Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
CT207H - Desenvolvemento de paquetes audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do Programa Hub da industria creativa galega.
1. Estas bases teñan por obxecto determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao amparo do Programa Hub da Industria Creativa Galega, para o ano 2022 (Código de procedemento CT207H).
2. A efectos das presentes bases, enténdese por paquete de propostas audiovisuais o conxunto de proxectos audiovisuais sobre os que se realizarán as accións e tarefas de desenvolvemento previas á fase de produción dos mesmos, dentro do período subvencionable. O paquete de propostas audiovisuais deberá conter entre tres e cinco proxectos.
3. Estas subvencións serán tramitadas, e concedidas, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos seguintes principios:
a) publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
b) eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola administración outorgante.
c) eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.
4. De conformidade co artigo 54 do Regulamento UE nº 651/2014, da Comisión Europea, do 17 de xuño de 2014, os réximes de axuda concibidos para apoiar a elaboración de guións, o desenvolvemento, a produción, a distribución e a promoción de obras audiovisuais serán compatibles co mercado interior segundo ao artigo 107, apartado 3, do Tratado, e quedarán exentos da obriga de notificación prevista no artigo 108, apartado 3, do Tratado, sempre que se cumpran as condicións previstas no propio regulamento, e unha das condicións esixidas é que as axudas se destinarán a un produto cultural, condición imprescindible na presente convocatoria. do Regulamento 651/2014. Estas bases establecen a fórmula de declaración responsable para acreditar o cumprimento dos requisitos para a obtención do certificado cultural que expide o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) de España, así como os criterios que permitirán seleccionar as solicitudes propostas para subvención.
Actividades subvencionables .
1. Serán obxecto de subvención aqueles paquetes de propostas nos que se inclúan entre tres e cinco proxectos audiovisuais individuais e independentes entre si sobre os que realizar tarefas de preprodución, entendendo como tales a elaboración de guións e o desenvolvemento das obras audiovisuais que teñan como destino último a distribución cinematográfica ou a difusión en televisión e/ou plataformas de servizos de vídeo baixo demanda de ámbito nacional e internacional. Ditos proxectos deberanse poder encadrarse nalgunha das tipoloxías seguintes:
- Proxectos de longametraxe cinematográfica previstos para ter unha duración mínima de 60 minutos, de ficción, animación ou documental de carácter creativo.
- Proxectos de series de ficción previstos para ter unha duración total mínima de 150 minutos.
- Proxectos de series de animación previstos para ter unha duración total mínima de 100 minutos.
- Proxectos de series documentais previstos para ter unha duración total mínima de 100 minutos.
2. Serán subvencionables os traballos de desenvolvemento relacionados cos proxectos que integran o paquete de propostas desde a súa creación ata a fase de produción dos mesmos, e se leven a cabo dentro do período subvencionable establecido pola presente convocatoria.
Concepto de gastos subvencionables .
1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do paquete de propostas obxecto de subvención concedida en base á descrición realizada na memoria técnica e na solicitude. Todo gasto non xustificado polo solicitante será eliminado do orzamento elixible do proxecto. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
2. A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos Programas Operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para el período 2014-2020 e a HAC/114/2021, do 5 de febreiro que a modifica.
3. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable incluído nesta convocatoria.
Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.
4. Co fin de cumprir co efecto incentivador do Regulamento (UE) 651/2014, os gastos subvencionables non poderán ter comezado antes da presentación da solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo a esta presentación; de seres así, o proxecto na súa totalidade non sería subvencionable.
5. Para os efectos da presente convocatoria, considéranse gastos subvencionables os directamente relacionados cos traballos de desenvolvemento dos diferentes proxectos que integran o paquete de propostas, e que se poidan encadrar nos seguintes epígrafes:
5.1. Dereitos.- Son os gastos relativos á adquisición de dereitos de autor ou de propiedade intelectual, incluíndo dereitos de preferencia ou opción de compra, tanto de adaptación de obra preexistente como de obra orixinal; escritura ou reescritura do argumento ou tratamento ata a versión definitiva; deseño de personaxes e fondos (animación); dereitos de tradución sempre que non sexa do galego ao castelán e viceversa; dereitos de imaxes, musicais, documentos sonoros e outros relacionados co desenvolvemento do proxecto que se poidan xustificar.
