Guía de procedementos e servizos

ED527A

Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2018 - Prazo pechado: 02/07/2018 00:00 - 13/07/2018 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é establecer o procedemento que seguirá a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para a realización dos exames encamiñados á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2018 nas seguintes especialidades:

Carnés profesionais:

– Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.

– Carné profesional de operador/a de guindastre torre.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.

– Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Habilitacións profesionais:

– Operador/a industrial de caldeiras.

– Instalador/a de gas, categoría A.

– Instalador/a de gas, categoría B.

– Instalador/a de gas, categoría C.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.

– Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.

– Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías de calquera carga de refrixerantes fluorados.

– Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empreguen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

O procedemento obxecto desta orde articularase en dúas convocatorias independentes, denominadas ordinaria e extraordinaria, en atención ao período do ano en que se desenvolvan.

Para seren admitidas á realización das probas, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Xestión da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881997407 / 881997408

Email: dxefpie@edu.xunta.es

http://www.edu.xunta.es/fp

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

02/07/2018 00:00 - 13/07/2018 23:59

1. Para a convocatoria ordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 ao día 14 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

2. Para a convocatoria extraordinaria, o prazo de presentación de solicitudes será desde o día 2 ao día 13 de xullo de 2018, ambos os dous incluídos.

a) Estaren en idade legal laboral ou teren a idade mínima que, de ser o caso, poida exixir a normativa sectorial correspondente.

b) Requisitos específicos que para cada especialidade se establezan na normativa vixente.

  • As persoas interesadas en participar en calquera das especialidades deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Xustificante de liquidación de taxas (clave 32.07.01), consonte o establecido no artigo 6 desta orde.

  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dalgún dos catro carnés profesionais deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Certificación de superación do curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

    • b) Certificado de estar a cursar un curso teórico-práctico impartido por unha entidade recoñecida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Será necesario presentar este certificado no caso de non ter rematado o devandito curso. Cumprirá presentar a certificación de superación o día da celebración da primeira parte da proba.

  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dalgunha das habilitacións profesionais de gases fluorados deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Certificación de superación do programa formativo para a manipulación de gases fluorados. O certificado do curso asociado á modalidade de certificado polo que se concorre á proba, malia non constituír un requisito para presentarse á proba, é imprescindible para a expedición do certificado persoal, despois de superada esta.

  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención do carné de instalacións térmicas en edificios e das habilitacións profesionais de gases fluorados tamén deberán achegar coa solicitude:

    • a) Informe de vida laboral para a acreditación da experiencia laboral, expedido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

    • b) Certificación de empresa segundo o anexo II, para acreditación da experiencia laboral. No anexo II, a experiencia laboral describirase mediante a relación de actividades desenvolvidas, nos termos recollidos na normativa da especialidade que corresponda.

  • As persoas interesadas en participar nas probas para a obtención dos carnés de guindastre torre e guindastre móbil autopropulsado, categorías A e B, tamén deberán achegar coa solicitude o seguinte:

    • a) Xustificación do título da ESO ou equivalente para efectos académicos ou profesionais, no caso de que fosen expedidos por outra comunidade autónoma.

    • b) Certificado médico e psicotécnico específico en vigor. Este certificado será expedido nos termos establecidos para cada carné, no Real decreto 560/2010, do 7 de maio, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, de non ser así, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) Titulación ou estudos non universitarios requiridos, cando o estableza a especialidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As persoas aspirantes deberán solicitar a súa admisión ás probas mediante instancia, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde. No caso de teren interese na obtención de máis dun carné profesional ou habilitación profesional, presentarán unha solicitude por cada un deles, xunto coa correspondente documentación xustificativa.

  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 1 de febreiro de 2018 pola que se convocan probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2018 (DOG nº 33 do 15 de febreiro de 2018).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

IG534D

Novacións de débedas

Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00

IN201D

Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IN201E

Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano