Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
DE400A
Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Establecer, mediante o procedemento con código DE400A, as bases reguladoras e proceder á convocatoria de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade. Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, co fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade. Os/as beneficiarios/as das bolsas completan a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.
Os/as beneficiarios/as das bolsas realizarán o seu labor na instalación do CGTD, sita na rúa Fernando Olmedo, 3, da cidade de Pontevedra, dependente da Secretaría Xeral para o Deporte, durante o curso escolar 2021/22.
Beneficios das persoas bolseiras.
As persoas beneficiarias destas bolsas disporán do aloxamento de domingo a venres e manutención completa (de luns a venres), durante o curso escolar 2021/22 no CGTD, servizo de lavandaría, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.
A concesión destas bolsas é compatible coa obtención de axudas ao estudo, agás aquelas que teñan como compoñente o pagamento de gastos de comedor e/ou residencia escolar.
Estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior .
Prazo de presentación: PECHADO
20/07/2021 00:00 - 19/08/2021 23:59
O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Poderán ser beneficiarias das bolsas para persoal de apoio no CGTD todas aquelas persoas que cumpran os requisitos detallados a seguir:
a) Ter entre 18 e 30 anos no momento de presentar a solicitude.
b) Estar empadroadas en Galicia no momento de presentar a solicitude.
c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, nunha escola universitaria ou nun ciclo formativo.
d) Non ser beneficiarias dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.
e) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
f) No caso de estudantes que teñan bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario:
– Que a súa estadía no CGTD sexa valorada como positiva polo equipo directivo do centro.
– Que pasase polo menos un (1) ano desde o remate da súa estadía como deportistas bolseiros/as ata a presentación da solicitude como persoal de apoio.
g) Supletoriamente, no caso de non cubrir as prazas cos requisitos anteriores, poderanse ter en conta solicitudes de persoas que fosen bolseiras no CGTD con anterioridade e que estean cursando estudos non oficiais.
Presentación de solicitudes.
1. As solicitudes, para o caso do estudantado universitario segundo o disposto na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado, que se inclúe no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
2. Para o resto dos estudantes non universitarios, as solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado, que se inclúe no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requerirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes podera empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
4. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases que a regulan.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Matrícula universitaria ou do ciclo formativo correspondente ao curso académico 2021/22.
b) BOE/DOG en que se acredite o recoñecemento de deportista de alto nivel/deportista galego de alto nivel, en caso de posuílo.
c) Certificado da federación nacional correspondente que o acredita como deportista de alto rendemento, en caso de posuílo.
d) BOE/DOG en que se acredite ter formado parte de programas deportivos de tecnificación e rendemento, de ser o caso.
e) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo co artigo 16 desta resolución.
f) Titulación federativa, en caso de posuíla.
2. Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada que o presente ou, na súa falta que acredite por outros medios os requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirira para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no artigo 2. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade representante.
d) Certificado de residencia da persoa solicitante.
e) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
f) Licenciatura/grao/diplomatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou Maxisterio por Educación Física (en caso de posuíla).
g) Titulación de grao medio ou grao superior das ensinanzas deportivas de réxime especial (en caso de posuíla).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os ditos documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permitenlles ás persoas interesadas realizaren trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén se poderán tramitar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 136 do 19 de xullo de 2021).
-
Extracto da Resolución do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 136 do 19 de xullo de 2021).
-
Resolución do 13 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fan públicas as listaxes definitivas das prazas concedidas para persoas colaboradoras ao abeiro da Resolución do 9 de xullo de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 19 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2021/22, e pola que se procede á súa convocatoria (DOG nº 181 do 20 de setembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Subvencións a federacións deportivas de Galicia para o desenvolvemento do plan corresponsables a través da realización de actividades de animación socio deportiva.
Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 11/07/2025 23:59
Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición profesional de Galicia 2019.
Prazo pechado: 30/09/2019 00:00 - 04/10/2019 23:59
Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de 1º e 2º máximo nivel estatal de Galicia.
Prazo pechado: 16/06/2023 00:00 - 22/06/2023 23:59
Axudas a persoas técnicas/adestradoras e xuíces /árbitros de alto nivel 2023.
Prazo pechado: 01/08/2023 00:00 - 14/08/2023 23:59