Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED330B
Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2022/23, o procedemento:
- ED330B. Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
Servizo de Apoio Económico e Axudas ao Estudo
Edificio Administrativo de San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546521/ 881997385/ 981547301/ 881996513
Email: sxcentros@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
19/05/2022 00:00 - 22/06/2022 23:59
Esta orde terá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2022.
Poderán presentar solicitudes de participación do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar (modelo ED330B) os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado incluído no artigo 1.2. No caso de alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, presentará a solicitude a persoa titular da dirección do centro de menores ou a persoa coa que conviva en acollemento familiar.
Solicitude segundo o Anexo I.
Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
Excepcionalmente, poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar.
Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai ou a nai ou o/a titor/a ou titores/as carezan de DNI ou NIE.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo I e achegar unha copia dos documentos.
DNI ou NIE da persoa solicitante.
DNI ou NIE da persoa representante.
Marque o recadro correspondente no Anexo I para sinalar as circunstancias que lle sexa de aplicación:
Certificado de discapacidade expedido pola Administración autonómica.
Percepción de pensión por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez ou equivalente de clase pasivas.
Consentimento para a comprobación de datos.
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente:
Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou certificado tributario de imputacións do exercicio 2020.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121 do 25 de xuño de 2007).
-
Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 20 do 29 de xaneiro de 2009).
-
Corrección de de erros.-Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 61 do 30 de marzo de 2009).
-
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).
-
Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).
-
Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 (DOG nº 196 do 14 de outubro de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Aceptación da participación como entidade colaboradora no fondo solidario de libros de textos e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/05/2025 23:59
Rexistro de librarías. Axudas para adquirir libros de texto e material escolar.
Aberto todo o ano