Guía de procedementos e servizos

ED507A

Axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 12/04/2023 00:00 - 11/05/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axudas destinadas a subvencionar a realización de actividades por parte das federacións e confederacións de nais e pais do alumnado legalmente constituídas, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.

Federacións e confederacións de nais e pais do alumnado legalmente constituídas, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Subdirección Xeral de Centros

Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546523

Email: xecocentros@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Prazo de presentación: PECHADO

12/04/2023 00:00 - 11/05/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Poderán solicitar estas axudas as federacións e confederacións de nais e pais do alumnado, así como as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial que, con anterioridade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes, estean inscritas no censo da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Solicitudes.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria.

1. As entidades interesadas deberán achegar coa solicitude (modelo normalizado anexo I) a seguinte documentación:

a) Copia certificada do acordo do órgano competente polo cal se decide solicitar a axuda.

b) Orzamento desagregado de cada unha das actividades, dos gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das instalacións que se orixinen no período subvencionado.

c) Plan de actividades para as cales se solicita a axuda, achegando unha breve memoria por cada unha das actividades.

d) Para as confederacións, relación das asociacións de nais e pais do alumnado e das federacións que as integran.

e) Para as federacións, relación das asociacións de nais e pais do alumnado que as integran.

2. A documentación complementaria deberase presentar electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

d) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) e no de declaración complementaria (anexo II) e achegar os documentos.

Por exixilo así a normativa aplicable será necesario o consentimento expreso da persoa interesada para consultar:

a) NIF da entidade solicitante.

b) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselle solicitar ás entidades interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).

    • Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).

    • Corrección de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).

    • Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convocan axudas para o ano 2023 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial (DOG nº 69 do 11 de abril de 2023).

    • Extracto da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convocan axudas para o ano 2023 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial (DOG nº 69 do 11 de abril de 2023).

    • Orde do 24 de xullo de 2023 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2023 (DOG nº 147 do 3 de agosto de 2023).

Outros procedementos relacionados

BS324D

Programa Xuventude Mentoring na empresa

Tramitar en liña

Prazo pechado: 31/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59

BS420C

Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 04/07/2024 00:00 - 02/12/2024 23:59

CT510A

Programa Galicia Moza con Alma, de mobilidade transnacional xuvenil.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/05/2025 00:00 - 09/06/2025 23:59

ED500A

Subvencións a entidades locais para actuacións de adecuación das pistas multideporte nos centros de educación infantil e primaria e nos centros públicos integrados non universitarios.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2022 00:00 - 27/06/2022 23:59