Guía de procedementos e servizos

ED314E

Subvencións a escolas de música públicas

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2023 - Prazo pechado: 08/06/2023 00:00 - 07/07/2023 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axudas destinadas a subvencionar o funcionamento de escolas de música das cales sexan titulares os concellos.

Escolas de músicas das cales sexan titulares os concellos.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981546556/ 981546555

Email: sereap@edu.xunta.gal

https://www.edu.xunta.gal

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

08/06/2023 00:00 - 07/07/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

1. Que os concellos sexan os titulares das escolas de música beneficiarias desta axudas.

2. Estes centros deberán estar radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas destinaranse ao desenvolvemento das súas actividades docentes desde o 1 de xaneiro ata o 30 de setembro de 2023.

Solicitude segundo o Anexo A.

Certificación do número de alumnado matriculado no curso 2022/23 na escola de música, asinada pola persoa titular do concello.

Acreditación da representación por calquera medio válido en dereito.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.

DNI/NIE da persoa representante.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificado de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.

Documento acreditativo do número de alumnado matriculado na escola de música no curso 2022/23 introducido na aplicación informática (https://www.edu.xunta.gal/drdrespe/).

Consentimento para a comprobación de datos.

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 11 de marzo de 1993 pola que se regulan as condicións de creación e funcionamento das escolas de música e danza da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 75 do 22 de abril de 1993).

    • Orde do 25 de maio de 2023 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2023).

    • Extracto da Orde do 25 de maio de 2023 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 107 do 7 de xuño de 2023).

    • Orde do 27 de novembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 25 de maio de 2023, pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (DOG nº 230 do 4 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

ED301G

Modificación da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED301H

Extinción da autorización de centros de ensinanzas de técnicos deportivos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED314D

Subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/06/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano