Guía de procedementos e servizos

IN114A

Concurso público sobre consumo responsable: Consumópolis.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 27/02/2018 00:00 - 27/04/2018 23:59
Sobre o procedemento

1. Esta resolución ten por obxecto convocar e regular a fase autonómica do concurso escolar 2017/18 Consumópolis-13 sobre consumo responsable e calidade de vida que leva por título: «Na publicidade: todo vale?».

2. O concurso consta de dúas partes: o percorrido pola cidade virtual de Consumópolis e o deseño, elaboración e exposición dun traballo en equipo sobre consumo responsable.

3. A primeira parte do concurso consiste na realización do percorrido pola cidade virtual de Consumópolis, que se desenvolve a través do sitio web www.consumopolis.es.

4. A segunda parte do concurso consiste no deseño, elaboración e presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable.

Categorías de participación.

Establécense tres categorías de participación:

– Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.

– Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

– Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidades Autónoma de Galicia.

2. Cada alumno ou alumna participante só poderá formar parte dun equipo. Os equipos deben procurar a paridade, polo que se procurará que cada equipo non teña máis de tres membros do mesmo sexo.

3. Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro.

4. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Escola Galega de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo

15707 

Teléfono: 881999091

Fax: 981957560

Email: igc.escuela@xunta.es

http://consumo.xunta.gal

Escola Galega de Consumo
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

27/02/2018 00:00 - 27/04/2018 23:59

O prazo para a presentación dos traballos á fase autonómica comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 27 de abril de 2018.

Características do traballo en equipo.

1. Cada equipo participante deberá deseñar, elaborar e presentar un traballo sobre consumo responsable en relación coa publicidade dun produto ou servizo concreto. Este traballo realizarase de xeito colaborativo entre todos os membros do equipo.

O traballo consistirá nun cartel ou valo publicitario (mural), e estará composto por unha imaxe (debuxo, fotografía, colaxe, etc.) e un lema ou slogan, cuxo público destinatario serán alumnos e alumnas incluídos no mesmo rango de idade que os participantes.

2. Na elaboración do cartel ou valo publicitario deberán respectarse os principios da educación en valores, de forma que o alumnado reflexione sobre o que está permitido e non permitido na publicidade e tome conciencia daquelas técnicas publicitarias constitutivas de publicidade ilícita.

O resultado final debe consistir nun modelo de boa práctica, de xeito que o traballo reflicta un anuncio non sexista, non discriminatorio, non denigrante nin enganoso, con información clara e veraz, que non induza a erro no público destinatario, e que respecte a dignidade e os dereitos dos menores.

Requisitos técnicos do cartel ou valo publicitario (mural).

1. Deberá reproducirse ou plasmarse sobre unha superficie lisa e moderadamente ríxida (madeira, cartón, papel groso, etc.) en formato A3 (29,7 cm x 42 cm).

2. Deberá situarse en posición horizontal.

3. Para a súa elaboración poderá empregarse calquera técnica, que será de libre elección para o alumnado participante:

1º. Un debuxo, ilustración ou colaxe realizado manualmente con lapis, acuarelas, témperas, rotuladores, etc.

2º. Unha fotografía orixinal (no caso de escoller esta opción, o traballo deberá imprimirse e pegarse sobre unha superficie que reúna as características citadas anteriormente).

3º. Unha montaxe de varios elementos utilizando programas de edición ou tratamento de imaxes de software libre, sempre que a base da composición sexa un traballo orixinal creado polo propio alumnado (no caso de escoller esta opción, o traballo deberá imprimirse e pegarse sobre unha superficie que reúna as características citadas anteriormente).

Requisitos técnicos do lema ou slogan.

1. Deberá ter un ton positivo, de maneira que faga fincapé na construción dunha mensaxe publicitaria constitutiva de boa práctica.

2. Poderá redactarse en prosa, en verso, ou ser un xogo de palabras que no seu conxunto teña sentido.

  • As solicitudes de participación no concurso irán acompañados da seguinte documentación complementaria:

    • a) Ficha virtual en formato PDF descargada desde a plataforma do concurso. Para obter esta ficha, cómpre subir o traballo do equipo á plataforma.

    • b) Memoria descritiva do traballo desenvolvido. Debe estar realizada polo alumnado participante e presentarse en formato PDF.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) NIF do centro educativo.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante do centro educativo.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilita a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • Cada centro deberá presentar unha solicitude por cada equipo participante, cubrindo un formulario normalizado (anexo I) para cada equipo. As solicitudes serán presentadas polo director/a ou pola persoa a quen lle corresponda a representación legal do centro.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Debido á actividade profesional, económica e social que desempeñan as persoas físicas que sexan titulares dun centro docente, tanto no ámbito da educación como na xestión dos servizos vinculados á propia actividade educativa, considérase que as persoas físicas que sexan titulares de centros educativos teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que hai que presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 2 de febreiro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-13 Na publicidade: todo vale? (DOG nº 40 do 26 de febreiro de 2018).

    • Resolución do 25 de maio de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se publica a relación dos premios da fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-13 Na publicidade: todo vale? (DOG nº 110 do 11 de xuño de 2018).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IN115A

Concurso de carteis do día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 16/03/2016 00:00 - 15/04/2016 23:59

IN116A

Premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/06/2025 00:00 - 17/06/2025 23:59

IN117A

Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59

IN118A

Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59