Guía de procedementos e servizos

ED333B

Programa retorna talento FP.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Curso académico 2024/2025 - Prazo pechado: 14/03/2024 00:00 - 12/06/2024 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Convocar o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cento oito (108) bolsas Retorna Talento FP para cursar determinadas ensinanzas de formación profesional que se inicien no curso 2024/25 en centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

1. Poderá concorrer a esta convocatoria a cidadanía galega residente no exterior e que cumpra o disposto no artigo 4.

2. Quedan excluídas desta convocatoria, as persoas que xa fosen beneficiarias da bolsa convocada pola Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o Programa Retorna Talento, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional no curso académico 2023/24 en centros educativos de Galicia (DOG núm. 156, do 18 de agosto de 2023), ou outras bolsas de edicións anteriores.

3. Quedan excluídas desta convocatoria aquelas persoas que xa fosen beneficiarias das bolsas de excelencia para a mocidade exterior (BEME), convocadas pola Secretaría Xeral da Emigración.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo

Servizo de Orientación e Innovación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546546

Email: retorna.talento.fp@edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

14/03/2024 00:00 - 12/06/2024 23:59

De conformidade coa Orde do 8 de maio de 2024 (DOG nº 91 do 10 de maio de 2024), modifícase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 12 de xuño de 2024, incluído, polo que resulta ampliado en 30 días naturais o prazo regulado no artigo 7.5 da Orde do 28 de febreiro de 2024 (DOG nº 52 do 13 de marzo de 2024).

1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no prazo de presentación de solicitudes:

a) Ser menor de 45 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir no estranxeiro.

d) Acreditar un mínimo de dous (2) anos de residencia fóra de España inmediatamente anterior á data da presentación da solicitude.

e) Cumprir polo menos unha das seguintes condicións:

– Ser emigrante nacido/a en Galicia.

– Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.

– Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.

g) No caso das persoas solicitantes da modalidade B:

– Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente de acordo co establecido nos artigos 6 e 7 da Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas. As ditas titulacións pódense consultar na seguinte páxina web:

https://www.xunta.gal/dog/publicados/2016/20160627/anunciog0164-210616-0003_es.html

– A titulación deberá estar homologada e acreditarase mediante a correspondente credencial de homologación. Non obstante, permitirase a inscrición condicionada neste procedemento mediante a presentación da solicitude de homologación xunto coa declaración responsable no modelo do anexo III da Orde do 9 de xullo de 2018 reguladora do procedemento de homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias. En calquera caso, a credencial de homologación deberá estar resolta positivamente, e deberá estar enviada antes do 31 de xaneiro do 2025 ao correo electrónico retorna.talento.fp@edu.xunta.gal

– Dispoñer de conexión á internet e ordenador ou dispositivo móbil compatible coa plataforma de teleformación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (https://www.edu.xunta.gal/fpadistancia/).

Forma de presentación de solicitudes

1. As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuran na aplicación informática Ciclosadmisión (https://www.edu.xunta.gal/ciclosadmision/) e incorporar os documentos requiridos no artigo 8 desta orde á dita aplicación. Rematado este proceso, deberán confirmar a solicitude que, unha vez enviada, non poderá ser modificada. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado, que figura como anexo I desta orde a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Entendendo que as persoas ás cales vai dirixida esta convocatoria teñen acceso e capacidade para realizar este trámite, e as especiais circunstancias que poderían presentarse nos países en que residen, establécese a obrigatoriedade de relacionarse exclusivamente por medios electrónicos para a tramitación deste procedemento, de conformidade co establecido no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

2. As persoas solicitantes residentes en Cuba que así o desexen poderanse dirixir á Federación de Sociedades Galegas na Habana, na cal existen persoas habilitadas para a presentación electrónica das súas solicitudes.

A utilización desta vía requirirá unha autorización que a persoa solicitante lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica, incluída no anexo I.

3. A presentación da solicitude implicará a aceptación do disposto nesta orde e responsabilizarase, de acordo co establecido no artigo 28.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, da veracidade dos documentos presentados; será unha infracción grave falsear calquera das condicións requiridas para a obtención da subvención solicitada, de acordo co artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Para calquera información adicional, as persoas interesadas poderanse dirixir ao correo electrónico: retorna.talento.fp@edu.xunta.gal

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade ou nacionalidade española, para as persoas solicitantes que non teñan DNI español.

b) Documentación acreditativa da residencia actual no estranxeiro.

c) Documentación xustificativa do tempo de residencia no estranxeiro durante un mínimo de dous (2) anos inmediatamente anteriores á data de fin de presentación da solicitude.

d) Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia:

– Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.

– Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/s concello/s galego/s onde residiron.

– Descendentes por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa emigrante nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.

e) Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro, documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), ou calquera outra documentación acreditativa deste aspecto.

f) Para as persoas solicitantes da modalidade A:

– Documentación acreditativa da experiencia laboral relacionada coa praza que solicita.

– Documentación acreditativa da formación relacionada coa praza que solicita.

g) Para as persoas solicitantes da modalidade B:

– Documentación acreditativa da formación necesaria para acceder ao ciclo ofertado segundo o establecido no artigo 4.g).

– Currículo actualizado.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar, de maneira motivada, o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración del.

5. Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, de acordo co ordenamento xurídico do país de que se trate. Cando os documentos achegados ao expediente polas persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do español, deberase presentar tradución xurada deles en calquera destes idiomas.

6. A persoa beneficiaria presentará, na súa solicitude, unha declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para a mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes. A citada declaración atópase na epígrafe correspondente ás declaracións da persoa solicitante ou representante do anexo I.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante, de dispoñer del.

– DNI/NIE da persoa representante, só no caso de actuar por medio de representante.

– Expediente académico.

– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

– Certificado de que a persoa solicitante está ao día no pagamento das obrigas tributarias coa Consellería de Facenda e Administración Pública.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación do documento correspondente.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes realizarase de maneira electrónica a través da aplicación accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (DOG nº 52 do 13 de marzo de 2024).

    • Extracto da Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (DOG nº 52 do 13 de marzo de 2024).

    • Orde do 8 de maio de 2024 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (DOG nº 91 do 10 de maio de 2024).

    • Extracto da Orde do 8 de maio de 2024 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado na Orde do 28 de febreiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia (DOG nº 91 do 10 de maio de 2024).

    • Orde do 28 de agosto de 2024 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade A do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024 (DOG nº 180 do 18 de setembro de 2024).

    • Orde do 26 de febreiro de 2025 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024 (DOG nº 49 do 12 de marzo de 2025).

    • Corrección de erros. Orde do 26 de febreiro de 2025 pola que se resolven as axudas correspondentes á modalidade B do programa Retorna Talento FP, establecidas na Orde do 28 de febreiro de 2024 (DOG nº 52 do 17 de marzo de 2025).

Outros procedementos relacionados

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano