Guía de procedementos e servizos

PR952B

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 29/08/2017 00:00 - 28/09/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establecer, as bases reguladoras e proceder á convocatoria de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade. Estas bolsas estarán destinadas a estudantes de ensinanzas universitarias ou ciclos formativos de grao superior que colaborarán na residencia do CGTD, a fin de dotar de persoal de apoio no eido educativo e asistencial a residencia para a atención dos deportistas menores de idade. Os beneficiarios das bolsas completan a súa formación como estudantes á vez que se familiarizan con actividades relacionadas coas saídas profesionais dos estudos que están a cursar.

Poderán ser beneficiarios das bolsas para persoal de apoio no CGTD todas aquelas persoas que cumpran os requisitos.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Departamento Territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes de Pontevedra

Servizo de Deporte de Pontevedra

Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Padre Fernando Olmedo, 1

36002  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986854437 / 986857758

Email: cgtd@xunta.es

Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra

Prazo de presentación: PECHADO

29/08/2017 00:00 - 28/09/2017 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

a) Ter entre 19 e 30 anos no momento en que se publica a convocatoria.

b) Estar empadroado en Galicia no momento de presentar a solicitude.

c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade, escola universitaria ou un ciclo formativo.

d) Non ser beneficiario dunha bolsa como deportista no CGTD no momento da solicitude.

e) Estar en disposición de cumprir co establecido na Lei 26/2015 do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e a adolescencia, que modificou a Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.

f) No caso de estudantes que tivesen bolsa como deportistas na residencia do CGTD, será necesario:

– Que a súa estadía no CGTD fose valorada como positiva polo equipo directivo do centro.

– Que pasase polo menos 1 ano desde que remataron a súa estadía como deportistas bolseiros ata a presentación da solicitude como persoal de apoio.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo I de solicitude cuberto.

b) Matrícula universitaria ou do ciclo formativo correspondente ao curso académico 2017/18.

c) BOE/DOG en que se acredite o recoñecemento de deportista de alto nivel/deportista galego de alto nivel, en caso de posuílo.

d) Certificado da federación nacional correspondente que o acredita como deportista de alto rendemento, en caso de posuílo.

e) BOE/DOG en que se acredite ter formado parte de programas deportivos de tecnificación e rendemento, de ser o caso.

f) Proxecto de actividades que pretenda desenvolver na residencia de acordo co artigo 15 da presente resolución.

g) Titulación federativa, en caso de posuíla.

2. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

3. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365 ).

5. As persoas interesadas só poderán optar por unha das vías de presentación.

6. O formulario de solicitude estará tamén dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte deporte.xunta.gal.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

b) Certificado de residencia da persoa solicitante.

c) Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

d) Licenciatura/grao/diplomatura en Ciencias da Actividade Física e o Deporte ou Maxisterio por Educación Física (en caso de posuíla).

e) Titulación de grao medio ou grao superior das ensinanzas deportivas de réxime especial (en caso de posuíla).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución: Tres meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 9 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2017/18, e pola que se procede á súa convocatoria (DOG. nº 162 do 28 de agosto de 2017).

Outros procedementos relacionados

PR954A

Convenios coas federacións deportivas galegas para a realización de programas de promoción e desenvolvemento.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

PR954B

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte e as agrupacións deportivas escolares de Galicia para a práctica e o desenvolvemento da actividade deportiva en idade escolar

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

DE400A

Bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 05/06/2024 00:00 - 04/07/2024 23:59

PR952A

Prazas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2024 00:00 - 05/07/2024 23:59