Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN501A - Axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia.
1. Esta resolución ten por obxecto a aprobación das bases reguladoras que regulan as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento e destaquen a importancia estratéxica da industria forestal, a competitividade, o deseño e innovación e o desenvolvemento sustentable, en concordancia coa Estratexia de formación e coa Axenda de Impulso da Industria Forestal, e a súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2020 (código de procedemento IN501A).
2. A finalidade desta resolución é mellorar e reforzar as habilidades profesionais para incrementar a competitividade e o coñecemento en todas as fases da cadea de valor, así como colaborar coa finalidade das asociacións do sector. Estas axudas teñen como obxectivo estratéxico contribuír a unha concienciación colectiva baseada na percepción da industria forestal como unha industria estratéxica, innovadora, moderna e peza clave na transición cara ao novo modelo de economía circular, favorecendo a participación dos axentes clave na divulgación da utilidade da madeira e os seus produtos derivados.
Proxectos subvencionables
1. Nos termos desta resolución, serán subvencionables os proxectos que integren actividades de carácter formativo non regrado, así como actividades de carácter divulgativo que promovan a industria forestal de Galicia como unha industria estratéxica e de futuro.
2. Os proxectos recollerán:
a) Organización de actividades formativas non regradas, tales como cursos ou pílulas formativas relacionados coa industria forestal. En concreto, subvencionaranse as seguintes actividades:
a.1) Formación específica non regrada:
1º. Habilidades e coñecementos na xestión de aproveitamentos madeireiros, na xestión de aproveitamentos non madeireiros tales como a resina (quedan excluídos os alimentarios como fungos, froitos, mel, aromatizantes e medicinais), en tratamentos silvícolas e na utilización de maquinaria forestal.
2º. Habilidades no manexo de maquinaria de primeira transformación, así como do coñecemento dos procesos industriais de serradura, secado, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira que contribúan á súa valorización comercial.
3º. Habilidades no manexo de maquinaria de segunda transformación, control numérico CNC, así como no desenvolvemento de proxectos de instalación e amoblamento.
4º. Incorporación do deseño como ferramenta de innovación e diferenciación nos produtos de madeira ao longo de toda a cadea de valor e, en particular, na carpintaría e o moble.
5º. Deseño e cálculo de estruturas de madeira, mecanizado, montaxe, así como reparación, rehabilitación e intervencións en estrutura de madeira.
6º. Competencias profesionais para a caracterización e clasificación de madeiras locais
a.2) Formación non regrada de carácter transversal:
1º. Seguridade e saúde nos procesos da cadea forestal que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a reciclaxe neste eido.
2º. Competencias para o manexo de software e TIC no ámbito da industria forestal.
3º. Habilidades directivas e formación en métodos de xestión ou dirección.
4º. Implantación de procesos de certificación forestal (FSC e PEFC), dilixencia debida, así como métodos de monitorización de orixe e destino da madeira.
b) Organización de actividades de divulgación: xornadas, conferencias, seminarios, charlas ou visitas instrutivas en colexios, universidades ou outros centros, ou en xeral calquera acción de divulgación sobre a industria forestal. En concreto, subvencionaranse as seguintes actividades:
1º. Difusión das vantaxes ambientais do uso da madeira e da súa contribución á sustentabilidade e á economía circular, así como das ferramentas que facilitan a súa cuantificación e comunicación: análise de ciclo de vida, ecodeseño, etiquetaxes ambientais, etc.
2º. Novos usos da madeira na construción.
3º. Materiais derivados da madeira e as súas últimas innovacións.
4º. Necesidade de certificación (PEFC e FSC) da xestión forestal, implantación da cadea de custodia e dilixencia debida, así como métodos de monitorización da orixe e destino da madeira.
5º. Nova demanda de produtos madeireiros: valorización e aproveitamento da biomasa para a produción de enerxía.
1. Poderán ser beneficiarias, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta resolución:
a) Asociacións, organizacións e entidades sen ánimo de lucro representativas ou relacionadas co sector forestal.
b) Agrupacións empresariais innovadoras (AEI).
c) Colexios profesionais cando os proxectos subvencionables se correspondan co seu obxecto e fins sociais, segundo o disposto nos seus estatutos.
1. Con carácter xeral, as entidades beneficiarias deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Estar legalmente constituídas e inscritas nos rexistros competentes e estar ao día das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.
b) Non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nin ter pendentes de pagamento débedas coa Comunidade Autónoma, así como estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
c) Realizar as actividades obxecto da axuda no ámbito territorial de Galicia.
2. As entidades solicitantes poderán concorrer ás axudas de xeito individual ou conxuntamente con outras das sinaladas no parágrafo primeiro deste artigo. Neste último suposto, todas estas entidades solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
No caso de presentación conxunta, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das entidades solicitantes, así como o importe da subvención que se aplicará por cada unha delas, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como entidade beneficiaria, corresponden á agrupación.
3. Unicamente poderá presentarse un proxecto por solicitante, agás no caso de proxectos conxuntos. En caso de presentar máis dunha solicitude individual terase en conta a presentada en último lugar e procederase á inadmisión das restantes presentadas.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38 (San Lázaro)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995472 / 881995473/881995474/881995479
Email: xera.ceei@xunta.gal
Axencia Galega da Industria Forestal
Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).
