Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF310E
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Devolución das taxas de dereitos de exame das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada.
Condutores de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Autorizacións, Informes e Apoio Xurídico
San Caetano, s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995077
Email: formacion.transportes@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
06/12/2023 00:00 - 05/01/2024 23:59
23/03/2024 00:00 - 22/04/2024 23:59
O prazo para solicitar a devolución das taxas será dun mes contado desde a publicación na web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, sección de Formación, da relación de aspirantes admitidos e excluídos en cada convocatoria, empregando para o efecto o modelo IF310E, de conformidade coa disposición quinta da Resolución do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril.
Ter sido excluído ou non admitido a realización das probas.
Solicitudes.
a) As solicitudes de devolución de taxas (IF310E-anexo II) presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
b) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, nos cales xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes:
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 8 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (DOG nº 220 do 20 de novembro de 2023).
-
Resolución do 20 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 8 de novembro de 2023 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2024 (Diario Oficial de Galicia número 220, do 20 de novembro de 2023) e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2024 (DOG nº 226 do 28 de novembro de 2023).
-
Resolución do tribunal designado para avaliar as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada (CAP), pola que se fan públicas as listaxes de persoas admitidas e excluídas ao exame, así como a data pe o lugar de celebración da 8ª convocatoria ordinaria de exame, nas modalidades de mercadorías e de viaxeiros/as.
-
Resolución do tribunal designado para avaliar as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada (CAP), pola que se rectifican as listas de admitidos e excluídos para realizar as probas.
-
Resolución do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril.(DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).
-
Resolución do tribunal designado para avaliar as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada (CAP), pola que se rectifican as listas de admitidos e excluídos para realizar as probas.
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 98 do 24 de abril de 2021)
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Consulta previa de viabilidade dunha autorización.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Reversión de expropiación.
Aberto todo o ano