5.2.Gastos de persoal.- Consideraranse subvencionables os gastos de persoal que teñan subscrito un contrato específico, conforme a unha categoría laboral asignada para a realización da actividade subvencionada. Neste apartado inclúense as tarefas de produción executiva de cada proposta individual así como a coordinación do paquete de propostas, de ser o caso; guionistas, directores/as das obras, dirección de produción, e outros que se deberán detallar e xustificar. Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa produtora executiva, deberá acompañarse o contrato correspondente e a súa factura, se a relación é laboral, deberá achegarse, xunto ao contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da seguridade social.
Só se recoñecerá como custe a produción executiva realizada por persoas físicas ou por persoas xurídicas cuxo obxecto social inclúa especificamente, sen prexuízo de outros, o de produción executiva. Cando exista unha relación mercantil entre a empresa produtora e a persoa produtora executiva, deberá acompañarse o contrato correspondente e a súa factura, se a relación é laboral, deberá achegarse, xunto ao contrato, a nómina correspondente, con expresa indicación do réxime xeral da seguridade social.
5.3. Gastos de asesoría ou consultoría.- Enténdese por gastos de asesoría ou consultoría todos os gastos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto, tales como asesoramento de escritura de guión, asesoramento para estratexias de promoción e comercialización de contidos audiovisuais, asesoramento legal e contable relacionado especificamente cos dereitos do proxecto e a súa estrutura de financiamento, consultores auditores, asesoramento en traballos de investigación; outras asesorías propias das tarefas de desenvolvemento directamente vinculadas ao proxecto que se poidan xustificar.
5.4. Gastos de elaboración de materiais.- Estes gastos refírense á realización do teaser dos proxectos, sempre que non se supere o 20% do orzamento subvencionable para cada proxecto; elaboración do storyboard; páxina Web do proxecto, elaboración de dossieres e outros materiais directamente relacionados co proxecto que se deberán especificar e xustificar.
5.5. Loxística e participación en mercados e/ou foros de negocio.- Baixo este epígrafe recóllense os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención derivados de traballos de localización de escenarios e asistencia a reunións e foros de negocio propios das tarefas de desenvolvemento que se realicen durante o período subvencionable e se xustifiquen adecuadamente. O custe de aloxamento e manutención non poderá superar o importe de 150 euros/día e os gastos desprazamento, cando sexa en vehículo particular calcularanse a razón de 0,22 €/km. Así mesmo, serán gastos xustificables os de inscrición ou rexistro en mercados e foros de negocio cando asistan os responsables da produción executiva e/ou de dirección da obra audiovisual, limitados a dúas persoas por proxecto individual.
Quedan exentos aqueles gastos derivados da asistencia ao foros e mercados incluídos nas subvencións específicas que convoca a Agadic para este fin.
5.6. Gastos xerais.- Serán subvencionables os gastos xerais entendendo como tales aqueles que non se poden vincular directamente cunha operación determinada pero que son indubidablemente necesarios para a realización da actividade subvencionada e se poden argumentar e xustificar. Estes custes indirectos poderán ser subvencionados en base aos custes reais nos que se incorran, acreditados coas facturas correspondentes e xustificante do seu pagamento.
En todo caso de conformidade co disposto no artigo 29.9 da Lei 9/2007, de 13 de xuño de Subvencións de Galicia, os costes indirectos deberán imputarse na parte que corresponda de conformidade cos principios e normas de contabilidade xeralmente aceptadas e que se correspondan co período de tempo en que efectivamente realizan as actividades, debendo achegar xustificación sobre o método de imputación de tales costes indirectos.
En ningún caso a porcentaxe subvencionada por este concepto superará o 20% do importe xeral de gastos subvencionables.
Terán a consideración de gastos xerais:
a) Gastos de persoal. Os gastos de persoal considerados dentro dos gastos xerais serán aqueles referidos aos gastos do cadro de persoal que non teñen un contrato laboral específico para o proxecto obxecto da subvención. O seu custe calcularase mediante un rateo en función da súa participación no mesmo.
b) Alugueiro de espazos de traballo, consumos de enerxía e auga, limpeza, comunicacións cun límite de dúas liñas por proxecto individual, apoio informático e compra de material de oficina, durante o período subvencionable.
6. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de Subvencións de Galicia, non serán gastos subvencionables os impostos indirectos, en concreto o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os intereses debedores de contas bancarias, os intereses, recargos e sancións administrativas e penitenciarias, nin os gastos de procedementos xudiciais.
Poderán optar a estas subvencións todas as persoas físicas (traballadoras autónomas) ou xurídicas, constituídas como produtoras audiovisuais independentes dadas de alta cunha antigüidade mínima, e sen interrupcións, dun ano no epígrafe IAE 961.1 e con sucursal ou oficina permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun Estado membro da UE ou que forme parte do acordo que establece a Área Económica Europea e que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia.
Por produtora audiovisual independente enténdese, para os efectos desta convocatoria, toda persoa física (autónoma) ou xurídica privada, que teña a iniciativa e asuma a responsabilidade na produción audiovisual e non sexa obxecto de influencia dominante por parte dun prestador de servizo de comunicación/difusión audiovisual nin dun titular de canal televisivo privado nin, pola súa parte, exerza unha influencia dominante, tal e como establece a Lei 55/2007, do 28 de decembro, do Cinema, artigo 4.n).
Quedan excluídas desta convocatoria as agrupacións de interese económico.
1. A entidade solicitante deberá posuír os dereitos suficientes de propiedade intelectual do concepto, tema, tratamento, guión ou biblia dos contidos que se presentan ou os dereitos de adaptación cando se trate de obras preexistentes. No caso de existir acordos de codesenvolvemento entre empresas produtoras aceptarase unha repartición equitativa de dereitos entre as mesmas. A posesión dos dereitos deberá ter unha duración mínima suficiente para cubrir todo o cronograma de desenvolvemento dos proxectos.
2. Os beneficiarios deberán ter un acordo ou precontrato cun director e/ou guionista para o desenvolvemento de cada un dos proxectos que integran o paquete de propostas.
3. Adicionalmente e segundo o número de proxectos que integra o paquete de propostas obxecto de subvención, deberanse dar as seguintes condicións:
a) Para paquetes de 4 ou 5 proxectos, a entidade beneficiaria deberá ter producido desde o ano 2015 a lo menos unha obra previa que cumpra algún dos seguintes requisitos:
- longametraxe cinematográfica estreada en salas comerciais nacionais cun mínimo de 20.000 espectadores e con distribución internacional nun mínimo de dous países, non sendo consideradas as presentacións en festivais de cine.
- longametraxe cinematográfica cuxa estrea principal se realizara nalgún dos festivais internacionais de cine que se relacionan no Anexo VI.
- series de ficción para TV ou plataforma dun mínimo de 150 minutos que tiveran sido emitidas nun mínimo de dous países, ademais de en España.
- series de animación e series documentais para TV ou plataforma dun mínimo de 100 minutos con emisión nun mínimo de dous países, ademais de en España.
- obras en réxime de coprodución internacional
b) Para paquetes de 3 proxectos deberase cumprir co seguinte:
- acreditar no historial a produción dunha obra audiovisual en formato longametraxe cinematográfica, ou serie de ficción dun mínimo de 150 minutos, ou serie de animación dun mínimo de 100 minutos.
- designar unha persoa responsable da coordinación das tarefas de desenvolvemento do conxunto de proxectos con experiencia acreditada na produción executiva de polo menos unha obra que cumpra algún dos requisitos establecidos no apartado a) anterior.
4. Así mesmo, as entidades beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (PEME) segundo a definición contida no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014 sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-187/1), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.
Así microempresa é a que ocupa menos de 10 persoas, cun volume de facturación e balance xeral anual menor ou igual a dous millóns de euros; pequena empresa é aquela empresa que ocupa a menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou cuxo balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros; mediana empresa é unha empresa que ocupa menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede dos 50 millóns de euros ou cuxo balance anual non excede dos 43 millóns de euros.
O organo xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de PEME.
5. A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.
De acordo co Artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, nesta convocatoria poderán ser beneficiarias as empresas que non se atopaban en crise no momento do estudio das solicitudes presentadas tralo remate do prazo da súa presentación, circunstancia que será comprobada por Agadic.
6. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.
7. Un mesmo beneficiario só poderá obter subvención por un único paquete de propostas ao abeiro desta convocatoria.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Cidade da Cultura. Monte Gaiás
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881996077/ 881996078
Email: agadic@xunta.gal
Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)
Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 16 do 25 de xaneiro de 2022).
Extracto da Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 16 do 25 de xaneiro de 2022).
Resolución do 28 de outubro de 2022 pola que se fai público o incremento de crédito previsto na Resolución do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o desenvolvemento de paquetes de propostas audiovisuais que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).
Resolución do 7 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas durante o ano 2022 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).
Prazo de presentación: PECHADO
26/01/2022 00:00 - 25/03/2022 23:59
O prazo para a presentación das solicitudes será de dous meses desde o día seguinte á publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
Presentación das solicitudes .
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, requiriráselle, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
3. Na solicitude (anexo II) a persoa solicitante ou representante terá que facer as seguintes declaracións responsables:
3.1. Declaración de que a obra audiovisual terá carácter cultural e poderá obter o certificado cultural por parte do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) ao concorrer como mínimo dous dos requisitos que se relacionan:
a) Que teña como versión orixinal calquera das linguas oficiais en España. No caso das coproducións con empresas estranxeiras, a longametraxe poderá ter como versión orixinal algunha das linguas oficiais da Unión Europea.
b) Que o contido estea ambientado principalmente en España.
c) Que o contido teña relación directa coa literatura, a música, a danza, a arquitectura, a pintura, a escultura, e en xeral coas expresións da creación artística.
d) Que o guión sexa adaptación dunha obra literaria preexistente.
e) Que o contido teña carácter biográfico, ou en xeral reflicta feitos ou personaxes de carácter histórico, sen prexuízo das adaptacións libres propias dun guión cinematográfico.
f) Que o contido inclúa principalmente relatos, feitos ou personaxes mitolóxicos ou lendarios que poidan considerarse integrados en calquera patrimonio ou tradición cultural do mundo.
g) Que emita un mellor coñecemento da diversidade cultural, social, relixiosa, étnica, filosófica ou antropolóxica.
h) Que o contido estea relacionado con asuntos ou temáticas que forman parte da realidade social, cultural ou política española, ou con incidencia sobre eles.
i) Que no relato cinematográfico, un dos protagonistas ou varios dos personaxes secundarios estean directamente vinculados con esa mesma realidade social, cultural ou política española.
j) Que se dirixa especificamente a un público infantil ou xuvenil e conteña valores acordes cos principios e fins da educación recollidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, ou a norma que no seu caso a substitúa, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
3.2. Declaración de que a entidade solicitante cumpre cos requisitos de produtor independente tal e como establece o artigo 4.n) da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema.
3.3. Que a entidade solicitante é titular dos dereitos de propiedade da obra, de acordo co establecido no artigo 24.2 da Lei 55/2007, do 28 de decembro, do cinema, de ser o caso.
3.4. De ser o caso, declaración responsable de que máis do cincuenta por cento dos/as profesionais proposto/as para os roles de dirección, guión e produción executiva teñen residencia ou desenvolven a súa actividade habitual en Galicia.
3.5.De ser o caso, declaración responsable de que máis do cincuenta por cento das profesionais propostas para os roles de dirección, guión e produción executiva con mulleres.
3.6. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos, e acepta as condicións e obrigas recollidas para cada liña de axudas nesta convocatoria.
3.7. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3.8. Declaración responsable de que non está incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
3.9. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme ao artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
3.10. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) núm. 651/2014 sobre empresas vinculadas.
3.11. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.
3.12. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos FEDER.
3.13. Declaración responsable de que conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d e 140.1 do Regulamento 1303/2013).
3.14. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.
3.15. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.
3.16. Declaración responsable de non consideración de empresa en crise no momento do estudio da solicitude presentada nin estar suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior. Non obstante, a Axencia Galega das Industrias Culturais utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fora necesario, os documentos oportunos.
3.17. Declaración responsable de que a actividade subvencionada non se iniciou antes da presentación da solicitude de axuda.
3.18. Declaración responsable de ser peme. O organismo xestor realizará as comprobacións necesarias para garantir que as empresas teñan dita condición.
Documentación complementaria .
1. Deberá achegarse xunto coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:
- Documentación administrativa:
1.1. Certificado do acordo social da solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a firme e nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro mercantil ou o que corresponda, se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.3. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
1.4. Copia da documentación acreditativa de que cada proxecto é obra orixinal e de posuír os dereitos suficientes do guión, obra literaria ou calquera outro medio que requira a obtención de dereitos ou opción de compra sobre eles.
- Documentación técnica:
2.1. Dossier relativo ao paquete de propostas, que deberá conter:
2.1.1. Descrición das intencións da empresa produtora en canto á escolla dos proxectos, liña de traballo xeral, definición da estratexia e previsións de negocio e outros aspectos que se terán en conta segundo o apartado A1 dos criterios de valoración que se recollen no artigo 17, punto 1 das presentes bases.
2.1.2 Historial creativo e profesional da empresa produtora no que se detallen en primeiro termo as obras realizadas que tiveran acadado algunha das condicións especificadas no artigo 17, punto 2, apartado A3, facendo constar o título, o ano de produción e as condicións acadadas por orde cronolóxico.
2.1.3. Documentación emitida polas compañías e institucións correspondentes que acredite suficientemente a distribución e/ou emisión nacional e internacional e o número de espectadores cinematográficos acadado polas obras producidas pola empresa solicitante desde o ano 2014, de ser o caso.
2.1.4. Convites emitidos por festivais de cine que acrediten a estrea internacional de obras realizadas desde 2014 nestes eventos, de ser o caso.
2.1.5. Recoñecementos oficiais de coprodución e de nacionalidade de obras realizadas con anterioridade, ou certificación das canles de televisión ou plataformas VOD participantes, que acrediten o seu carácter de coprodución internacional, de ser o caso.
2.1.6. Historial profesional dos/as directores/as e guionistas propostos/as nos que se detallen os traballos audiovisuais previos, priorizando aqueles que se correspondan con obras audiovisuais de características similares aos proxectos que se subvencionan e cumpran algunha das condicións detalladas no artigo 17, punto 1, apartado A3 destas bases.
2.1.7. Documentación acreditativa de que as persoas propostas para as funcións de director/a, guionista e produtor/a exectutivo/a dos proxectos individuais desenvolven a súa actividade habitual en Galicia, identificando cada título cos/as profesionais correspondentes. A efectos das presentes bases a acreditación de desenvolver a actividade habitual de Galicia corresponderase coa acreditación da participación do profesional nun mínimo de dúas obras audiovisuais de produción galega, de ser o caso.
2.1.8. Acordo asinado coa persoa responsable da coordinación do paquete de propostas e documentación acreditativa da experiencia previa requirida no Artigo 2, punto 4 da presente convocatoria, de ser o caso.
2.1.9. Orzamento de gastos do paquete de propostas, segundo o modelo do Anexo IV.
3.1. Un dossier de cada proxecto individual, que deberá conter:
3.1.1. Datos identificativos do proxecto.
3.1.2 Sinopse argumental cunha extensión máxima dunha páxina.
3.1.3. Tratamento do proxecto de non menos de 10 páxinas cando se trate dunha longametraxe cinematográfica de ficción ou animación. Cando se trate de series de ficción, animación ou documentais haberá que achegar, xunto co tratamento do proxecto do capítulo piloto, un mapa de tramas.
3.1.4 Descrición das intencións artísticas e creativas por parte dos/as autores/as, así como das referencias, aspectos singulares, e outros aspectos que se consideren relevantes.
3.1.5. Descrición dos valores de produción do proxecto, orzamento, viabilidade de financiamento e realización, e outros aspectos que consideren relevantes.
3.1.6. Descrición de audiencias, mercados obxectivo e intencións en canto a lanzamento e distribución da obra audiovisual.
3.1.7. Estratexia de desenvolvemento, cronograma de realización dos traballos, relación e currículo dos/as profesionais propostos/as para levar a cabo os traballos de desenvolvemento do proxecto individual.
3.1.8. Orzamento de gastos de desenvolvemento de cada proxecto individual, segundo o modelo do Anexo III no que se especificará o título de cada proxecto.
4.1 Anexo VI debidamente cuberto coa relación de festivais de cinema nos que a persoa solicitante asistiu para os efectos de acreditar o seu historial.
5.1. Calquera outra documentación que a persoa solicitante xulgue conveniente para a mellor defensa do proxecto.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa foran achegados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados ao efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
5. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos .
1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.
- DNI ou NIE da persoa solicitante.
- NIF da persoa xurídica solicitante.
- DNI ou NIE da persoa representante.
- Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.
- Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa Axencia Estatal de Administración Tributaria.
- Certificado de estar ao corrente de pago coa Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día do pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
- Consulta de concesión de subvencións e axudas.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"