Guía de procedementos e servizos

IF310C

Devolución das tasas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/10/2021 00:00 - 15/11/2021 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

A devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas, tanto na modalidade de estrada como na de ferrocarril (código de procedemento IF310C).

As persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

ADMINISTRATIVO SAN CAETANO

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 54 45 54 / 981 54 45 73

Email: control-transportes@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobil

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: PECHADO

15/10/2021 00:00 - 15/11/2021 23:59

1. Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o tribunal publicará na sección de formación da súa páxina web (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/mobilidade) as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

2. Agás nos supostos previstos no punto 4 da base oitava, devolveránselles os dereitos de exame ás persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas, sempre que o soliciten, empregando o modelo que figura como anexo IV desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310C, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación indicada no punto anterior.

Solicitude que figura como Anexo IV, co código IF310C.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 153 do 11 de agosto de 2021).

    • Resolución do 4 de outubro de 2021, do tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, pola que se determinan as datas, o lugar e os horarios de realización dos correspondentes exercicios (DOG nº 197 do 13 de outubro de 2021).

    • Relación definitiva de persoas admitidas para as probas de conselleiro de seguridade (OBTENCIÓN).

    • Relación definitiva de persoas excluídas para as probas de conselleiro de seguridade (OBTENCIÓN).

    • Relación definitiva de persoas admitidas para as probas de conselleiro de seguridade (RENOVACIÓN).

    • Relación definitiva de persoas excluídas para as probas de conselleiro de seguridade (RENOVACIÓN).

Outros procedementos relacionados

IF310D

Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Prazo aberto: 19/11/2024 00:00 - 19/11/2025 23:59

IF319A

Adhesión ás axudas para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas

Prazo aberto: 02/05/2025 00:00 - 31/08/2026 23:59

IF319B

Subvención para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.

Prazo aberto: 16/05/2025 10:00 - 13/11/2026 23:59

IF310A

Probas dirixidas á obtención do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 24/07/2024 00:00 - 23/08/2024 23:59