Guía de procedementos e servizos

IN114A

Concurso público sobre consumo responsable: Consumópolis.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 08/04/2017 00:00 - 28/04/2017 23:59

1. Esta resolución ten por obxecto convocar e regular a fase autonómica do concurso escolar 2016-2017 Consumópolis-12 sobre consumo responsable e calidade de vida que leva por título: «Internet: fas un uso responsable?».

2. A fase autonómica do concurso consistirá no deseño, na elaboración e na presentación dun traballo conxunto sobre consumo responsable en relación co uso da internet e das TIC (tecnoloxías da información e da comunicación).

3. As características específicas do traballo establécense no artigo 13 desta resolución.

Establécense tres categorías de participación:

- Categoría A: alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria.

- Categoría B: alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria.

- Categoría C: alumnado de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria.

Premios.

1. Concederanse tres premios de 1.000, 600 e 300 euros para os traballos clasificados respectivamente en primeiro, segundo e terceiro lugar por cada unha das categorías de participación.

2. Os premios faranse efectivos con cargo á aplicación orzamentaria 09.80.613A.640.0 dos orzamentos do Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o ano 2017, na cal existe crédito adecuado e suficiente.

3. Os traballos clasificados en primeiro lugar en cada unha das categorías de participación representarán a Comunidade Autónoma na fase estatal, que terá lugar en Madrid.

1. Poderán participar nesta fase autonómica todos aqueles equipos constituídos por cinco alumnos ou alumnas que cursen estudos de 5º ou 6º de educación primaria ou 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria en calquera centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Estes equipos deben estar inscritos na fase estatal do concurso e todos os seus membros teñen que tela rematada.

2. Cada equipo debe estar coordinado por un docente do centro. Un mesmo docente poderá coordinar máis dun equipo no seu centro. Non existe límite para o número de equipos que se poden formar en cada centro docente. Os equipos deben procurar a paridade.

3. Cada equipo deberá presentar un único traballo.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)

Escola Galega de Consumo

Avenida Gonzalo Torrente Ballester, nº 1, 3-5, Baixo

15707 

Teléfono: 881999091

Fax: 981957560

Email: igc.escuela@xunta.es

http://consumo.xunta.gal

Escola Galega de Consumo

Prazo de presentación: PECHADO

08/04/2017 00:00 - 28/04/2017 23:59

O prazo para a presentación dos traballos á fase autonómica comezará o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 28 de abril de 2017.

  • Os traballos que se presenten ao concurso irán acompañados da seguinte documentación:

    • a) Ficha virtual en formato PDF descargada desde a plataforma do concurso. Para obter esta ficha, cómpre subir o traballo do equipo á plataforma. Unha vez subido, débese indicar o código do equipo e do traballo.

    • b) Memoria descritiva do traballo desenvolvido. Debe estar realizada polo alumnado participante e presentarse en formato PDF. Nela explicarase a organización dos traballos desenvolvidos nas dúas partes do concurso.

  • As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Debido á actividade profesional, económica e social que desempeñan as persoas físicas que sexan titulares dun centro docente, tanto no ámbito da educación como na xestión dos servizos vinculados á propia actividade educativa, considérase que as persoas físicas que sexan titulares de centros educativos teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

    Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución conxunta do 3 de abril de 2017, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pola que se convoca a fase autonómica do concurso sobre consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-12 Internet: fas un uso responsable? (DOG nº 69 do 7 de abril de 2017).

Outros procedementos relacionados

IN115A

Concurso de carteis do día mundial dos dereitos das persoas consumidoras.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 16/03/2016 00:00 - 15/04/2016 23:59

IN116A

Premios de innovación educativa aos proxectos sobre consumo responsable Galicons-net.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 09/04/2024 00:00 - 03/05/2024 23:59

IN117A

Bolsa de formación na Escola Galega de Consumo.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59

IN118A

Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 14/01/2020 00:00 - 13/02/2020 23:59