Guía de procedementos e servizos

ED504G

Actividades formativas STEMweek.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 14/03/2020 00:00 - 13/04/2020 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e competencia científico-tecnolóxica ou STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas) do alumnado que curse 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral e matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2020.

Esta convocatoria, para os efectos de identificación e acceso das persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, aos formularios de inicio, denomínase «Actividades formativas STEMweek», co código do procedemento administrativo ED504G.

Actividades de formación convocadas.

1. As quendas, lugar de realización, datas, número de alumnos/as e cursos a que van destinadas as actividades que se convocan son:

  • Quenda: 1ª / Lugar: CDR A Coruña / Datas: 16-22 de agosto de 2020 / Idioma: Inglés / Nº de alumnos/as: 100 Curso: 3º ESO

  • Quenda: 2ª / Lugar: CDR A Coruña / Datas: 23-29 de agosto de 2020 / Idioma: Inglés / Nº de alumnos/as: 100 / Curso: 4º ESO

Esta actividade terá lugar no CRD da Coruña (Centro Residencial Docente, O Burgo-Acea de Ama s/n, Culleredo, 15670) en réxime de internado de domingo a sábado seguinte.

En cada quenda, o alumnado entrará o domingo entre as 18.00 e as 19.30 horas e sairá o sábado entre as 12.00 e as 13.30 horas. As familias ou titores/as legais dos/das menores serán os responsables de levar e recoller o alumnado no lugar de realización da actividade e os gastos que isto ocasione correrán pola súa conta. O resto da actividade será gratuíta para o alumnado adxudicatario das prazas ofertadas.

2. A organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.

3. O custo total de cada actividade inclúe:

a) Os docentes que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

b) Os gastos de docencia e o material escolar.

c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

d) Os gastos de mantenza e aloxamento.

e) O certificado de realización da actividade.

f) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

As axudas poderán ser solicitadas pola persoa proxenitora ou pola persoa titora legal, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado, se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Obrigas e abandonos durante a realización da actividade

1. Un comportamento non apropiado poderá supor a expulsión deste programa e o final da estadía por causas de igual ou similar natureza ás seguintes:

a) Incumprimento das normas establecidas para o desenvolvemento da actividade.

b) Consumo de alcohol e/ou de substancias ilegais.

c) Automedicación sen autorización médica.

d) Condutas disruptivas.

e) Comportamentos asociais.

A expulsión do programa suporalle á persoa solicitante o pagamento de regreso e do custo total da actividade, así como, de ser o caso, do importe dos danos ocasionados ou derivados das ditas condutas.

2. No caso do alumnado que se atope realizando a estadía e decida abandonar o programa sen unha causa grave debidamente xustificada, a persoa solicitante asumirá os gastos ocasionados, así como o importe total do custo da actividade.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo

Servizo de Ordenación Educativa

Edif. Adm. San Caetano, B-III,

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997635/ 981546510/ 981546515

Email: licenzas.fprofe@edu.xunta.es

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

14/03/2020 00:00 - 13/04/2020 23:59

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser persoa beneficiaria destas axudas o/a alumno/a que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria no réxime xeral en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as materias no curso 2018/19.

c) Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de 6 na materia de inglés.

d) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

e) Non estar incurso/a nas prohibicións para obter a condición de persoa beneficiaria, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar como documento identificativo o da persoa proxenitora ou da persoa titora legal.

- As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

- O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.es/axudasst/. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación «en liña» e poderán elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. No caso de presentación presencial, esta aplicación «en liña» xera un documento electrónico, correspondente aos anexos I e II, que a persoa interesada deberá imprimir e asinar debidamente.

- Para presentar as solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

b) Certificación académica das cualificacións de todas as áreas ou materias cursadas no ano académico 2018/19 e da nota media obtida. No caso dos centros concertados, as certificacións serán asinadas pola persoa directora do centro docente co visto e prace da Inspección Educativa.

c) Copia/s do/dos libro/s de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia terá que presentarse documento ou documentos que acrediten o número de membros da unidade familiar. No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores, deberase acreditar que a persoa solicitante ten atribuída a custodia do/da alumno/a para quen se solicita a axuda.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros computables da unidade familiar:

– As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciadas ou, de ser o caso, a persoa titora do/da alumno/a.

– Os/as fillos/as menores de idade, coa excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as, as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

– Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

– Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

– As persoas proxenitoras separadas legalmente ou divorciadas con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos e fillas que teñan en común.

– A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto no caso de custodia compartida.

– Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polas persoas proxenitoras ou persoa de situación análoga e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos anteriores, excepto no caso de custodia compartida.

Non terá a consideración de membro computable:

– A persoa proxenitora que non ten atribuída a custodia do/da alumno/a nos casos de separación ou divorcio.

– O agresor nos casos de violencia de xénero.

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar en 31 de decembro de 2018, agás no relativo á violencia de xénero, que se aplicará o disposto na lexislación específica.

Na medida en que a través deste sistema a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poida dispor destas informacións, non se lles exixirá ás persoas interesadas a achega individual de certificacións expedidas polas administracións correspondentes.

Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días naturais, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.

No caso de alegar circunstancias familiares especiais, indicadas no anexo I (familia monoparental, divorcio ou separación, viuvez, titoría legal ou outras), deberá alegarse:

d) Copia da xustificación de separación ou divorcio.

e) Copia da xustificación de viuvez.

f) Copia da xustificación de titoría legal.

g) Copia da xustificación das alegacións que se fagan constar como outras circunstancias familiares.

h) Copia do certificado de discapacidade da persoa solicitante, dalgunha das persoas persoas proxenitoras ou da persoa titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas, no caso de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código (ED504G) e o órgano responsable do procedemento (a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional), o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permítelles as persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, tamén poderán tramitarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Comprobación de datos

1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.

a) DNI ou NIE da persoa solicitante e das persoas proxenitoras ou da persoa titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c).

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Ingresos totais da unidade familiar; datos de carácter tributario ou económicos da Axencia Estatal de Administración Tributaria relativos ao nivel de renda (IRPF) correspondente ao ano 2018.

d) Estaren ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para subvencións e axudas, as persoas proxenitoras ou a persoa titora ou a persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou a persoa solicitante no caso de ser maior de idade.

e) Estaren ao día no pagamento coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 20.3, en relación co artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas proxenitoras, ou a persoa titora ou a persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou a persoa solicitante no caso de ser maior de idade.

f) Estaren ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social as persoas proxenitoras ou a persoa titora ou da persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou a persoa solicitante no caso de ser maior de idade.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

g) Título de familia numerosa.

h) Discapacidade da persoa solicitante, dalgunha das persoas proxenitoras ou da persoa titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas no caso de que fose expedido pola Xunta de Galicia.

i) Situación de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgunha das persoas proxenitoras, da persoa titora ou da persoa de análoga relación, segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou da persoa solicitante, a través da consulta co Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou no anexo II, e achegar os correspondentes documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.

4. Non serán tidas en conta nin valoradas as circunstancias alegadas e non xustificadas documental e correctamente tal como se indica, nin as que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria, nin as que conteñan emendas.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada.

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de xuño de 2020 pola que se deixa sen efecto a Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (Diario Oficial de Galicia número 50, do 13 de marzo), como consecuencia da situación provocada polo COVID-19.(DOG nº 123 do 23 de xuño de 2020)

    • Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2020).

    • Extracto da Orde do 2 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para realizar actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 50 do 13 de marzo de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.