Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN201G
Subvención para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento da comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesás/ans (código de procedemento IN201G).
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis (agás no caso dos concellos), polo que non poderán exceder os límites cuantitativos de 200.000 € nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24.12.2013, L352/1).
3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.
4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as previstas no artigo 4, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 20. Así mesmo, excepcionalmente considérase subvencionable a organización e participación en feiras do período do Nadal 2020/21 e os gastos efectuados desde o 1 de novembro ata o 31 de decembro de 2020 derivados destas.
Actuacións subvencionables.
1. Actuacións de comercialización física subvencionables.
1) Titulares dos obradoiros artesanais
Considéranse actuacións subvencionables a participación como expositora/or en feiras ou eventos de interese artesanal, nacionais ou internacionais:
a) Feiras profesionais de artesanía.
b) Feiras non profesionais.
c) Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2020/21.
As ditas feiras deberán ter indubidable interese comercial para o sector artesanal galego.
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar un informe da Fundación Pública Artesanía de Galicia ou unha certificación das asociacións profesionais de artesás/áns de Galicia máis representativas que acrediten estas calidades.
Non se considerará subvencionable a participación en feiras cuxa organización sexa subvencionada ás asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns, concellos ou que conten cunha axuda financeira da Fundación Pública Artesanía de Galicia.
A axuda consistirá en tíckets de impulso á comercialización se non dispoñen da documentación acreditativa da actividade realizada, que terán as seguintes modalidades:
a) Tícket de feira profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 500,00 €, 1.000,00 €, 1.500,00 €, 2.000,00 € e 3.000,00 € (IVE excluído), cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. Os tíckets concederanse unicamente para a participación en feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior ás anteditas cantidades.
A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
b) Tícket de feira non profesional cun importe máximo de axuda cada un de: 400,00 € e 750,00 € euros (IVE excluído), cun máximo de 6 tíckets por obradoiro. Os tíckets concederanse unicamente para a asistencia a feiras cuxo investimento subvencionable (sen IVE) sexa igual ou superior ás anteditas cantidades. Quedan excluídas as feiras do período de Nadal 2020/21.
A porcentaxe subvencionable por cada feira acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído).
Dado que a asistencia a feiras do período de Nadal 2020/21 para as cales se solicite subvención xa se realizou ao tempo da presentación da solicitude, deberá presentarse a documentación sinalada no artigo 5, alínea 1.3.1, xunto con esta solicitude.
O importe máximo de axuda para estas feiras de Nadal será do 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 1.500,00 € por cada unha e cun límite de 3 feiras para este período.
Así mesmo, se xa se asistiu a algunha feira a que se refiren as alíneas a) e b) e, polo tanto, xa se conta coa documentación xustificativa que así o acredite, o solicitante poderá substituír a solicitude de tícket pola antedita documentación do artigo 5, alínea 1.3.1, o que sinalará no anexo II.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas estas actuacións subvencionables non poderá superar 8.000,00 €, IVE excluído.
O pagamento do tícket realizarase unha vez que se xustifiquen os gastos nos termos do artigo 20, sempre que se xustifique, como mínimo, o 40 % do importe do tícket concedido.
2) Concellos
Considéranse actuacións subvencionables a organización e celebración de feiras ou eventos de interese artesanal:
a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 15.000,00 € de subvención por feira.
b) Feiras non monográficas de distintos oficios.
A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído). O importe máximo de subvención será de 3.000,00 € por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores sobre o total de postos, de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). O importe máximo de subvención será de 1.500,00 € por feira para as que conten cun mínimo do 40 % de expositores mencionados na alínea anterior.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000,00 €.
3) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns.
Considéranse actuacións subvencionables:
A organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios e que conten cun mínimo dun 80 % de expositores (sobre o total de postos) de produtos artesanais inscritos na Sección Segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns).
– De 10 a 20 expositores: a porcentaxe acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 10.000,00 €.
– De 21 a 29 expositores: a porcentaxe acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 12.000,00 €.
– Mais de 30 expositores: a porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento subvencionable (IVE excluído), cun máximo de 15.000,00 €.
O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000,00 €.
2. Gastos subvencionables:
a) Son gastos subvencionables para a asistencia a feiras como expositor/a:
– Os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata.
– Os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira.
– O transporte do material expositivo realizado por un transportista profesional.
– No caso de feiras internacionais, os servizos de tradución e de transporte realizados por un transportista profesional.
b) Son gastos subvencionables para a organización de feiras:
– A infraestrutura e os servizos propiamente feirais.
– A publicidade
En todo caso, no suposto dos concellos, os gastos subvencionables deberán cumprir o establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidade locais galegas.
3. Non se consideran gastos subvencionables:
a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de custo de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.
b) Organización e celebración de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de custo de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.
c) Organización, celebración e participación de feiras de carácter gastronómico, turístico e festivais musicais.
d) Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
e) Aqueles que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable e/ou directamente relacionada coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
As persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Área Central, 1º-Local 25MN.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999171/ 881999175
Fax: 881999170
Email: centro.artesania@xunta.gal
http://artesaniadegalicia.xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902120012
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999178/ 9815455 99
Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
Desde o resto do Estado: 902120012
Prazo de presentación: PECHADO
23/07/2021 00:00 - 23/08/2021 23:59
O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de termo ata o último día de prazo para a presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.
2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na Sección Segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
Lugar de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente pola vía electrónica, a través do formulario normalizado, anexo II, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).
Solicitudes e documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.
1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e prazo que se indican no artigo 3 da orde de convocatoria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:
1.1. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns
a) Anexo V.
b) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se for o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.
c) Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da entidade solicitante ou poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica.
d) Se for o caso, documentación acreditativa da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).
e) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e/ou empresarial de artesás/áns que acredite a relación de persoas asociadas que a integran, con indicación do seu NIF correspondente.
1.2. Concellos
a) Anexo V.
b) Xustificante de que se encontra ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
c) Declaración do concello de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda (anexo II).
1.3. Documentación común para todas/os as/os solicitantes, segundo o caso:
1.3.1. Para a participación en actuacións de comercialización física (titulares de obradoiros).
– No caso de que o titular do obradoiro solicite feiras das cales xa dispón de documentación, achegará, xunto coa solicitude (anexo II), a documentación xustificativa segundo o artigo 20 (facturas, xustificantes dos pagamentos, certificación expresa de participación no certame e documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinaléticas). A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar certificación da Fundación Pública Artesanía de Galicia que acredite o indubidable interese comercial para o sector artesanal.
1.3.2. Para a organización de actuacións de comercialización física (concellos e asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns)
– Memoria explicativa do evento (anexo V) en que consten os seguintes aspectos: datas de celebración, horario e lugar; número de edición, relación de expositores e de obradoiros artesáns en que se indicará o NIF do obradoiro ou, se for o caso, do seu responsable para os efectos da súa consulta no RXAG; relación de oficios convocados. No caso de feiras en que ao remate do prazo de presentación de solicitudes aínda non teñan data de convocatoria ou de apertura do prazo de inscrición, presentarase unha relación de estimación de expositores e de obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia que se prevén que poidan participar.
– Bosquexo do recinto feiral; infraestrutura do recinto con servizos con que conta e características das casetas; campaña publicitaria que se vai realizar para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado coa feira.
A Dirección Xeral de Comercio e Consumo solicitará un informe á Fundación Pública Artesanía de Galicia que acredite o carácter subvencionable do evento.
1.3.3. Para todas e respecto de cada unha das actuacións solicitadas:
a) Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola persoa solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou subministren ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberá achegarse na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detallados dos investimentos sobre os cales se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados pola persoa solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionados pola persoa solicitante para a realización do proxecto.
3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores nos seguintes casos:
– Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.
– Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo a persoa solicitante.
b) No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, deberán constar expresamente (anexo IV, declaración-compromiso para os efectos do sinalado no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para o procedemento IN201G 2021) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar a súa achega novamente á persoa interesada.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
7. Para os efectos sinalados no artigo 11 destas bases achegarase, se é o caso, a seguinte documentación que, en ningún caso, será obxecto de requirimento:
– Acreditación da participación e/ou organización de cursos de formación nos últimos 12 meses á data do inicio da presentación da solicitude desta convocatoria.
– Acreditación de páxina web ou sitio da internet e redes sociais para uso comercial.
Comprobación de datos.
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
• DNI ou NIE da persoa solicitante.
• DNI ou NIE da persoa representante.
• NIF da entidade solicitante.
• NIF da entidade representante.
• Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
• Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
• Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
• Consulta de concesións de subvencións e axudas.
• Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
• Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario que corresponda e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Declaracions de outras axudas (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 139 do 22 de xullo de 2021).
-
Extracto da Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán e se convocan para o ano 2021 (DOG nº 139 do 22 de xullo de 2021).
-
Resolución do 25 de novembro de 2021 pola que se publican as subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 9 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.
Aberto todo o ano
Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano