Guía de procedementos e servizos

IN414C

Subvencións Plan Renove de electrodomésticos e domótica enerxética.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 01/07/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59

Consellería de Economía e Industria

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética en vivendas situadas en Galicia por parte de persoas físicas que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución.

Actuacións que se subvencionan

1. As actuacións que se subvencionan son a renovación de electrodomésticos e a incorporación de domótica enerxética en vivendas sitas na Comunidade Autónoma de Galicia que cumpran os seguintes requisitos e que se denominarán actuación 1 e actuación 2, respectivamente:

a) Actuación 1. Plan Renove de electrodomésticos.

É subvencionable a renovación de electrodomésticos das tipoloxías indicadas na seguinte táboa por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética A+++. No caso das placas é subvencionable a substitución da placa preexistente de calquera tecnoloxía por outra nova de indución total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.

  • Frigorífico e frigorífico-conxelador con clasificación enerxética A+++

  • Conxelador con clasificación enerxética A+++

  • Lavadora A+++

  • Lavalouza A+++

  • Placas de indución total

b) Actuación 2. Instalacións domóticas enerxéticas.

Son subvencionables as novas instalacións de elementos domóticos enerxéticos citados na seguinte táboa e a adaptación das instalacións existentes para a súa integración efectiva:

  • Monitorización térmica da vivenda (sensores de humidade, temperatura, CO2 e/ou radon e termóstatos comunicados cun equipamento centralizado)

  • Monitorización eléctrica da vivenda (medidores de consumo, racionalizadores de potencia, actuadores para a programación de acendidos e fotocélulas comunicados cun equipamento centralizado)

Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións establecidas no artigo 3 nunha vivenda sita na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal

Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigas das persoas beneficiarias as establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en particular, as seguintes:

a) Someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro dos órganos competentes da Administración autonómica, estatal e comunitaria no exercicio das súas funcións.

b) Xustificar ante o Inega a través da entidade colaboradora, cando proceda, que cumpre cos requisitos ou condicións que determinan a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.

c) Acreditar ante o Inega a través da entidade colaboradora, no momento de presentar a solicitude da axuda, que está ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Realizar o pagamento das facturas antes da data en que deban presentarse ante o Inega. Este pagamento debe estar debidamente documentado, tal e como se establece no artigo 15 destas bases reguladoras.

e) Cando non poida executar o proxecto deberá desistir da súa solicitude.

f) O beneficiario está obrigado a respectar o destino do investimento, polo menos, os dous (2) anos posteriores á data da resolución de pagamento final, salvo que existan prazos de maior amplitude aplicables no ámbito da Xunta de Galicia para proxectos determinados, caso en que se aplicarán estes.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, que poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Toda referencia ás actuacións subvencionadas en publicacións, actividades de difusión, páxinas web e, en xeral, calquera medio de difusión deberá incluír o símbolo e o logotipo da Xunta de Galicia e do Inega, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541538

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

01/07/2020 00:00 - 30/09/2020 23:59 Ás 9:00 horas

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 1 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 1 e o día 2 de xullo de 2020 ás 9.00 horas para a actuación 2 e rematará o 30 de setembro de 2020 ou cando se esgoten os fondos.

  • Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Os requisitos para obter a condición de persoa beneficiaria deberanse cumprir, como máis tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes subscribiranas directamente as entidades colaboradoras.

Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas a esta convocatoria de axudas.

2. A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web do Inega, www.inega.gal, de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para o acceso á aplicación de presentación das solicitudes será necesario o número do NIF e o contrasinal determinado polas entidades colaboradoras.

A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria, e xerará a solicitude do beneficiario. Cada entidade colaboradora só poderá ter unha única sesión aberta.

3. A solicitude (anexo IV) imprímese obrigatoriamente desde a aplicación informática.

A entidade colaboradora presentará telematicamente desde a aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo representante, mediante o formulario normalizado accesible desde a citada aplicación informática e que se xunta como anexo IV. Previamente a presentar a solicitude, a aplicación permitirá imprimir o documento de representación conforme o anexo V, que deberá ser asinado polo solicitante, dixitalizado e xuntarse á solicitude da axuda.

4. Os fondos solicitados e os vixentes poderán visualizarse en todo momento a través da aplicación informática. Unha vez presentada unha solicitude, a aplicación informática descontará a contía de axuda correspondente ao expediente dos fondos dispoñibles. Polo tanto, a axuda máxima que se concederá ao expediente estará limitada pola axuda indicada na solicitude inicial.

De chegarse a esgotar os fondos dispoñibles, as seguintes solicitudes presentadas incluiranse nunha listaxe de espera; no momento da presentación, a aplicación informática informará da posición que ocupa a solicitude na listaxe de espera.

As inadmisións, desistencias, denegacións, renuncias e minoracións de solicitudes con fondos asignados liberarán fondos que poderán ser reasignados aos expedientes que se atopen en listaxe de espera segundo a orde de prelación que lles corresponda.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

6. Unha vez presentada a solicitude reservaranse os fondos asociados á axuda durante o prazo de execución previsto no artigo 23. Se neste prazo non se presenta a solicitude de pagamento indicada no artigo 15 entenderase que o solicitante desiste da súa solicitude e perderá o dereito á reserva de fondos, e os fondos reasignaranse ás solicitudes que eventualmente se atopen na listaxe de espera segundo a orde de prelación que lles corresponda.

Documentación necesaria para a tramitación do procedemento

1. Co envío da solicitude (anexo IV) deberase incluír dixitalmente e en formato PDF, con tamaño máximo por arquivo individual de 5 MB, a autorización para a representación segundo o anexo V asinada polo solicitante.

2. Respecto á obriga de acreditar o cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social coa Administración pública da Comunidade Autónoma, coa Administración do Estado e coa Seguridade Social, no caso de que as subvencións non superen os 3.000 euros individualmente e se concedan con cargo aos créditos orzamentarios do capítulo VII, Transferencias de capital destinadas a familias e institucións sen fin de lucro, substituirase pola declaración responsable do solicitante de estar o día, segundo o disposto no artigo 11 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A declaración esta incluída no formulario de solicitude (anexo IV) na epígrafe «A persoa solicitante ou representante declara».

3. Todos os trámites administrativos que as entidades colaboradoras deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da aplicación informática habilitada para estas axudas, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) ou da páxina web do Inega (www.inega.gal).

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento poderán consultarse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante cando sexa unha persoa física.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esa consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario normalizado IV, solicitude.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Tres meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Corrección de erros. Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (DOG nº 110 do 08 de xuño de 2020).

    • Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN414B e IN414C). (DOG nº 99 do 25 de maio de 2020).

    • Extracto da Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética, en réxime de concorrencia non competitiva, así como a selección das entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2020 (códigos de procedemento IN414B e IN414C). (DOG nº 99 do 25 de maio de 2020).

    • Resolución do 5 de agosto de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 28 de abril de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a renovación de electrodomésticos e a implantación de domótica enerxética para o ano 2020 (código de procedemento IN414C) (DOG núm. 160, do 11 de agosto de 2020)

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano