 00:00 - 25/06/2021 23:59