Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
FA701B - Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os contratistas inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia, están obrigados a poñer inmediatamente en coñecemento do rexistro calquera alteración que se produza respecto dos documentos e datos rexistrados, e en particular:
- Toda alteración sustancial, especialmente ás que se refiren ó obxecto social ou a personalidade xurídica do empresario e que afecte ó réxime de contratación.
- As modificacións que afecten á representación conferida ou á personalidade do contratista.
- A inclusión de calquera das causas de prohibición para contratar coa Administración.
- As modificacións que se produzan en relación coa clasificación da empresa.
Independentemente do anterior, estarán obrigados a formular anualmente declaración expresa responsable relativa á vixencia sen contradicción, das circunstancias referidas.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999057/ 981545519
Fax: 881999555
Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Decreto 262/2001, do 20 de setembro, polo que se refunde a normativa reguladora do Rexistro Xeral de Contratistas (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2001).
Modificado pola Disposición final Primeira do Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula a factura electrónica e a utilización de medios electrónicos, informáticos e telemáticos en materia de contratación pública da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e entes do sector público dela dependentes (DOG nº 15 do 25 de xaneiro de 2010).
As escrituras públicas e o bastanteo do poder remitidos electronicamente deberán ser: copias electrónicas auténticas*, non sendo válidos os documentos escaneados.
As declaracións remitidas electronicamente deberán vir asinadas con sinatura electrónica.
*A expedición e remisión das copias electrónicas auténticas poderá realizarse a través de calquera rexistro público da Xunta de Galicia ou en calquera oficina integrada no SIR (Sistema de Interconexión de Rexistros), presentando os orixinais da documentación (para o escaneo das escrituras e bastanteo) con carácter previo ao envío electrónico.
No caso de que a persoa interesada desexe obter unha copia electrónica auténtica para que poida ser usada en calquera outro trámite, con carácter indefinido e por calquera medio electrónico, deberá acudir a unha das Oficinas de atención á cidadanía e rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) e abonar a correspondente taxa.
Prazo de presentación: ABERTO
-
Solicitude segundo o Anexo I.
-
Escritura de constitución: Escritura de constitución ou modificación debidamente rexistrada no Rexistro Mercantil ou no rexistro que corresponda, de non ser sociedade mercantil.
-
Escritura de apoderamento:No caso de actuar por representación, escritura de poder notarial bastante para xustificala, inscrita no Rexistro Mercantil, ou no seu caso no Rexistro público que corresponda.
-
Poder bastanteado:Documento no que conste que o poder é declarado bastante por letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galiciaoutorgado ao seu favor, no caso de que actuase en representación de terceiro ou de persoa xurídica.
-
Escrituras de modificación:Escrituras que modifiquen datos da empresa como o obxecto, capital, domicilio, denominación social,.... Se se tivesen varias modificacións sobre o mesmo aspecto, remitirase só a última.
-
Declaración de non estar incursa en prohibición para contratar: Testemuño xudicial, certificación administrativa ou declaración responsable outorgada ante unha autoridade administrativa, notario público ou organismo profesional cualificado, de non estar incurso en prohibición para contratar (segundo art. 85 da Lei 9/2017, 8 de novembro, de Contratos do Sector Público) ás que se fan referencia no artigo 71 da mesma norma legal. Pode acceder a un modelo do documento que debe presentar asinado en:https://www.conselleriadefacenda.es/es/areas-tematicas/patrimonio/registro-general-de-contratistas/formularios,ou DECLARACION ART. 71 LCSP. Na tramitación en liña esta declaración deberá vir asinada electronicamente.
-
Certificado da situación no censo de actividades económicas da Axencia Tributaria. Unha vez inscrito deberá achegar anualmente o recibo de pago ou a declaración de exención.
-
Só para contratistas non españois de estados membros da U.E. ou signatarios do acordo sobre o Espazo Económico Europeo. Deberán acreditar, segundo o artigo 67.2 da Lei 9/2017 que, no caso de que a lexislación do seu Estado esixa unha autorización especial ou apertenza a unha determinada organización para poder prestar nel o servizo, cumpran este requisito.
-
Só para empresas non comunitarias e das non asinantes do acordo sobre o Espazo Económico Europeo, informe de reciprocidadeda Oficina económica e comercial de España no exterior, segundo o sinalado no artigo 68 da Lei 9/2017.
-
Só a presentar por empresas estranxeiras. Declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todos os incidentes que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ao foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ao licitador.
-
As escrituras públicas e o bastanteo do poder remitidos electronicamente deberán ser: copias electrónicas auténticas,* non sendo válidos os documentos escaneados.
As declaracións remitidas electronicamente deberán presentarse con sinatura electrónica.
*Para obter unha copia electrónica auténtica, que poida ser usada en calquera trámite con carácter indefinido por calquera medio electrónico, deberá acudir a unha das oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia das sete cidades principais de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela) (poderá solicitar cita previa no seguinte link: https://www.xunta.gal/cita%20previa ) ou oficinas de rexistros públicos que ofrezan este servizo e, abonar a correspondente taxa.
Nas devanditas oficinas facilitaranlle un código de verificación electrónico ( CVE) que será o que teña que remitir xunto co resto da documentación.
Tamén poderá presentar copias dixitais auténticas feitas por notario.
-
NOTA IMPORTANTE :
-
As escrituras e opoder bastanteado, como garantía de autenticidade, deberán aportarse, remitindo o CVE dos documentos, que se poderá obter en calquera oficina de Rexistro da Xunta das sete cidades principais de Galicia, previo pago da correspondente taxa administrativa. Tamén poderá presentar copias dixitais auténticas feitas por notario.
-
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Convocatoria pública, en réxime de concurrencia competitiva, para a ocupación temporal, para usos sociais e sanitarios, dos locais destinados a tal fin no edificio da rúa Gregorio Hernández, esquina Avenida Peruleiro do Concello da Coruña, denominado espazo Amizar.
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.