Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED507A
Axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Faise pública a convocatoria de axudas destinadas a subvencionar a realización de actividades por parte das federacións e confederacións de nais e pais do alumnado legalmente constituídas, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial, desde o 1 de xaneiro de 2017 ata o prazo límite de xustificación de gastos.
As axudas van destinadas tanto á realización de actividades como a sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado.
As federacións e confederacións de nais e pais do alumnado legalmente constituídas, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.
Obrigas das entidades beneficiarias,.
A entidade beneficiaria está obrigada a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
SAN CAETANO S/N
15711 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546516
Prazo de presentación: PECHADO
20/04/2017 00:00 - 19/05/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Estar inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (modelos normalizados anexos I e II) a seguinte documentación:
a) Orzamento desagregado de cada unha das actividades, dos gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das instalacións que se orixinen no período subvencionado.
b) Plan de actividades para as cales se solicita a axuda, facendo constar unha breve memoria por cada unha das actividades.
c) Copia certificada do acordo do órgano competente polo cal se decide solicitar a axuda.
d) Para as federacións, relación das asociacións de nais e pais do alumnado que as integran. Para as confederacións, relación das asociacións de nais e pais do alumnado e das federacións que as integran.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria deberase presentar electronicamente. As entidades interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das entidades interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Anexo II
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Orde do 3 de abril de 2017 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2017 (DOG nº 75 do 19 de abril de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Programa Xuventude Mentoring na empresa
Prazo pechado: 31/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.
Prazo pechado: 04/07/2024 00:00 - 02/12/2024 23:59
Programa Galicia Moza con Alma, de mobilidade transnacional xuvenil.
Prazo pechado: 10/05/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59
Subvencións a entidades locais para actuacións de adecuación das pistas multideporte nos centros de educación infantil e primaria e nos centros públicos integrados non universitarios.
Prazo pechado: 26/05/2022 00:00 - 27/06/2022 23:59