Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
FA301B - Inscrición no Rexistro administrativo de distribuidores de seguros e reaseguros da Comunidade Autónoma de Galicia dunha persoa axente de seguros vinculada, modificación de datos ou solicitude de cancelación
Inscrición no rexistro administrativo de distribuidores de seguros e reaseguros da Comunidade Autónoma de Galicia dunha persoa axente de seguros vinculada, modificación de datos ou solicitude de cancelación.
Persoas axentes de seguros
A inscrición no Rexistro Administrativo de Distribuidores de Seguros e Reaseguros da Comunidade Autónoma de Galicia ten carácter obrigatorio. Será necesaria a inscrición no rexistro con carácter previo ao inicio da actividade de distribución de seguros e reaseguros.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro
Subdirección Xeral de Planificación e Operacións Financeiras, Entidades Financeiras e Corporacións Locais
Servizo de Supervisión e Inspección de Entidades e Mediadores de Seguros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545162/ 981545165/ 981544089
Email: mediadores.seguros.facenda@xunta.gal
Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro
Orde do 4 de maio de 2022 pola que se regula o Rexistro Administrativo de Distribuidores de Seguros e Reaseguros da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 94 do 16 de maio de 2022).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Inscrición dun axente de seguros vinculado, dun corredor de seguros ou de reaseguros, persoa física (Código taxa: 30.41.02)
- Inscrición dunha sociedade de axencia de seguros ou dun operador de banca-seguros, exclusivos ou vinculados, dunha sociedade de corredoría de seguros ou de reaseguros (Código taxa: 30.41.03)
- Inscrición de cargos de administración e de dirección responsables das actividades de mediación de seguros ou de reaseguros das sociedades de axencia de seguros ou dos operadores de banca-seguros, exclusivos ou vinculados, de corredoría de seguros ou de reaseguros (por cada alto cargo) (Código taxa: 30.41.04)
- Inscrición de calquera outro acto inscribible ou pola modificación dos inscritos (por cada un deles) (Código taxa: 30.41.05)
Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.
Solicitudes
1. O procedemento FA301B, de inscrición no Rexistro Administrativo de Distribuidores de Seguros e Reaseguros da Comunidade Autónoma de Galicia dunha persoa axente de seguros vinculada, modificación de datos ou solicitude de cancelación, iniciarase por solicitude da persoa directamente interesada ou da persoa representante, de ser o caso.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo XI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. Coa solicitude achegarase a seguinte documentación:
a) Documento acreditativo da representación, de ser o caso.
b) Datos identificativos das persoas administradoras e altos cargos de acordo co anexo IV. Débese citar e presentar a acreditación do curso de formación superado, de acordo co exixido no Real decreto 287/2021, do 20 de abril, e na Resolución do 3 de xuño de 2021, da DGSFP.
c) Declaración de honorabilidade comercial e profesional das persoas socias con participación significativa, das persoas administradoras, da persoa responsable da actividade de distribución ou, de ser o caso, das persoas que forman parte do órgano de dirección responsable da actividade de distribución de conformidade con anexo V.
d) Declaración de honorabilidade comercial e profesional das persoas que participan directamente na distribución de seguros asinada pola persoa distribuidora, de conformidade co anexo VI.
e) Información relativa á xestión de fondos de clientes de acordo cos datos bancarios solicitados no anexo VIII.
f) Declaración de non incorrer en incompatibilidade de conformidade co anexo IX.
g) Memoria, de acordo co anexo XII xuntando a seguinte información ou documentación:
– Entidades aseguradoras e ramos de seguros en que se proxecta mediar.
– Declaración do ámbito de actuación.
– Medios materiais e persoais: información sobre oficinas e sucursais, copia do modelo de contrato mercantil de colaboración, no caso de prever a contratación de colaboradores externos e acreditación do curso de formación superado, de acordo co exixido na Resolución do 3 de xuño de 2021, da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións.
– Mención expresa ao programa de formación continua.
– Mecanismos adoptados para a solución de conflitos por queixas e reclamacións dos clientes que consiste nunha breve descrición do procedemento previsto para informar os clientes da forma de presentar queixas e reclamación ante os departamentos e servizos de atención ao cliente das entidades aseguradoras coas que teñan subscrito contratos de axencia.
h) Contratos de axencia coas entidades aseguradoras coas que se proxecta mediar.
i) No caso de estar exercendo como axente de seguros exclusivo, consentimento da entidade aseguradora para subscribir contratos con outras entidades ou acreditación da solicitude de baixa, con selo de entrada na compañía de seguros da que é axente exclusivo, na que se comunique a rescisión do contrato de axencia e copia do contrato que conceda esa facultade de rescisión unilateral.
j) Programa de formación continua aplicable segundo o artigo 149.3.e) do Real decreto lei 3/2020, do 4 de febreiro.
k) Xustificación do aboamento das taxas correspondentes cos códigos: 30.41.02 Inscrición dun axente de seguros vinculado, dun corredor de seguros ou de reaseguros, persoa física; 30.41.03 Inscrición dunha sociedade de axencia de seguros ou dun operador de banca-seguros, exclusivos ou vinculados, dunha sociedade de corretoría de seguros ou de reaseguros; 30.41.04 Inscrición de cargos de administración e de dirección responsables das actividades de mediación de seguros ou de reaseguros das sociedades de axencia de seguros ou dos operadores de banca-seguros, exclusivos ou vinculados, de corretoría de seguros ou de reaseguros (por cada alto cargo); 30.41.05 Inscrición de calquera outro acto inscribible ou pola modificación dos inscritos (por cada un deles).
2. As persoas xurídicas interesadas que pretendan operar como axencias de seguros deberán achegar, ademais, coa solicitude a seguinte documentación:
a) Copia da escritura ou do documento de constitución e, de ser o caso, das modificacións posteriores, inscritas no Rexistro Mercantil ou no rexistro correspondente, respectivamente.
b) Declaración de socios de conformidade co anexo XIII, no caso de sociedades mercantís, xuntando a seguinte información ou documentación:
– Capital social e accións ou participacións sociais.
– Identidade das persoas accionistas ou socias que posúan na axencia de seguros unha participación directa ou indirecta, ou das persoas que posúan vínculos estreitos co axente de seguros.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recollidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
Se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
4. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante, DNI ou NIE da persoa representante e NIF da entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos anexos I ou XI e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. No caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo XI)
- Fase de solicitude
- Información relativa á xestión de fondos de clientes (Anexo VIII)
- Declaración de socios (Anexo XIII)
- Declaración de non incorrer en incompatibilidade (Anexo IX)
- Datos identificativos das persoas administradoras e altos cargos (Anexo IV)
- Declaración de honorabilidade comercial e profesional das persoas que participan directamente na distribución de seguros firmada pola persoa distribuidora (Anexo VI)
- Declaración de Honorabilidade comercial e profesional das persoas socias con participación significativa (Anexo V)
- Memoria (Anexo XII)
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Positivo
- Fase de xustificación
- Comunicación de modificación de datos non inscritibles (Anexo X)
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"