Guía de procedementos e servizos

IF310D

Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 21/11/2023 00:00 - 18/11/2024 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sobre o procedemento

Convocar as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024.

Condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995077

Email: formacion.transportes@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/portada

Dirección Xeral de Mobilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

21/11/2023 00:00 - 18/11/2024 23:59

Prazos de inscrición:

1ª convocatoria: dende o día seguinte á publicación desta Resolución no DOG ata o 20/12/2023

2ª convocatoria: dende o 21/12/2023 ata o 31/01/2024

3ª convocatoria: dende o 01/02/2024 ata o 13/03/2024

4ª convocatoria: dende o 14/03/2024 ata o 25/04/2024

5ª convocatoria: dende o 26/04/2024 ata o 07/06/2024

6ª convocatoria: dende o 08/06/2024 ata o 20/08/2024

7ª convocatoria: dende o 21/08/2024 ata o 04/10/2024

8ª convocatoria: dende o 05/10/2024 ata o 18/11/2024

As persoas aspirantes deberán superar os cursos de formación e cumprir os requisitos exixidos no Real decreto 284/2021, do 20 de abril, ou norma que o substitúa, para poderen participar nas probas de constatación da cualificación inicial.

Solicitudes.

a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

As persoas aspirantes deberán superar os cursos de formación e cumprir os requisitos exixidos no Real decreto 284/2021, do 20 de abril, ou norma que o substitúa, para poder participar nas probas de constatación da cualificación inicial.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda. b) As persoas aspirantes excluídas ou non admitidas á realización das probas poderán solicitar a devolución das taxas que aboasen, de ser o caso, a través do procedemento IF310E, presentando para o efecto unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución.

b) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, nos cales xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

Documentación complementaria:

As persoas interesadas deben achegar xunto coa solicitude (IF310D-anexo I) a seguinte documentación complementaria:

– O impreso de liquidación das taxas.

O impreso de liquidación das taxas estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou pode recollerse nas oficinas de atención á cidadanía e de rexistro, polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberase aboar unha taxa por cada unha das actividades mencionadas a que cada interesado se presente, e por cada convocatoria. O pagamento da taxa ten que realizarse durante o período de inscrición da correspondente convocatoria.

O pagamento da/das taxa/s efectuarase a través da sede electrónica ou en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Os códigos que deberán cubrir nos impresos de autoliquidación son os seguintes:

Consellería: 06-Infraestruturas e Mobilidade.

Delegación: 13-Servizos Centrais.

Servizo: 02-Mobilidade.

Taxa: 310120-Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte, a cualificación profesional para a condución de determinados vehículos dedicados á actividade de transporte, e/ou cualificación como conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.

Na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tamén se dará información dos códigos que correspondan para cubrir os impresos de autoliquidación.

A documentación complementaria presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Comprobación de datos:

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.

DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

Inscrición como demandante de emprego.

Prestacións ou subsidios por desemprego que se perciban.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Exención da taxa de inscrición para as probas:

De acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, terán dereito á exención da taxa do procedemento de inscrición (IF310D-anexo I) as persoas que figuren como demandantes de emprego desde polo menos seis meses anteriores á data da convocatoria das probas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O órgano responsable do procedemento comprobará de oficio os ditos requisitos agás que, excepcionalmente, sexa necesario o requirimento á persoa interesada da acreditación documental das ditas circunstancias, debido á imposibilidade de realizar a dita comprobación ou cando sexa necesario, a xuízo do órgano responsable, para acreditar de forma fidedigna o cumprimento dos ditos requisitos.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes:

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Despois de presentar

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2023).

    • Resolución do 20 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 8 de novembro de 2023 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro de 2023) e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2024 (DOG nº 226 do 28 de novembro de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 98 do 24 de abril de 2021)

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano