Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
CT213A
Subvencións a festivais de artes escénicas e de música.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Establecer e aprobar as bases reguladoras das subvencións para o apoio a festivais de artes escénicas e de música de carácter profesional celebrados en Galicia que, polas súas características, teñan un interese estratéxico para o sector e aprobar a súa convocatoria para o ano 2023.
Nesta convocatoria establécense dúas modalidades:
- Modalidade A: Festivais de música.
- Modalidade B: Festivais de artes escénicas.
– Modalidade A: festivais de música.
1. Poderán acceder as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo festivais obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as asociacións, fundacións ou outras formas xurídicas sen ánimo de lucro, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas que carezan de personalidade xurídica propia, tales como comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado.
– Modalidade B: festivais de artes escénicas.
1. Poderán acceder as persoas físicas (autónomas) ou xurídicas privadas e as súas agrupacións domiciliadas en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, que desenvolvan a súa actividade en Galicia, que leven a cabo festivais obxecto da convocatoria e cumpran as condicións e criterios establecidos nestas bases.
2. Poderán acceder a esta convocatoria as entidades locais galegas.
3. As entidades locais galegas poderán presentar a súa solicitude individual ou conxuntamente, como agrupación, asociación, mancomunidade, fusión ou outra fórmula similar. Nos supostos de mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas, deberase acreditar que o servizo se presta de xeito mancomunado, metropolitano ou consorciado e que, en todo caso, non supón unha actuación illada ou independente.
4. Será requisito para a concesión de subvencións ás entidades locais que estas cumpriran o deber de remisión ao Consello de Contas das contas xerais de cada exercicio, o que deberán acreditar antes da concesión, segundo o previsto no artigo 4 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades galegas.
En ambas modalidades, non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estar incursas en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo II desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura - Monte Gaiás s/n
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Fax: 881996080
Email: agadic@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
18/03/2023 00:00 - 17/04/2023 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
1. Establécense dúas modalidades:
– Modalidade A: festivais de música.
– Modalidade B: festivais de artes escénicas.
2. Para poder optar a estas axudas, tanto na modalidade A como na modalidade B, o festival obxecto da solicitude deberá cumprir cos seguintes requisitos comúns:
– Debe celebrarse nas datas comprendidas entre o 1 de novembro do ano 2022 ata o 31 de outubro do ano 2023. Enténdense incluídos aqueles festivais iniciados ata o 31 de outubro de 2023 que desenvolvan a maior parte da actividade neste período.
– Ter realizado un mínimo de 2 edicións, excluída a edición obxecto desta convocatoria.
3. Ademais, deberán cumprir os seguintes requisitos específicos para cada modalidade:
– Modalidade A: festivais de música
• Ten que desenvolverse dentro dun único período de quince días; e dous dos días, como mínimo, deben ser consecutivos.
• Debe ter un orzamento mínimo de contratación artística do 30 % do orzamento subvencionable.
• Un mínimo do 80 % dos concertos programados teñen que ser con entradas de pagamento.
• A programación deberá estar conformada por un mínimo de catro grupos por día.
– Modalidade B: festivais de artes escénicas.
• Debe ter un orzamento mínimo de contratación artística do 40 % do orzamento subvencionable.
• A programación de compañías maioritariamente compostas por artistas que desenvolvan principalmente a súa actividade profesional en Galicia debe representar, como mínimo, o 30 % do orzamento de contratación profesional artística do festival, agás no caso daqueles festivais que polas súas características intrínsecas non poidan acadar esta porcentaxe e así se xustifique debidamente na memoria do proxecto.
• Un mínimo do 60 % das representacións escénicas teñen que ser con entradas de pagamento, excepto os festivais de rúa.
• A programación debe estar conformada por un mínimo de seis compañías.
4. Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por unha mesma persoa solicitante nas distintas modalidades, só poderá ser obxecto de subvención un proxecto por persoa solicitante. Para estes efectos, deberase establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que as comisións de valoración terán en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables. Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas persoas solicitantes.
Solicitudes.
1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberase presentar unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican na base terceira, e deberase cumprir cos requisitos establecidos nestas bases reguladoras.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación administrativa:
1.1. Persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas:
– Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.
– Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda.
– Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
1.2. Entidades públicas que integran a Administración local e organismos delas dependentes:
– Certificación emitida e asinada electronicamente pola persoa responsable da Secretaría da entidade, ou cargo asimilable, en que se faga constar o acordo adoptado polo órgano competente para solicitar a subvención.
– Normas de creación e estatutos de constitución, no suposto de entidades do sector público.
– Acreditación do cumprimento de remisión ao Consello de Contas das contas xerais do exercicio 2021, no suposto de entidades locais.
