Guía de procedementos e servizos

IN201I

Subvencións aos concellos galegos para a creación de Espazos Activos de Emprendemento Comercial no medio rural.

Procedemento dirixido a: Entidades locais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 15/03/2017 00:00 - 17/04/2017 23:59
Sobre o procedemento

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto fomentar a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, a través dos concellos galegos.

2. O procedemento de concesión destas subvencións, co código de procedemento IN201I, tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e serán compatibles con calquera outra destinada ao mesmo fin, calquera que for a súa natureza e a entidade que a conceda, sempre que, conxuntamente, non supere o custo total da actuación ou proxecto.

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

Considéranse actuacións subvencionables as que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2017 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 16, e que teñan por obxecto a creación de espazos de emprendemento comercial situados en concellos de ata 20.000 habitantes.

Concretamente, será subvencionable a posta en marcha e/ou a adecuación de instalacións de uso comercial co obxectivo de habilitar espazos de emprendemento comercial, que contarán coa oportuna sinalización e de poñer á disposición postos de venda adecuados espacialmente nos cales se desenvolverán actividades comerciais que veñan complementar o mix comercial existente na zona.

Os espazos activos de emprendemento comercial darán prioridade a aquelas iniciativas comerciais que estean vencelladas coa comercialización dos produtos locais, de forma que o mercado poida configurarse como un escaparate e referente dos produtos vinculados ao correspondente territorio.

A porcentaxe subvencionable acadará o 70 % do investimento, cun máximo de 70.000,00 euros de subvención.

Estes investimentos requiren a inclusión, por parte do concello solicitante, dun proxecto para a realización de actuacións de difusión-asesoramento-formación dirixidas as persoas interesadas sobre o novo espazo de emprendemento comercial, así como, de ser o caso, información para o aumento da rendibilidade do posto de venda con técnicas de visual merchandising, colocación do produto e atención ao cliente. Esta actuación terá unha subvención máxima de 600,00 euros, incluída necesariamente no investimento subvencionable.

4. Gastos subvencionables.

De acordo co previsto no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en adiante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, sen admitir dúbida, respondan á natureza da actuación subvencionada.

No suposto de rehabilitación e mellora de bens inventariables cumprirase o estipulado no artigo 29, puntos 4 e 5, da citada Lei 9/2007 e, de ser o caso, as seguintes regras especiais:

– No caso de bens inscritibles nun rexistro público, o beneficiario deberá destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención durante un período de cinco anos.

Os gastos subvencionables deberán estar realizados entre o 1 de xaneiro de 2017 e a data límite de xustificación establecida nestas bases reguladoras. Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, pagados, operativos e verificables na data límite de xustificación do proxecto.

5. Quedan expresamente excluídas do ámbito de aplicación desta orde as actuacións seguintes:

a) Custos relativos á adquisición de bens inmobles e/ou o seu mantemento, así como alugamento de locais.

b) Custos relativos á redacción de proxectos técnicos que non leven aparellada a súa execución.

c) Custos de toda clase de persoal, agasallos promocionais, premios, trofeos, gastos de representación e a realización de recepcións e actos análogos.

d) Campañas de promoción ou calquera outra actuación que teñan por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica ou similares, así como as actuacións promovidas polos centros comerciais abertos ou polas asociacións de praceiras/os das prazas de abastos.

6. Subvencionarase un proxecto por concello e a solicitude presentada terá como obxecto a realización dunha única actuación definida no punto 3 deste artigo. De presentarse máis dunha solicitude, terase en conta a primeira presentada segundo o número e data do rexistro de entrada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia de ata 20.000 habitantes.

Son obrigas do beneficiario as previstas no artigo 11 da Lei 9/2007, e particularmente:

a) Realizar o investimento ou a actuación que fundamenta a concesión da subvención.

b) Acreditar ante a entidade concedente a realización do investimento ou a actividade, así como o cumprimento dos requisitos ou condicións que determinan a concesión ou o desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, ou a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle á entidade concedente a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

e) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos incluídos os documentos electrónicos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

f) Reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g) Declarar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda.

h) Garantir o cumprimento da normativa de axudas de Estado no que atinxe ao destino que se lle dea ás infraestruturas obxecto das subvencións.

i) Cumprir as obrigas de información contidas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184962/ 981184914

Fax: 981184790

Email: axudas-IN223.cei.co@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981544530/ 981545596

Fax: 981545541

Email: cei.dxcomercio@xunta.es

http://economiaeindustria.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294938/ 982294670

Fax: 982294681

Email: axudas-IN223.cei.lu@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º - 4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386712/ 988386717

Fax: 988386727

Email: axudas-IN223.cei.ou@xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817550/ 986817557

Fax: 986817580

Email: invigo@xunta.es

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

15/03/2017 00:00 - 17/04/2017 23:59

Un mes, contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Non poderán acadar a condición de beneficiarios aqueles solicitantes nos cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • Xunto coa solicitude, segundo o modelo normalizado que se inclúe como anexo II deberá achegarse a seguinte documentación:

    • a) Certificación do acordo de aprobación polo pleno do concello, ou do órgano municipal que teña atribución competencial, do proxecto de investimento, da solicitude de subvención coa súa contía exacta e do plan de financiamento do proxecto.

    • b) Certificación acreditativa da dispoñibilidade dos inmobles ou das vías en que estea previsto realizar o investimento, segundo os casos.

    • c) Xustificar que se atopa ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

    • d) Memoria explicativa que considere os seguintes aspectos:

      – Interese, oportunidade e necesidade do investimento.

      – Programa de execución con especificación das datas de inicio e remate previstas, acompañado do orzamento desagregado de gastos.

      – Estado actual do equipamento de que se trate acompañado de reportaxe fotográfica e, se é o caso, detalle das súas instalacións, antigüidade, capacidade comercial e adecuación entre necesidades e funcións que cumpre.

      – Visualización do proxecto que se vai realizar a través de imaxes ou elementos 3D co resultado estético que se procura.

      – En investimentos en mercados e prazas de abastos, indicar a existencia de ordenanza reguladora, horario do servizo, número total de postos de venda, diferenciando a súa localización, sexa interior ou exterior e por tipo de produto, así como o número dos ocupados, segundo modelo normalizado do anexo II. Noutro caso, cadro detallado, por tipoloxía, dos establecementos comerciais existentes na zona concreta da actuación.

    • e) Memoria valorada, asinada por técnico competente, con detalle no nivel de capítulo, das actuacións que se pretenden executar cando se trate da realización de obras.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

    Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou ten un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • No prazo de presentación de solicitudes, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2017).

    • Orde do 16 de xuño de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 122 do 28 de xuño de 2017).

    • Orde do 9 de outubro de 2017 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2017).

    • Orde do 16 de novembro de 2017 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Orde do 2 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións aos concellos galegos para a creación de espazos activos de emprendemento comercial no medio rural, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2017).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN201B

Obtención/renovación do obradoiro artesán

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201G

Subvención para o fomento da comercialización da artesanía galega.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 18/06/2025 00:00 - 17/07/2025 23:59