Guía de procedementos e servizos

ED431H

Axudas para a atracción de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do SUG.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2020 - Prazo pechado: 20/05/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59

Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, do Programa de atracción e retención de talento investigador nun centro de investigación do SUG con acreditación vixente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, nun centro de excelencia Severo Ochoa ou nunha unidade de excelencia María de Maeztu radicados en Galicia e con acreditación vixente, ou nunha agrupación estratéxica acreditada pola Xunta de Galicia no ano 2018 (modalidade A), mediante o financiamento dun contrato de 4 anos de duración baixo a modalidade de persoal investigador distinguido, de acordo co artigo 23 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da ciencia, a tecnoloxía e a innovación, que permite a atracción de talento.

Poderán ser beneficiarias destas axudas as universidades do SUG que presenten como candidatas persoas que cumpran na data de peche da convocatoria as condicións que se indican para cada tipo de axuda nos anexos I e II, segundo a modalidade a que opten, sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de persoal investigador distinguido de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Secretaría Xeral de Universidades

Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria

Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995152/ 881995157

Fax: 881999135

Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal

Subdirección Xeral de Universidades

Prazo de presentación: PECHADO

22/02/2020 00:00 - 23/03/2020 23:59

20/05/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59

Reábrese o prazo de solicitudes durante os restantes 11 días naturais que contarán desde o día seguinte ao da publicación desta Resolución da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

As persoas que contraten as distintas entidades con cargo a estas axudas deberán cumprir na data límite de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:

1. Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido a partir do 1 de xaneiro de 2007. Entenderase como data de obtención do grao de doutor a data do acto de defensa e aprobación da tese doutoral.

No caso das persoas investigadoras solicitantes que estean en posesión de máis dun título de doutor, o requisito anterior referirase ao primeiro dos títulos obtidos.

Cando concorra algunha das situacións que se citan a continuación poderase aplicar unha ampliación da data límite para a obtención do grao de doutor indicada (1 de xaneiro de 2007), sempre que os períodos de interrupción derivados de tales situacións se producisen entre a data de peche do prazo de presentación de solicitudes e o 1 de xaneiro de 2007:

a) Períodos de descanso derivados de maternidades ou paternidades gozados consonte as situacións protexidas que se recollen no réxime xeral da Seguridade Social. Aplicarase unha ampliación dun ano por cada fillo ou filla.

b) Grave enfermidade ou accidente da persoa candidata, con baixa médica igual ou superior a 3 meses. Aplicarase unha ampliación igual ao período de baixa xustificado, redondeando á alza a meses completos.

c) Atención a persoas en situación de dependencia, consonte o disposto na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia, por un período mínimo de 3 meses. Aplicarase unha ampliación igual ao período xustificado, redondeando á alza a meses completos.

Estes períodos indicaranse e acreditarán debidamente no momento de presentar a solicitude.

2. Ter un mínimo de 4 anos de experiencia posdoutoral, dos cales polo menos 2 anos sexan de estadía no estranxeiro (non computarán como tales as estadías no país de nacemento, no de nacionalidade, nin naquel no que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente). Esta experiencia deberá estar debidamente acreditada (contratos e/ou bolsas, de carácter remunerado).

3. Que non fosen contratados por unha universidade do SUG, baixo ningunha modalidade de contratación, nos 24 meses anteriores á data límite de presentación de solicitudes.

1. As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados anexo IV para o procedemento ED431H, modalidade atracción, e anexo V para o procedemento ED431I, modalidade retención, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Cada universidade poderá presentar ata un máximo de 10 solicitudes para a modalidade de atracción e ata un máximo de 5 solicitudes para modalidade de retención. A presentación de máis de 10 solicitudes na modalidade de atracción ou de máis de 5 solicitudes na modalidade de retención por unha mesma universidade invalidará todas as solicitudes desa modalidade presentadas por esa universidade.

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. Con cada solicitude deberá achegarse a documentación que se indica no anexo I.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Documentación complementaria anexo I

1. Xunto coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación da persoa candidata a ser destinataria da axuda:

a) Carta da persoa directora do centro ou unidade de investigación en que se comprometa a integrar a persoa candidata, indicando a área ou liña estratéxica que se pretende reforzar, e os medios que porá ao seu dispor para o desenvolvemento da súa actividade.

b) Declaración da persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo VI, en que se fagan constar os seguintes aspectos:

– Que acepta ser presentada como candidata ás axudas.

– Que se presenta por unha única modalidade e entidade solicitante no ámbito desta convocatoria.

– A persoa investigadora garante, que deberá ser necesariamente a persoa responsable do centro ou unidade de investigación.

– Que durante os 24 meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes non estivo contratada por:

1) As universidades do SUG.

2) Os organismos públicos de investigación de Galicia.

3) As fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur).

4) Os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia.

5) Unha institución ou organismo do I+D+i galego.

c) Declaración da entidade solicitante na cal se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutor.

No caso de aquelas persoas investigadoras que estean en posesión de máis dun título de doutor os requisitos expresados no artigo 2 desde anexo referiranse ao primeiro dos títulos obtidos.

Quen obtivese a titulación de doutora ou doutor no estranxeiro deberá acreditar no momento de formalizar o contrato, ademais de cumprir o establecido no artigo 2.1 deste anexo, que está en posesión do correspondente certificado de equivalencia ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación.

d) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda nun modelo normalizado, preferentemente no modelo da páxina web da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) https://cvn.fecyt.es/

e) Documentos xustificativos dos méritos alegados, xunto coas copias ou ligazóns ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc. que se citen no CV, que se presentarán nun único documento pdf, precedido dun documento índice de cada un dos méritos alegados e xustificados que permita unha doada identificación de cada un deles. Durante calquera momento do procedemento a Secretaría Xeral de Universidades poderá solicitar ás entidades solicitantes os comprobantes dos méritos alegados.

f) Declaración asinada pola persoa candidata da experiencia posdoutoral e das estadías realizadas para os efectos de cumprimento do requisito establecido no artigo 2.2 deste anexo, xunto cos documentos acreditativos.

g) Memoria da traxectoria investigadora da persoa candidata así como da liña de investigación principal que desenvolveu ata agora, destacando ata un máximo de 5 das súas achegas máis relevantes de entre as recollidas no seu CV, e na que se indiquen os centros e as datas en que se desenvolveu a investigación posdoutoral.

h) Plan de traballo das actividades que se propón realizar durante a vixencia do programa, asinado pola persoa candidata e pola persoa responsable do centro de investigación, agrupación estratéxica, centro de excelencia Severo Ochoa ou unidade de excelencia María de Maeztu.

i) Memoria económica co orzamento para o desenvolvemento da liña de investigación.

j) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata se non foi expedido pola Xunta de Galicia, se é o caso.

k) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2.1 deste anexo sobre a data de obtención do título de doutora ou doutor, se é o caso.

2. Para os efectos do proceso de avaliación só se terá en conta a información contida no CV e na memoria da traxectoria investigadora na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida neses documentos. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes dous procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.

c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante.

d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.

e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda da entidade solicitante.

f) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata expedido pola Xunta de Galicia, de ser o caso.

g) Informe de vida laboral da persoa candidata.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado nos formularios IV e V, ou no recadro correspondente do anexo VI, e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I) (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).

    • Extracto da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I) (DOG nº 36 do 21 de febreiro de 2020).

    • Corrección de erros. Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 42 do 3 de marzo de 2020).

    • Orde do 13 de marzo de 2020 pola que se suspenden prazos da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 55 do 20 de marzo de 2020).

    • Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se acorda a continuación da tramitación do procedemento e do prazo de presentación de solicitudes establecidos na Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (DOG nº 96 do 19 de maio de 2020).

    • Orde do 7 de outubro de 2020 de modificación da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020, como consecuencia da situación creada pola evolución da pandemia do COVID-19 (DOG nº 208 do 15 de outubro de 2020).

    • Resolución do 21 de outubro de 2020 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I) (DOG nº 221 do 2 de novembro de 2020).

    • Resolución do 24 de marzo de 2021 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 21 de outubro de 2020 pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a atracción e retención de talento investigador na categoría de persoal investigador distinguido nas universidades do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (códigos de procedemento ED431H e ED431I) (DOG nº 63 do 6 de abril de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED434A

Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.

ED434B

Equivalencia de estudos estranxeiros coa escolaridade dos cursos 2º ou 3º de educación secundaria obrigatoria para efectos laborais ou profesionais.

IN855A

Programa Ignicia proba de concepto.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 29/04/2025 00:00 - 28/05/2025 23:59