Guía de procedementos e servizos

ED114A

Probas para a obtención do certificado de lingua galega: niveis Celga 1, 2, 3 e 4.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 05/04/2017 00:00 - 04/05/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Convocar as probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017.

Datas de realización das probas.

Celga 4: 10 de xuño de 2017.

Celga 2: 11 de xuño de 2017.

Celga 3: 17 de xuño de 2017.

Celga 1: 18 de xuño de 2017.

Estas datas poderán mudarse por razóns de forza maior ou para a mellor administración das probas.

Se o número de aspirantes non permitise a realización da totalidade das probas orais no día sinalado nesta resolución, a Comisión Central de Avaliación determinará o día ou días en que terá lugar a devandita avaliación oral, que serán debidamente publicitados na páxina web www.lingua.gal.

Maiores de 16 anos, ou que os fagan antes de finais do ano 2017, nacionais ou estranxeiras.

Xunta de Galicia

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Secretaría Xeral da Lingua

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Rúa de San Roque, 2

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881996313

Fax: 881996306

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Praza Luís Seoane, s/n

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184701

Fax: 981184629

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294297

Fax: 982294238

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Rúa do Concello, 11

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386082

Fax: 988386079

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43, 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805188

Fax: 986805937

Subdirección Xeral de Política Lingüística

Prazo de presentación: PECHADO

05/04/2017 00:00 - 04/05/2017 23:59

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, este entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán formalizar a súa solicitude no modelo normalizado que se publica como anexo I a esta resolución e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

Deberán indicar a proba ou probas ás cales solicitan presentarse e a localidade.

No caso de que unha persoa que se vaia presentar ás probas teña algunha discapacidade, indicará na súa solicitude o tipo e o grao de discapacidade, a acreditación correspondente, así como o apoio que precisará para poder realizar as probas.

As persoas cunha discapacidade física ou psíquica igual ou superior ao 33 % que as imposibilite para acreditar algunha das destrezas comunicativas (comprensión oral, expresión oral, compresión escrita, expresión escrita) poderán solicitar a exención de realizar a proba ou probas referidas a esas destrezas.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.

    • b) Copia do certificado de discapacidade emitido por unha administración distinta da Comunidade Autónoma de Galicia, cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente.

      Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

      Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

      A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

      Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

      Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

      No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

    Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, para o que se utilizará o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga) (DOG nº 146 do 30 de xullo de 2007).

    • Resolución do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2017 (DOG nº 66 do 4 de abril de 2017).

Outros procedementos relacionados

ED116A

Rede de dinamización lingüística.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

ED110A

Convocatoria de bolsas de formación nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

ED110B

Convocatoria de prazas nos lectorados de língua, literatura e cultura galegas.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 26/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59

ED115A

Subvencións ás entidades locais para a promoción do uso da lingua galega.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 03/04/2018 00:00 - 02/05/2018 23:59