Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF310C
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Agás nos supostos previstos no punto 4 da base oitava desta resolución, devolveránselles os dereitos de exame ás persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas, sempre que o soliciten, empregando o modelo que figura como anexo IV desta resolución, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF310C, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación.
As persoas aspirantes que resulten excluídas definitivamente das probas
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Inspección do Transporte
Servizo de Inspección
Praza de Europa, 5-A 2ª planta. Área Central - Polígono de Fontiñas.
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544554 / 981544573
Fax: 981544351
Email: control-transportes@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de A Coruña
Alcalde Pérez Arda, 4
15006 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 881881003
Fax: 881881000
Email: mobilidade.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Lugo
Servizo de Mobilidade de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889432
Fax: 982294389
Email: mobilidade.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Ourense
Servizo de Mobilidade de Ourense
R/ Valente Docasar, 2 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988687307 / 988687308
Fax: 988687303
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra
Servizo de Mobilidade de Pontevedra
Fernández Ladreda, nº 43 - 1º andar
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206015 / 886206017
Fax: 886206026
Prazo de presentación: PECHADO
01/08/2018 00:00 - 31/08/2018 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación das listas definitivas de persoas excluídas.
Solicitude segundo o Anexo IV.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convoca a realización das probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril (DOG nº 87 do 7 de maio de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano