Guía de procedementos e servizos

ED527A

Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Prazo pechado: 19/06/2023 00:00 - 03/07/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2023 en determinadas especialidades.

Persoas aspirantes para seren admitidas á realización das probas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Xestión da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996529

Email: habilitacions.profesionais@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal/fp

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

27/02/2023 00:00 - 13/03/2023 23:59

19/06/2023 00:00 - 03/07/2023 23:59

1. Para a primeira convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 27 de febreiro ao día 13 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

2. Para a segunda convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 19 de xuño ao día 3 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

  • Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de seguridade industrial: realización de probas para a obtención do certificado e a expedición de certificados de capacitación profesional ( 32.07.01)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

Solicitudes.

1. As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante solicitude, segundo o modelo que figura no anexo I (código de procedemento ED527A) desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional, presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas en participar en calquera das especialidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Xustificante de liquidación de taxas (clave 32.07.01), consonte o establecido no artigo 7 desta orde.

2. As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dalgún dos catro carnés profesionais deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación de superación do curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación.

b) Certificado de estar a cursar un curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación. Será necesario presentar este certificado no caso de non ter rematado o devandito curso. Cumprirá presentar a certificación de superación o día da realización da primeira parte da proba.

3. As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dalgunha das habilitacións profesionais de gases fluorados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación de superación do programa formativo para a manipulación de gases fluorados. O certificado do curso asociado á modalidade de certificado polo que se concorre á proba, malia non constituír un requisito para presentarse á proba, é imprescindible para a expedición do certificado persoal, despois de superada esta.

4. As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención do carné de instalacións térmicas en edificios e das habilitacións profesionais de gases fluorados tamén deberán achegar coa solicitude:

a) Informe de vida laboral para a acreditación da experiencia laboral, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

b) Certificación de empresa segundo o anexo II, para acreditación da experiencia laboral. No anexo II, a experiencia laboral describirase mediante a relación de actividades desenvolvidas, nos termos recollidos na normativa da especialidade que corresponda.

5. As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dos carnés de guindastre torre e guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B, tamén deberán achegar coa solicitude o seguinte:

a) Xustificación da equivalencia do título da ESO para efectos académicos ou profesionais.

b) Certificado médico e psicotécnico específico en vigor. Este certificado será expedido nos termos establecidos para cada carné no Real decreto 560/2010, do 7 de maio, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial.

6. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Títulos oficiais non universitarios requiridos, cando o estableza a especialidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os devanditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de febreiro de 2023 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2023 (DOG nº 39 do 24 de febreiro de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED523A

Concurso Eduemprende Idea dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/02/2025 00:00 - 16/05/2025 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano