Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
FA009E
Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Facenda e Administración Pública
A presente orde ten por obxecto establecer a regulación aplicable ao cumprimento das obrigas tributarias concernentes ao imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES).
1. Para os efectos do disposto no artigo 2 desta orde, as aplicacións informáticas relacionadas con este imposto deberán ser empregadas polos usuarios que se relacionan a seguir, sempre que sexan previamente autorizados pola Dirección da Atriga:
a) Os suxeitos pasivos que dispoñan do correspondente certificado de usuario outorgado pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda (FNMT-RCM) para a presentación e pagamento dos seus propios tributos, ou doutras autoridades certificadoras admitidas pola consellería competente en materia de facenda.
b) As persoas profesionais colexiadas, así como as entidades, as institucións ou organizacións representativas de sectores ou intereses sociais, laborais, empresariais ou profesionais, que subscribisen coa Administración tributaria da Comunidade Autónoma de Galicia o correspondente convenio de colaboración, nos termos acordados neste.
2. As persoas usuarias anteriores, para poder empregar as aplicacións informáticas deste imposto, deberán estar previamente autorizadas. Para estes efectos, deberán presentar ante a Dirección da Atriga unha solicitude de autorización xunto a unha ficha de persoa usuaria, axustadas aos modelos que contén o anexo I, con anterioridade ao primeiro prazo en que deban cumprir as obrigas tributarias referidas a este imposto. Outorgarase a autorización a todos aqueles que reúnan as condicións establecidas no número 1.
Xunta de Galicia
Consellería de Facenda e Administración Pública
Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA)
Pastoriza, 8
15704 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881955800/ 981544196
Email: xestion.centralizada@atriga.es
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Abrirase o prazo a partir do 1 de abril de 2023
1. Os suxeitos pasivos que ostenten a condición de substitutos do contribuínte ou, de ser o caso, os contribuíntes, estarán obrigados a presentar electronicamente ante a Atriga, unha declaración dos feitos impoñibles realizados en cada trimestre natural no prazo dos vinte primeiros días naturais seguintes á súa finalización, e deberán autoliquidar e, de ser o caso, ingresar a débeda tributaria correspondente, determinando o seu importe, mediante o modelo 593, que conformarán coa aplicación informática que a Atriga poña á súa disposición na OVT, consonte coas instrucións recollidas a este respecto no propio modelo e seguindo o procedemento establecido nos artigos 13, 14 e 15. Esta obriga persistirá aínda que durante algún trimestre non se realizara feito impoñible algún.
2. Os prazos establecidos no número 1 entenderanse prorrogados ata o primeiro día hábil seguinte, no suposto de que o último día do período fose día inhábil.
Os suxeitos pasivos deberán cumprir as obrigas tributarias concernentes ao IDIRES, ás cales se refire esta orde, por medios electrónicos, sen prexuízo do disposto na disposición adicional primeira. Para isto deberán empregar as aplicacións informáticas que a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) poña á súa disposición na Oficina Virtual Tributaria (OVT), nas condicións e consonte os procedementos previstos nesta orde. O código na Guía de procedementos e servizos é FA009E
Modelos en formato electrónico que figuran nos anexos II e III e que se relacionan a seguir, para os efectos da aplicación do IDIRES:
Modelo 009. Modelo en formato electrónico de declaración de alta/modificación de datos no Censo Electrónico de vertedoiros, instalacións de incineración e instalacións de coincineración de residuos.
Modelo 593. Modelo en formato electrónico de autoliquidación do Imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (IDIRES)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as normas de xestión e liquidación do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (Idires). (DOG nº 248 do 30 de decembro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as normas de xestión e liquidación do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (Idires). (DOG nº 9 do 13 de xaneiro de 2023).
-
Corrección de erros. Orde do 23 de decembro de 2022 pola que se establecen as normas de xestión e liquidación do imposto sobre o depósito de residuos en vertedoiros, a incineración e a coincineración de residuos (Idires) (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.
Aberto todo o ano
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).
Aberto todo o ano
Concesión de augas.
Aberto todo o ano