Extracto da Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).
Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento para a convocatoria, para o ano 2020, das axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia e, en consecuencia, proceder á aprobación das bases reguladoras e á consecuente publicidade da convocatoria (DOG nº 94 do 15 de maio de 2020).
Resolución do 18 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020 as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (DOG nº 238 do 25 de novembro de 2020).
Corrección de erros. Resolución do 18 de novembro de 2020 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2020 as axudas para a organización de actividades formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (DOG nº 243 do 2 de decembro de 2020).
Prazo de presentación: PECHADO
16/05/2020 00:00 - 15/06/2020 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao de publicación no DOG desta resolución.
Acórdase a continuación da tramitación do procedemento nos termos previstos na Resolución do 5 de maio de 2020 da Axencia Galega da Industria Forestal.
1. Para poder ser beneficiario/a da subvención deberá presentarse unha solicitude dirixida á Axencia Galega da Industria Forestal axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 10 desta resolución. As solicitudes presentaranse co contido mínimo exixido no citado artigo para os efectos de considerarse solicitude completa.
2. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, de conformidade co establecido nos artigos 14.2 e 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; no artigo 31 da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, e no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
3. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos.
4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
f) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.
g) Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no proxecto para o cal se solicita a axuda.
h) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o cal solicita a axuda.
i) Declaración responsable de que ningún dos provedores e relatores está asociado nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
Documentación complementaria
1. As entidades interesadas deberán achegar obrigatoriamente coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Copia dos estatutos da entidade solicitante en que figure o seu obxecto social. Cada entidade achegará a documentación que se indica nesta alínea, no caso de solicitudes conxuntas.
b) Certificación do rexistro competente que acredite a súa inscrición nel, así como que está ao día no cumprimento das obrigas referidas ao depósito de documentos e inscrición de acordos nos ditos rexistros.
Cada entidade achegará a documentación que se indica nesta alínea, no caso de solicitudes conxuntas.
c) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude. Cada entidade achegará a documentación que se indica nesta alínea, no caso de solicitudes conxuntas.
d) Anexo II de pluralidade de persoas solicitantes, no cal se detallarán todos os solicitantes a maiores do que figura no anexo I, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo integra para cada entidade solicitante a autorización á entidade sinalada como representante para a presentación da solicitude en nome do resto.
e) Anexo III, de declaración expresa doutras axudas e cumprimento de requisitos, para cada entidade solicitante, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente. Este anexo, integra para cada entidade solicitante as declaracións responsables a que se refire o punto 5 do artigo 9.
f) Documento en que se acorde a colaboración entre as entidades solicitantes, a designación da que as representa, os compromisos asumidos económicos e/ou materiais por cada unha delas para a execución das actividades e o importe de subvención solicitado por cada unha, no caso de solicitudes formuladas conxuntamente por varias entidades.
g) No caso de actividades en que participen universidades ou institutos de innovación recoñecidos, deberá achegarse documentación xustificativa da colaboración na realización das actividades.
h) Proxecto en que se recollan as actividades formativas non regradas e de divulgación de cada entidade, que será asinado pola persoa que exerza a representación legal da entidade. O proxecto que se presente contará cun índice de actividades que levará a cabo ou xa realizadas. Xa que logo, para cada acción ou actividade incluída no índice do proxecto deberá achegarse a seguinte documentación, coa estrutura que se indica a continuación:
1º. Memoria explicativa do proxecto segundo o anexo IV (unha soa memoria por solicitude), detallando as actividades que se desenvolverán, conforme ao anexo V (cubrir un anexo por actividade), e os orzamentos detallados segundo o anexo VI (un anexo por cada edición).
2º. Entidades formativas que colaboren ou participen no desenvolvemento da actividade, se é o caso.
3º. Orzamento de gastos detallado e individualizado por conceptos, segundo se recolle no anexo VI (un anexo por cada edición da actividade), co IVE desagregado, que concrete a achega que realizará a entidade solicitante no seu financiamento e a porcentaxe da actividade que se pretende subcontratar, de ser o caso.
No caso de gastos de persoal propio, detallaranse con claridade aqueles que se imputan á actividade.
4º. Orzamento de ingresos: faranse constar os ingresos obtidos pola realización de cada actividade.
i) Se é o caso, certificado de exención do IVE ou da porcentaxe de pro rata.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de maneira presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos establecidos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 53.d) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sempre que se faga constar a data e o órgano ou dependencia en que foron presentados, sempre e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificación de estar ao día das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).
d) Certificación de estar ao día das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
e) Certificación de estar ao día das obrigas coa Consellería de Facenda.
f) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado na solicitude de inicio (anexo I), así como achegar os devanditos documentos
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de resolución
- Comunicación previa (anexo VIII)
- Aceptación ou renuncia (anexo VII)
- Fase de Xustificación
- Análise estatística dos asistentes (Anexo XII)
- Declaración doutras axudas / declaracións responsables (xustificación) (Anexo III)
- Solicitude de pagamento (Anexo XIII)
- Asistentes por edición (Anexo XI)
- Memoria xustificativa de actividades (Anexo IX)
- Xustificación por edición (Anexo X)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"