Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED431G
Axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do SUG.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Este procedemento únicamente pode ser iniciado utilizando Internet Explorer.
Disculpe as molestias que poida ocasionarlle.
a) A acreditación de unidades de investigación como «centros de investigación singulares de Galicia» ou ben como «agrupacións estratéxicas consolidadas» segundo as súas capacidades e o resultado do proceso de avaliación en concorrencia competitiva que se desenvolva ao abeiro desta convocatoria.
b) O financiamento dos seus proxectos estratéxicos de investigación, durante o período 2016-2019, para fortalecer as súas capacidades científicas; potenciar o liderado internacional da investigación galega; impulsar a agregación de capacidades científico-técnicas, incluíndo a colaboración con outros centros, unidades e co tecido empresarial; mellorar a xeración de resultados de alto impacto científico, social e económico; contribuír á formación, atracción e incorporación de talento; incrementar a masa crítica de persoal investigador; e a actuar como axentes tractores no Sistema galego de I+D+i.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545427
Fax: 981545422
Prazo de presentación: PECHADO
01/09/2016 00:00 - 30/09/2016 23:59
Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
1. Que a proposta presentada estea conformada por unha unidade supragrupal que obtivese financiamento como agrupación estratéxica nunha convocatoria de concorrencia competitiva da Xunta de Galicia anterior ao 1 de xaneiro de 2014.
2. Que as dependencias da unidade de investigación estean perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas no seo das propias universidades e localizadas en Galicia.
3. Que presenten os seus proxectos estratéxicos de investigación con base en hipóteses que poderán ser reformuladas durante a vixencia da axuda, sempre co acordo favorable da Secretaría Xeral de Universidades, e que incluirán os contidos que se detallan no artigo 8 da orde.
A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:
1. Presentación da unidade de investigación.
A presentación da unidade incluirá información relativa á súa situación actual no que se refire á súa formulación estratexica, operativa e xerencial, así como ás capacidades con que conta. O documento desenvolverá os seguintes aspectos e incorporará a seguinte documentación:
a) Descrición da unidade de investigación:
Presentación xeral, incluíndo os datos identificativos da unidade, nome e acrónimo, a súa definición e liñas de actividade, así como as principais dimensións (investigadores e investigadoras, publicacións, captación de recursos). Indicaranse, ademais, cales son as características ou aspectos singulares que distinguen a unidade.
Marco estratexico, resumo do enfoque estratexico da unidade e explicación xeral dos mecanismos adoptados para formular, facer o seguimento e difundir, interna e externamente, a estratexia.
Gobernanza, xestión e organización. Explicación do modelo de goberno, incluíndo os datos relativos á vinculación coa universidade. Descrición da estrutura organizativa, do modelo de xestión (centralizado, por grupos, por programas, etc.) e das políticas de xenero no relativo ao persoal. Nun anexo achegarase o organigrama da unidade.
Seguimento e avaliación. Descrición dos mecanismos utilizados para o seguimento e avaliación da estratexia e da actividade da unidade, dos resultados obtidos e as medidas adoptadas en consecuencia.
b) Capacidades:
Persoas: atendendo á estrutura organizativa descrita, relacionaranse as persoas que forman parte do equipo directivo, científico e de xestión. Proporcionarase información que permita valorar a calidade e adecuación do equipo (titulación, categoría profesional, financiamento do seu contrato, distincións científicas, etc.). Nun anexo incluirase un currículo abreviado dos directores e directoras e dos máximos responsables das unidades científicas e de xestión, de acordo co modelo organizativo.
Recursos tecnolóxicos: relación e breve descrición das instalacións, equipamentos e medios máis relevantes, destacando os de carácter singular no contexto do SUG ou no ámbito nacional.
Colaboracións: indicarase o tipo de alianzas estratexicas (estables e orientadas a fortalecer o potencial científico da unidade) que manten a unidade.
2. Resultados 2013-2015.
Este documento conterá unha memoria das actividades desenvolvidas e dos resultados acadados no período 2013-2015. Desenvolveranse os seguintes aspectos:
a) Actividade científica: incluirase unha táboa resumo con información cuantitativa relativa á carteira de proxectos de investigación activos e unha breve descrición dos dez proxectos considerados máis relevantes. A información completarase cun anexo coa relación completa dos proxectos que integran a carteira.
b) Produción científica e tecnolóxica: describiranse as contribucións científicas máis relevantes no período e incluirase unha táboa resumo co número total de publicacións, o número das publicadas en revistas das de maior impacto na súa área temática incluídas no 25 % (primeiro cuartil) e no 10 % (primeiro decil). Con respecto aos datos incluídos na táboa, explicarase o procedemento de cálculo e a fonte de información. Esta información completarase cun anexo coa relación completa de publicacións. No que se refire á produción tecnolóxica, incluirase unha táboa resumo coa composición da carteira de patentes e outros títulos de propiedade industrial e intelectual solicitados e concedidos no período; nun anexo incluirase a relación completa destes títulos.
c) Valorización e transferencia: describiranse o modelo de traballo adoptado pola unidade para o desenvolvemento desta función e os principais logros acadados no período; incluirase unha táboa resumo con información cuantitativa sobre a composición da carteira de proxectos e operacións de valorización e transferencia e a información sobre os recursos captados. Esta información completarase cun anexo coa relación de actividades e proxectos de transferencia e valorización xa finalizados desenvolvidos no período.
d) Carreira científica: nesta sección explicarase a oferta formativa da unidade e proporcionarase información cuantitativa sobre ela e os resultados acadados; ademais, explicaranse as accións que está a desenvolver a unidade para atraer talento e para impulsar o desenvolvemento profesional do persoal, destacando os principais resultados obtidos.
e) Divulgación e promoción da cultura científica: descrición das principais accións de difusión en medios de comunicación, web e redes sociais, destacando os resultados obtidos e posibles impactos ou repercusións nas actividades da unidade; incluirase nesta sección unha explicación doutras accións de divulgación e implicación da sociedade.
f) Financiamento: incluirase unha táboa resumo do orzamento anual e recursos captados en cada un dos anos do período, proporcionarase información por tipo de fonte de financiamento (contribución da universidade, financiamento público competitivo internacional, nacional e autonómico, financiamento público non competitivo a traves de convenios, financiamento privado competitivo e non competitivo a traves de contratos).
3. Proxecto estratexico de investigación 2016-2019.
O proxecto estratexico de investigación entendido, tal e como se define no artigo 2 desta convocatoria, como a carteira de actividades de investigación da unidade de investigación no período 2016-2019 incluíndo as accións de soporte para dotar a unidade da capacidade tecnica, relacional e de xestión necesarias para acadar os obxectivos estratexicos de excelencia científica e impacto internacional na investigación fixados para o período. O documento desenvolverá os seguintes aspectos:
a) Oportunidade: sección introdutoria na cal se enmarca o proxecto proposto con respecto ao seu contexto científico-tecnico, contorna de I+D+i e aliñamento co RIS3. Ademais, tomando en consideración o descrito nas seccións de presentación e resultados, incluirase unha análise diagnóstica que teña en conta debilidades e fortalezas da unidade e ameazas e oportunidades provenientes da contorna. Finalmente, incluiranse os obxectivos estratexicos para o período 2016-2019.
b) Proxectos estratexicos de investigación:
Indicaranse as prioridades científicas ou ámbitos de actuación cos seus obxectivos científicos. Para cada unha destas prioridades explicarase o seu desenvolvemento cara ao logro dos obxectivos indicados, incluíndo actividade científica, equipo de traballo involucrado, recursos tecnolóxicos, colaboracións, modelo de xestión e resultados esperados en termos cualitativos. Farase fincape naqueles aspectos que representen a introdución de cambios ou novidades con respecto ao descrito nos puntos de presentación e capacidades (novos investigadores e investigadoras, novos medios, novas alianzas, ).
Valorización e transferencia: indicaranse os obxectivos en materia de transferencia para o período, as accións previstas, as capacidades necesarias e a carteira de proxectos e operacións vivas (proxectos e operacións e valorización iniciados con anterioridade a 2016 que permanezan activos e que serán abordados ata o ano 2019).
Carreira científica: describiranse os obxectivos, medidas e accións previstas en materia de recursos humanos no que se refire á formación, incorporación e desenvolvemento de talento e xenero.
Investigación e innovación responsable: describiranse os obxectivos, medidas e accións relativas á difusión, divulgación e implicación e achegamento á sociedade.
Internacionalización: exporanse os obxectivos en materia de posicionamento internacional e explicaranse as medidas e accións previstas para fomentar e fortalecer a dimensión internacional.
c) Seguimento e avaliación: describiranse o modelo de seguimento e avaliación no ámbito estratexico e operativo e as actividades de seguimento e avaliación previstas para o período. Incluirase unha táboa de indicadores segundo o modelo facilitado, indicando para cada un dos anos do período os resultados esperados en relación á actividade, produción científica, captación de persoal, formación, transferencia, investigación responsable e captación de recursos.
d) Viabilidade: xustificación de como contribúe o proxecto ao logro dos retos estratexicos e identificación de riscos de carácter tecnico que poidan comprometer o desenvolvemento do proxecto.
Con respecto á viabilidade económica, incluirase un orzamento detallado por partidas de gasto para o desenvolvemento do proxecto estratexico de investigación no período, acompañado dunha táboa resumo da estimación do orzamento anual e recursos captados no período por tipo de fonte de financiamento (contribución da universidade, convocatorias competitivas, convenios e contratos, etc.).
4. Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de todas as administracións públicas ou dos seus organismos ou sociedades (que se inclúe no anexo II).
5. Copia do DNI ou NIE da persoa representante da universidade, só no suposto de que non autorice a súa verificación no Sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde do 7 de xullo de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
6. Certificación da universidade solicitante de todo o persoal adscrito á unidade supragrupal (desagregado nominalmente e indicando a súa categoría profesional).
7. Certificación da universidade solicitante da persoa que ocupará a dirección científica da unidade durante a vixencia da axuda.
Toda a documentación indicada irá asinada pola autoridade que representa legalmente a universidade correspondente. A memoria descritiva que inclúa a descrición actual da suma de capacidades e o proxecto estratexico de investigación, sinalados nos puntos 2 e 3, irán asinados pola persoa encargada da dirección científica da unidade de investigación que executará a axuda. Toda esta documentación que acompaña a solicitude deberá cubrirse segundo os modelos dispoñibles na internet no enderezo electróonico http://www.edu.xunta.es
Prazo de resolución: Cinco meses.
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016. (DOG nº 164 do 31 de agosto de 2016).
-
Orde do 20 de outubro de 2016 pola que se modifica a Orde do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros de investigación singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2016 (DOG nº 206 do 28 de outubro de 2016).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano
Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.
Aberto todo o ano
Axudas a servizos modulares de asesoramento especializado a empresas galegas prestados por entidades colaboradoras (Programa Re-acciona), cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 21/01/2025 09:00 - 17/11/2025 14:00