– No suposto de entidades do sector público, a rendición de contas anuais ante o seu órgano de goberno.
2. Xunto coa anterior documentación deberán presentar a seguinte documentación específica:
A. Modalidade A: festivais de música.
A.1. Anexo III.
A.2. Anexo IV: programación do festival para o que se solicita subvención.
A.3. Memoria da traxectoria e evolución do festival, cun máximo de 10 páxinas, que recolla aqueles aspectos que a Comisión terá en conta para a valoración do punto B.1 dos criterios artísticos para a modalidade A (festivais de música), así como aqueloutros que a persoa solicitante considere para a mellor defensa da epígrafe.
A.4. Memoria do festival correspondente á última edición realizada con indicación e explicación das seguintes epígrafes:
A.4.1. Interese da programación realizada.
A.4.2. Interese estratéxico para o sector: liñas e accións dirixidas ao fomento e promoción do sector musical galego.
A.4.3. Actividades complementarias: liñas e iniciativas levadas a cabo dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (representacións de artes escénicas, accións no ámbito audiovisual e artes plásticas, obradoiros, concursos, encontros…). Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.
A.5. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención, que inclúa as seguintes epígrafes:
A.5.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto.
A.5.2. Potencialidade do plan de comunicación, con indicación das estratexias de difusión e promoción do proxecto, as accións que se pretenden realizar e o gasto estimado para esta partida.
A.6. Anexo VI: memoria económico-financeira, que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base quinta e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE.
A.7. Indicación da porcentaxe de artistas mulleres que participaron no festival na edición anterior a esta convocatoria, especificando: relación de grupos contratados / nº total de artistas / nº total de artistas mulleres.
A.8. Documentación acreditativa de ser festival adherido ao programa Carné Xove da Xunta de Galicia.
B. Modalidade B: festivais de artes escénicas.
B.1. Anexo III.
B.2. Memoria do festival en edicións anteriores, cun máximo de 10 páxinas, que inclúa separadamente o tratamento das seguintes epígrafes:
B.2.1. Antigüidade do festival.
B.2.2. Recoñecementos acadados.
B.2.3. Interese artístico das programacións.
B.2.4. Interese estratéxico para o sector: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector escénico galego.
B.2.5. Repercusión, incidencia e impacto no territorio.
B.3. Memoria do proxecto para o cal se solicita subvención, que inclúa as seguintes epígrafes:
B.3.1. Interese cultural e artístico, relevancia e singularidade do proxecto.
B.3.2. Duración do festival (anexo V).
B.3.3. Producións, coproducións ou residencias do festival (anexo V).
B.3.4. Estreas absolutas no festival (anexo V).
B.3.5. Repercusión na creación e fomento de públicos.
B.3.6. Actividades complementarias: liñas e iniciativas dirixidas ao fomento e promoción do sector cultural galego (concertos, obradoiros, concursos, certames, encontros…) realizadas polo festival. Para a súa valoración, as actividades deben estar descritas e non só identificadas.
B.3.7. Plan de comunicación: estratexias de difusión e promoción do proxecto.
B.4. Viabilidade técnica e económica do proxecto: memoria económico-financeira que inclúa o orzamento completo e detallado do investimento subvencionable, no cal figuren todos os gastos subvencionables sinalados na base quinta, e a previsión de ingresos. A memoria incluirá o orzamento desagregado, con e sen IVE (anexo VI).
B.5. Compromiso de produción, coprodución ou residencia en que consten as condicións económicas e/ou técnicas.
B.6. Documentación acreditativa de ser festival adherido ao programa Carné Xove da Xunta de Galicia.
B.7. Para as solicitudes conxuntas presentadas por entidades locais, memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderase solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pódese consultar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitarlles ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Programación do festival para o que se solicita a subvención (Anexo IV)
- Programación do festival para o cal se solicita subvención - Festivais de artes escénicas (Anexo V)
- Solicitude (Anexo II)
- Memoria económico-financiera (Anexo VI)
- Requisitos para optar as subvencions (Anexo III)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Memoria económico-financiera. Xustificación (Anexo VI)
- Declaración de axudas (Anexo VII)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e de artes escénicas, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 54 do 17 de marzo de 2023).
-
Extracto da Resolución do 2 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a festivais de música e de artes escénicas, e se convocan para o ano 2023 (DOG nº 54 do 17 de marzo de 2023).
-
Resolución do 29 de xaneiro de 2024 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2023 (DOG nº 27 do 7 de febreiro de 2024)
-
Outros procedementos relacionados
Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de actividades ao aire libre .
Aberto todo o ano
Depósito en réxime de comodato de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Doazón de fondos documentais en arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización de reprodución de fondos de arquivos para publicación e/ou difusión.
Aberto todo o ano