Guía de procedementos e servizos

IN414C

Subvencións renovación de electrodomésticos.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 08/02/2023 09:00 - 02/10/2023 23:59

Consellería de Economía e Industria

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Actuacións que se subvencionan.

1. As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:

Son subvencionables a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e coa etiqueta de clasificación establecida na mesma táboa, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento (UE) 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello). No caso das placas, é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total (placas que teñan soamente tecnoloxía de indución, non mixtas). Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

Electrodomésticos subvencionables

Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Conxelador con clasificación enerxética A, B, C ou D

Lavadora A, B ou C

Lavalouzas A, B ou C

Placas de indución total (soamente tecnoloxía de indución, non mixtas)

2. Con carácter xeral, e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da instalación establecido no artigo 24.

En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado nin o importe da subvención superar o custo do equipamento.

As persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Dirección Inega

Xerencia do Inega

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541534

Email: inega.info@xunta.gal

www.inega.gal

Presencialmente,previa cita no teléfono 981541500

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

08/02/2023 09:00 - 02/10/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 8 de febreiro de 2023 ás 9.00 horas (inicio do período subvencionable) e rematará o 30 de setembro de 2023 ou cando se esgoten os fondos. A entidade colaboradora terá que cubrir e confirmar o formulario de solicitude de axuda (anexo IV).

1. Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 destas bases reguladoras nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Solicitudes.

1. As entidades colaboradoras adheridas son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e a documentación complementaria). O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará na data e hora prevista no artigo 4.5 desta resolución pola que se aproban estas bases e finalizará o 30 de setembro de 2023.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas entidades colaboradoras.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das entidades interesadas presenta a solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria, e xerará a solicitude do beneficiario. Cada entidade colaboradora só poderá ter unha única sesión aberta.

3. A entidade colaboradora presentará electronicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo IV. Previamente a presentar a solicitude, a aplicación permitirá imprimir o documento de representación conforme o anexo V que deberá ser asinado polo solicitante e pola persoa autorizada para a representación, dixitalizado, e xuntarse á solicitude da axuda.

4. Os fondos solicitados e os vixentes poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles. Polo tanto, a axuda máxima para conceder ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.

De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.

As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lle corresponda.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6. Respecto á obriga de acreditar o cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, no caso de que as subvencións non superen os 3.000 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, transferencias de capital destinadas a familias e institucións sen fin de lucro, substituirase pola declaración responsable do solicitante de estar ao día, segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, esta declaración esta incluída no formulario de solicitude (anexo IV) na epígrafe «A persoa solicitante ou representante declara».

7. Unha vez presentada a solicitude reservaranse os fondos asociados á axuda durante o prazo de execución previsto no artigo 24. Se neste prazo non se presenta a solicitude de pagamento indicada no artigo 15 entenderase que o solicitante desiste da súa solicitude e perderá o dereito á reserva de fondos, reasignándose os fondos ás solicitudes que eventualmente se atopen na listaxe de espera segundo a orde de prelación que corresponda.

Documentación complementaria

1. As entidades colaboradoras deberán achegar coa solicitude (anexo IV) a seguinte documentación:

– Autorización para a representación segundo o anexo V.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das entidades colaboradoras presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

As entidades colaboradoras responsablilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos (10 MB) ou teña un formato non admitido, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Certificacións de estar ao día no pagamento coa AEAT, Seguridade Social e Facenda Autonómica.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante.

d) NIF da entidade representante.

e) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

f) Concesión de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2023).

    • Extracto da Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (DOG nº 11 do 17 de xaneiro de 2023).

    • Corrección de erros. Resolución do 12 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (DOG nº 23 do 2 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano